Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 1.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa da seguinte instalación: parque eólico de Pena da Cruz. (Expediente IN661A 00/6-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa do parque eólico de Pena da Cruz, coas seguintes características básicas:

Denominación: parque eólico de Pena da Cruz.

Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

Enderezo: avda. do Cruceiro da Coruña, nº 201-A, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

Situación: terreos situados nos concellos de Montederramo, Chandrexa de Queixa e Castro Caldelas.

Delimitación, superficie e potencia: as coordenadas UTM (m) do polígono que delimita a zona de implantación son:

PuntoUTM-xUTM-y

16270004688000

26315794687974

36300004686000

46310004686000

56330004688000

66350004688000

76350004680000

86270004680000

Superficie afectada: 6.158 ha.

O parque eólico disporá dun conxunto de 18 aeroxeradores tipo G-52, de 850 kW de potencia unitaria, o que suma unha potencia bruta total de 15,3 mW.

Orzamento estimado: 1.813.900.000 pesetas.

Alegacións; solicitudes en competencia: todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de vinte días. En igual prazo presentaranse as solicitudes en competencia, as que se axustarán ó disposto no artigo 10 do citado decreto.

Ourense, 11 de decembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense