Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 991

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2001 pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 125/2000, interposto por Mecánica Naval-Mecanasa, S.A.

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña, providencia de admisión a trámite da demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 125/2000 interposto por Mecánica Naval-Macanasa, S.A. contra a falla de abono da subvención concedida no expediente 97/0021/PO.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xuridiscción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña no prazo de 9 días contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica