Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 1.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/283-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. López Gómez de Marzoa.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 470 m de lonxitude, con orixe na liña que interconecta C.T. investigacións científicas con C.T. matemáticas e final na mesma liña unha vez entre e saia na caseta prefabricada na r/ López Gómez de Marzoa. Centro de transformación, tipo caseta de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na r/ López Gómez de Marzoa. Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 13 de decembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña