De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:
A liña eléctrica aérea núa de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de
16 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Abanqueiro e final no C.T. Charca, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Charca, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 480 m de lonxitude que se conecta á rede existente. Co fin de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Charca. No termo municipal de Boiro. (Expediente 294/2000).
O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro,
de modificación de la Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que
se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
A Coruña, 12 de decembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 294/2000 Provincia: A Coruña
L.M.T. C.T. e R.B.T. CharcaTermo municipal: Boiro
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
Abanqueiro
15938-Boiro
15938-Boiro
Ribeiro Dieste
Comunidade Montes de
Abanqueiro (Supermercado Anxo)
15938-Boiro1 Charca Prado Juan Bautista Suárez Torrado Portomouro, s/n
62
3 Charca Prado Manuel Fernández Suárez Graso-Abanqueiro, 9
30
4 Charca Monte baixo Representa Juan José
Aldea Grande-Abanqueiro, 9
2 65