Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, mediante Orde do 2 de outubro de 2000 (DOG nº 200, do 16 de outubro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería
RESOLVE:
Primerio.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.
Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicio, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e con disposto na base sétima da convocatoria.
Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, a correspondente dilixencia de cesamento e toma de posesión, da que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2001.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social
e Turismo
ANEXO
Apelidos e nome: Larriba Rodríguez Mª del Pilar
NRP ou DNI: 3525027102A6032.
Grupo: D.
Corpo ou escala: xeral.
Poto de traballo: secretaria do delegado provincial.
Cod. posto: CUC991000036001001.
Nivel: 16.
Dependencia: Delegación Provincial.
Localidade: Pontevedra.