Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2001 Páx. 1.143

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de xaneiro de 2001 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-las probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.

Convocadas as probas selectivas para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, por Orde do 17 de xullo de 2000, publicada no DOG nº 147, do 31 de xullo, de conformidade co establecido na base IV.1 da dita convocatoria, esta Consellería da Presidencia e Administración Pública

DISPÓN:

Que o número e composición do tribunal que deberá selecciona-los aspirantes para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, será o seguinte:

Presidente: Gonzalo Vázquez Rivas. Delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo.

Vocais: Ana Mª Pita Grandal. Catedrática da universidade, en representación da EGAP.

Alfonso García Magariños. Letrado da Asesoría Xurídica Xeral.

Mª Araceli Romero Míguez. En representación dos traballadores.

Secretaria: Ana Mª Morato Miguel. Interventora delegada da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Suplentes:

Presidente: Joaquín Caballero Miranda. Subdirector xeral de Impostos Cedidos.

Vocais: Juan Jesús Fernández Caínzos. Catedrático da universidade, en representación da EGAP.

José Rodríguez González. Letrado da Asesoría Xurídica Xeral.

José Mª Pita Ponte. En representación dos traballadores.

Secretaria: Ana Fonte Bouza. Subdirectora xeral de Coordinación e Información. Intervención Xeral.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública