Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

RELACIÓN número 1/2001 de obras de plans provinciais.

No BOP de Ourense do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite ordinario. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo provincial. A documentación que hai que presentar, o modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Nº e plan/denominación/concello/prazo execución/clasif./orzamento.

86 POL/CV 411 Oímbra-Videferre/Oímbra/3 meses/G.6.d/20.000.000.

87 POL/CV 106 Parada de Sil-Vilariño Frío/Parada de Sil/5 meses/G.6.c/20.000.000.

91 POL/CV 329 As Vendas da Barreira-Progo/Riós/5 meses/G.6.d/30.000.000

94 POL/CV 2 Alto do Covelo-A Veiga/A Veiga/5 meses/G.4.d/98.000.000.

96 POL/CV 341 Verea-Furriolo/Verea/5 meses/G.6.d/35.000.000.

98 POL/CV 324 Vilamartín-San Vicente/V. de Valdeorras/3 meses/---/18.000.000.

Ourense, 15 de xaneiro de 2001.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense