Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.116

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 19 de xaneiro de 2001 polo que se fai público o acordo de nomeamento de secretarías en réxime de provisión temporal de diversos órganos xudiciais de Galicia.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 16 de xaneiro de 2001. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/rf. Secretario de provisión temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza, A Coruña. Confírmanse os acordos da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 9 de xaneiro de 2001, polo cal se nomean secretarios en réxime de provisión temporal. Esta xerencia territorial no uso das atribucións que lle confire a O.M. do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28 de xuño) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais:

-Provincia da Coruña.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, Rosa María Acero Salomón.

-Provincia de Ourense.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Xinzo de Limia, Miguel Ángel Ruiz de Almirón Schlung.

-Provincia de Pontevedra.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Cambados número dous, Guillermo Gonzalo Nieto D'Ochao.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. O xerente territorial. Manuel Olmo Peláez. Rubricado. Hai un carimbo da xerencia territorial».

Así mesmo faise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola Sala de Goberno de data 9 de xaneiro de 2001, cabe interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes, a partir da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, pregándolle envíe a esta presidencia un exemplar no que se faga, para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2001.

Jesús Souto Prieto

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia