De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 8 de febreiro de 2000 (BOE do 4 de marzo), para a provisión da praza número 00/005 de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Análise Económica desta universidade, a favor de Constantino Arosa Gómez, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Constantino Arosa Gómez, catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise econó
mica, do departamento de Análise Económica desta universidade.
A Coruña, 28 de decembro de 2000.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña