Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 1.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

Faise público que a parroquia de Santa María de Biduído-Ames, está a tramitar autorización para ampliación do cimeterio da dita parroquia, polo cal se expón ó público o devandito proxecto de ampliación durante o prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ó da derradeira publicación do presente anuncio no BOP, ou no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan consultalo e formula-las alegacións que estimen oportunas.

O proxecto poderá ser consultado na Secretaría do Concello de Ames, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas.

Ames, 17 de xaneiro de 2001.

O alcalde

Rubricado