Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 995

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2000 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de comercialización e investigación de mercados, do departamento de Análise Económica, a Valentín Alejandro Martínez Fernández.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 3 de febreiro de 2000 (BOE do 4 de marzo), para a provisión da praza número 00/008 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de comercialización e investigación de mercados, do departamento de Análise Económica desta universidade, a favor de Valentín Alejandro Martínez Fernández, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Valentín Alejandro Martínez Fernández, profesor titular de universidade da área de coñecemento de comercialización e investigación de mercados, do departamento de Análise Económica desta universidade.

A Coruña, 29 de decembro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña