Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. catro circuítos-Cr. Galeras.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea en cuádruple circuíto a 20 kV, de 1.210 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 12/20 kV, que parte do centro de reflexión de Galeras e final na L.M.T. aérea San Caetano-Santiago II, nas inmediacións do Colexio de Xordos. Concello de Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 15 de decembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña