Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, pola delegación do alcalde, na sesión que tivo lugar o día vinteoito de decembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o Plan parcial de ordenación SAU Cancelo do Medio-Cancelo-San Román-A Laracha, redactado polo arquitecto superior José Antonio Canedo Zapata.

2. Aproba-lo convenio urbanístico subscrito polo alcalde e os propietarios dos terreos do Plan parcial sobre avaliación económica da implantación dos servicios e execución das obras de urbanización, do que o seu texto consta no expediente.

3. Suspende-lo outorgamento de licencias na área delimitada do Plan parcial para actividades de parcelación de terreos, edificación e demolición.

E de conformidade co disposto no artigo 42.1º, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública por prazo dun mes co fin de que se poida examinar e presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Lugar de exposición do expediente: oficina técnica (2ª planta da casa do concello).

Horario: de 10 a 15 horas.

A Laracha, 10 de xaneiro de 2001.

Ramón Martínez Barbeito

Alcalde accidental tenente de alcalde