Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se convoca para a redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN661A 98/2-3 A.T.)

Instalación: parque eólico de Meda.

Concello: Montederramo.

Entidade beneficiaria: Iberdrola Diversificación, S.A.

Data, lugar e hora da convocatoria: día 5-2-2001 na Casa do Concello de Montederramo de 10 a 11 horas.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria do 30-6-2000 foi autorizada, a favor da citada entidade beneficiaria, a instalación de producción eléctrica de referencia e concedida a declaración de utilidade pública por outra da Consellería de Industria e Comercio do 8-11-2000, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa (en diante LEF), do 16 de decembro de 1954.

Na súa virtude, en aplicación do citado artigo 52 da LEF

RESOLVO:

Convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados na casa do concello onde están os predios, no día

e horas indicados no encabezamento, para, de conformidade co procedemento establecido, levar a cabo a redacción das actas previas á ocupación nas que se describirán os bens obxecto da imposición de servidume e se fará consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados. A orde de redacción das actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación.

Os titulares dos predios afectados, que figuran na relación que se acompaña, que tamén se expón no taboleiro de edictos do concello, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución; se o estiman oportuno pódense facer acompañar dos seus peritos e un notario, pola súa conta.

Segundo establece o artigo 56 do regulamento da LEF, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, ata o mesmo momento do levantamento de actas previas os interesados poderán formular alegacións perante este organismo expropiante para os efectos de emendar posibles erros que se padecerán ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 22 de decembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de afeccións por expropiación forzosa

Parque eólico de Meda

Concello de Montederramo

Nº parcela

segundo proxecto

Propietario

e enderezo

Datos do predioAfecciónUso do terreoActas previas

LugarParcela nº segundo

catastro

Políg. nºSuperficie

que se vai

expropiar (m)

DíaHora

27Antonio González Mojón

R/ Pena Corneira nº 6 1º dta.

32005-Ourense

Pilar González Mojón

R/ Ronda Outeiro 304 4º esqda.

15011-A Coruña

María Pilar Alonso González

Rosalía de Castro nº 50 3º D

Vigo

Gándaras5131715 dun total de 1.537Monte baixo5-2-2001De 10 a 11

Nº parcela

segundo proxecto

Propietario

e enderezo

Datos do predioAfecciónUso do terreoActas previas

LugarParcela nº segundo

catastro

Políg. nºSuperficie

que se vai

expropiar (m)

DíaHora

46Antonio González Mojón

R/ Pena Corneira nº 6 1º dta.

32005-Ourense

Pilar González Mojón

R/ Ronda Outeiro 304 4º esqda.

15011-A Coruña

María Pilar Alonso González

Rosalía de Castro nº 50 3º D

Vigo

Gándaras48712.376 dun total de 7.031Monte baixo5-2-2001De 10 a 11

65Elpidio García García

R/ Venezuela 1-3 4º B

32350-A Rúa (Ourense)

Miguel García García

R/ Barrocás nº 9 bajo A

32005-Ourense

Marina García García

R/ Río Mao nº 48 2º C

32001-Ourense

José Luis García Pereira

10 Rue Bisson

París 20E Francia

Demedias18411.880 dun total de 10.065Monte baixo5-2-2001De 10 a 11