Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.099

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (169/2000).

En nome da Súa Maxestade El-Rei.

En Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2000.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia nº 169/2000, no que actuaron como partes, como denunciantes-denunciados Flora Pallas Paz e Raquel Suárez Martínez.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido.

Que debo absolver e absolvo a Flora Pallas Paz e Raquel Suárez Martínez das faltas das que foran acusadas, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a audiencia provincial, no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal no que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas ou garantías procesuais que causasen a indefensión do recorrente en termos legais tales que non poida ser emendada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión.

Así mesmo, deberá acreditarse ter pedida a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización, o recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que así conste e lle sirva de notificación a Raquel Suárez Martínez, expido e asino este testemuño en Santiago de Compostela o vinteún de decembro de dous mil.

O/A secretario/a

Rubricado