Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 864

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRAENOR, SOC. COOP. LTDA.

ANUNCIO.

A Sociedade Cooperativa Traenor Soc. Coop. Limitada, con CIF: F-36.320.125, en asemblea xeral extraordinaria, que tivo lugar no domicilio social o 29 de novembro de 2000, acordou, entre outros asuntos:

-Modifica-lo domicilio actual de Barrio Mariña 12-San Xurxo de Salceda, Salceda de Caselas (Pontevedra) para o polígono industrial do Rebullón s/n Mos (Pontevedra).

-Ampliación do obxecto social en fabricación, montaxe, distribución, transporte e comercialización de todo tipo de pezas, terminais, compoñentes e accesorios relacionados de forma directa ou indirecta cos cableados conductores e circuítos eléctricos. Realización de transporte e movementos de mercadorías con carácter secundario á actividade principal.

-Modificación da denominación social, que pasa en diante a chamarse Traenor Soc. Coop. Galega.

-Ampliación do capital social en 505.544 pesetas.

José Carlos Garrido Ferreiro

Presidente