Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 848

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2000 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de catro prazas de especialistas de laboratorios vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Aprobada por resolución rectoral do 10 de agosto de 1995 a oferta de emprego público de persoal de administración e servicios da Universidade da Coruña, e aprobado pola Xunta de Goberno o sistema de selección de concurso-oposición para a provisión de catro prazas de especialistas de laboratorios, segundo establece o artigo 111.3º dos estatutos.

Este rectorado, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, en relación co artigo 3.2º e) da mesma norma, así coma nos estatutos desta universidade, aprobados polo decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17) e modificados polo decreto da Xunta de Galicia 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), e co obxecto de atende-las necesidades de especialistas de laboratorios na Universidade da Coruña,

RESOLVE:

Primeiro.-Convocar probas selectivas para cubrir 4 prazas de especialistas de laboratorio, grupo IV, destinado a realiza-las correspondentes tarefas de mantemento e apoio nos laboratorios da Universidade da Coruña no campus de Ferrol.

Do total das prazas convocadas reservaranse 2 para seren cubertas por quenda de promoción, no que poderán participar traballadores da Universidade da Coruña que pentenzan a categoría distinta á das prazas obxecto de provisión e que dispoñan da titulación ou formación que os habilite para o desenvolvemento profesional das prazas ás que aspiran. As prazas non cubertas pola quenda de promoción interna acumularanse ás de acceso libre.

As probas selectivas realizaranse con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria.

1. Solicitudes.

1.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo na instancia segundo modelo que figura como anexo IV. Á instancia xuntaráselle fotocopia do documento nacional de identidade, acreditándose ademais o pagamento dos dereitos de exame na forma prevista no punto 1.2.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración ou promesa deste de que non está separado de dereito do cónxuxe e, de se-lo caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.

As solicitudes dirixiranse ó Excelentísimo e Magnífico Señor Rector da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade da Coruña (Edificio do Rectorado, Rúa da Mestranza, s/n, C.P 15001) e Ferrol (Vicerrectorado do Campus, Doutor Vázquez Cabrera, s/n, C.P. 15403), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14).

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

1.2. Os dereitos de exame serán de 4.700 pesetas que se ingresarán, directamente ou mediante transferencia, en calquera das oficinas do Grupo Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, na conta corrente número 0182-0470-40-0207957986, Probas selectivas para especialistas de laboratorios, a nome da Universidade da Coruña. A solicitude deberá ir acompañada do comprobante acreditativo do ingreso, a súa falta determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso o pagamento suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado no punto 1.1.

1.3. Os aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso deberán acreditalos mediante a presentación dos documentos xustificativos orixinais ou copias compulsadas. Os servicios prestados na Universidade da Coruña acreditaranse mediante certificación expedida pola Xerencia da Universidade. A documentación acreditativa dos méritos estará referida á data de publicación no DOG da presente convocatoria, e deberá incorporarse á solicitude.

1.4. Os aspirantes que padezan algunha discapacidade poderán indicalo no recadro número 14 da solicitude e solicitar, se é o caso, as posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria, expresándoo no recadro número 15.

1.5. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fagan constar na súas solicitudes, podendo unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 1.1. para a presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para ser admitido á realización destas probas selectivas os aspirantes deberán reunir e mante-los seguintes requisitos:

a) Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados, ós que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España,

lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea. Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder dos sesenta e cinco.

c) Estar en posesión dunha titulación superior de graduado escolar ou FP de 1º grao ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, haberá que estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desenvolvemento das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas por sentencia firme.

2.2. Tódolos requisitos deberán posuírse no momento de remata-lo prazo de presentación das solicitudes e gozar deles durante o proceso selectivo.

3. Discapacidades.

3.1. Para a realización das probas selectivas o tribunal cualificador destas establecerá, para as persoas con minusvalideces que o demandasen na solicitude de admisión, as adaptacións posibles de tempos e medios.

3.2. Se no desenvolvemento do proceso selectivo se suscitaran dúbidas ó tribunal respecto á capacidade dos aspirantes con algunha discapacidade para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos traballadores da categoría de especialistas de laboratorios, poderá solicita-lo correspondente dictame do órgano competente da Comunidade Autónoma.

4. Listas de admitidos e excluídos.

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, no prazo máximo de vinte días naturais, o rector da universidade dictará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, declarando aprobadas as listas de aspirantes admitidos e excluídos, que se farán públicas no taboleiro de anuncios do rectorado da universidade e no vicerrectorado do Campus de Ferrol, con mención expresa do nome, apelidos e documento nacional de identidade e, se é o caso, as causas de exclusión.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación da referida resolución, para corrixiren o defecto que motivase a exclusión ou omisión. Transcorrido o devandito prazo, o rector dictará resolución declarando apro

bada a lista definitiva de admitidos e excluídos, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, contra a que os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo, de acordo co previsto na Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.

4.2. O feito de figurar na lista de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 10.1 desta convocatoria.

5. Sistema selectivo.

5.1. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición, coa valoración de méritos, exercicios e puntuacións que se especifican no anexo I.

5.2. O programa das probas da fase de oposición é o que figura como anexo II.

6. Tribunal cualificador.

6.1. O tribunal cualificador é o que figura como anexo III da presente convocatoria.

6.2. O tribunal na súa constitución, composición e funcionamento aterase ó disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de persoal de administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14).

6.3. O tribunal poderá dispo-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas no número que coide necesario.

6.4. O tribunal terá a categoría cuarta das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño).

7. Calendario das probas.

7.1. O lugar e data de comezo dos exercicios farase público na resolución rectoral que aprobe as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos.

7.2. A duración máxima das probas selectivas será dun ano desde a data de publicación da presente convocatoria.

7.3. A orde de actuación dos aspirantes será a que determine a Dirección Xeral da Función Pública da Comunidade Autónoma para o ano en que se realice a proba.

8. Aspirantes de nacionalidade estranxeira.

8.1. Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acredita-lo coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, na que se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

8.2. O contido desta proba axustarase ó disposto no Real decreto 826/1988, do 20 de xullo (BOE

do 29), polo que se establecen diplomas acreditativos do coñecemento do español como lingua estranxeira. A proba cualificarase de apto ou non apto, sendo necesario obte-la valoración de apto para pasar a realiza-los exercicios da fase de oposición. Quedan eximidos de realizar esta proba os aspirantes que acrediten mediante fotocopia compulsada estaren en posesión do diploma superior de español como lingua estranxeira establecido polo Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, modificado e completado polo Real decreto 1/1992, do 10 de xaneiro, e do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas. De non achegaren esta documentación, non poderán ser declarados exentos, debendo, en consecuencia, realiza-la proba descrita no parágrafo anterior.

9. Lista de aprobados.

9.1. O tribunal publicará a valoración dos méritos da fase de concurso unha vez realizado o último exercicio da fase de oposición.

9.2. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador publicará no Rectorado da Coruña, no Vicerrectorado do Campus de Ferrol, e no lugar ou lugares da súa celebración, así como naqueles outros que estime oportuno, a puntuación obtida polos aspirantes nel, así como, de se-lo caso, a de cada unha das probas que o compoñan.

Posteriormente, o tribunal publicará, neses mesmos lugares, a relación dos aspirantes que superaron as probas selectivas, constituída por aqueles opositores que, en número non superior ó de prazas convocadas e tendo alcanzado a puntuación mínima esixida para supera-los exercicios da fase de oposición, obtiveran a maior puntuación final calculada de acordo co sistema previsto no anexo I, e con indicación expresa da obtida por cada un deles. Esta lista en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó de prazas convocadas. Os opositores que non estean incluídos nesta relación terán a consideración de non ter aprobadas as probas selectivas, único punto acerca do que o tribunal poderá certificar.

9.3. O tribunal remitirá ó rector a relación definitiva dos aspirantes aprobados pola orde desta puntuación final, con proposta de que se formalicen con eles os correspondentes contratos de traballo.

10. Presentación de documentos e formalización dos contratos.

10.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte a aquel en que se fixese pública a relación definitiva de aprobados nas probas selectivas, estes deberán presentar no Servicio de Persoal da Universidade da Coruña (Rúa da Mestranza, s/n) os seguintes documentos:

a) Fotocopia do DNI ou documento acreditativo equivalente de ser nacional dun estado membro da Unión Europea.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para acceder ás probas.

c) Declaración xurada ou promesa de que non foi separado, mediante expediente disciplinario, do ser

vicio de ningunha administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. Os aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu estado, o acceso á función pública.

d) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que imposibiliten para o servicio.

10.2. Cumpridos debidamente polos aspirantes que superaron as probas selectivas os trámites de presentación de documentos, serán contratados como especialistas de laboratorios da Universidade da Coruña.

10.3. A adxudicación de postos de traballo efectuarase de acordo coas peticións dos interesados entre os postos ofertados ós mesmos, segundo a orde de puntuación obtida no proceso selectivo dentro de cada epígrafe.

10.4. O período de proba será de seis meses, durante o que o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes ó posto de traballo que desempeñe, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso. Este período de proba non será aplicable ós aspirantes que con anterioridade desempeñasen funcións de especialistas de laboratorios na Universidade da Coruña.

Segundo.-Estas probas selectivas axustaranse ó disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de persoal de administración da Comunidade Autónoma de Galicia, á Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14), e ós estatutos desta universidade, aprobados por decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro), modificados polo Decreto 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), o convenio colectivo aplicable ó persoal laboral da Universidade da Coruña, a Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24), sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, e ás bases desta convocatoria.

Terceiro.-Esta convocatoria, as súas bases, e cantos actos administrativos deriven delas poderán ser impugnados ante a xurisdicción do contencioso-administrativo nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 27), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14).

Así mesmo, os interesados poderán interpor recurso de alzada contra os actos do tribunal cualificador das probas ante o rector da Universidade da Coruña, nos termos previstos no artigo 114 e concordantes da mencionada lei.

A Coruña, 19 de decembro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

Especialistas de laboratorios

Procedemento de selección

O procedemento de selección será o de concurso-oposición que constará das seguintes fases:

Fase de oposición.

A fase de oposición constará dos catro exercicios que se indican a seguir. Os aspirantes pola quenda de promoción interna extarán exentos da realización do cuarto exercicio.

Primeiro exercicio: de carácter eliminatorio, consistirá en contestar por escrito un cuestionario de preguntas tipo test, con tres respostas alternativas, entre as que só unha será correcta, propostas polo tribunal, baseado no contido do programa específico, e a su valoración será de 0 a 20 puntos, sendo necesario obter 10 puntos para ter acceso ó exercicio seguinte.

Segundo exercicio: de carácter eliminatorio, consistirá nun suposto práctico de preparación de disolucións, etc. e de recoñecemento de material de laboratorio. A cualificación deste exercicio será de 0 a 30 puntos, sendo necesario obter 15 puntos para pasar ó seguinte exercicio.

Terceiro exercicio: consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de preguntas tipo test, con tres respostas alternativas, entre as que só unha será correcta, propostas polo tribunal e correspondentes á parte non específica do programa, e a súa valoración será de 0 a 10 puntos e non terá carácter eliminatorio.

Cuarto exercicio: consistirá na traducción, sen diccionario, de dous textos propostos polo tribunal, un do galego para o español e outro do español para o galego e a súa valoración será de 0 a 5 puntos.

O tempo para a realización de cada exercicio será fixado polo tribunal.

Valoración da fase de oposicón.-A cualificación final da fase de oposición obterase sumando as puntuacións obtidas no primeiro e segundo exercicio, polo que terá un valor máximo de 65 puntos.

Fase de concurso.

Nesta fase valóranse, ata un máximo de 40 puntos, os seguintes méritos:

Experiencia:

Quenda de promoción interna: valoraranse os servicios prestados na Universidade da Coruña como persoal contratado fixo a razón de 0,5 puntos por cada mes completo ou fracción ata un máximo de 35 puntos.

Quenda libre: valoraranse os servicios prestados na Universidade da Coruña como persoal contratado non permanente a razón de 0.5 puntos por cada mes completo ou fracción, ata un máximo de 35 puntos.

Cursos de formación e perfeccionamento, dispensados por centros ou organismos oficiais e que estean directamente relacionados co contido da praza. Máximo de 5 puntos:

a) Cursos de aptitude: 0,02 puntos/hora.

b) Cursos de asistencia: 0,01 puntos/hora.

Sistema de puntuación.

A cualificación final das probas, que como máximo será de 105 puntos, virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e concurso. En caso de empate dentro de cada epígrafe, a orde establecerase atendendo á maior puntuación obtida na fase de concurso, se isto non fose suficiente á maior puntuación obtida no segundo exercicio, se esto non fose suficiente no primeiro exercicio. Se persistise o empate, este dirimiríase pola orde alfabética do primeiro apelido dos aspirantes empatados, iniciándose a antedita orde pola letra á que se refire a base 7.3 da presente convocatoria.

ANEXO II

Especialistas de laboratorios

Programa das probas

Módulo I. Parte xeral.

1. A Constitución española: dereitos e deberes fundamentais.

2. Creación, réxime xurídico e estructura das universidades. Natureza e fins da Universidade da Coruña.

3. Estructura e organización da Universidade da Coruña: departamentos, escolas, centros, institutos universitarios e centros adscritos.

4. O goberno da Universidade da Coruña: órganos colexiados e órganos unipersoais.

5. O persoal da universidade: o persoal de administración e servicios.

Módulo II. Parte específica.

1. Material básico nun laboratorio de química.

2. Preparación de disolucións.

3. Técnicas de separación máis importantes: extracción, destilación, filtración.

4. Técnicas de medición do pH.

5. Principios básicos de electricidade: intensidade de corrente, resistencia, diferencia de potencial.

6. Medidas de magnitudes básicas: masa e lonxitude.

7. Instrumentos básicos para a medida da densidade.

ANEXO III

Especialistas de laboratorios

Tribunal cualificador

Titulares.

Presidente: José Luis Meilán Gil, rector da Universidade da Coruña.

Vocales: Fernando Martínez Abella, vicerrector de Relacións Institucionais e Posgrao.

Jesús Fernández Jiménez, vicexerente de Control Interno.

Salvador Peña Díaz, en representación dos traballadores.

María José Grueiro Maroño, en representación dos traballadores.

Secretario: Daniel Miguélez Costa, xefe da Sección de Selección e Formación de Persoal.

Suplentes.

Presidente: Dolores Esther Fernández Fernández, vicerrectora de Investigación.

Vocales: Manuel Recuero Astray, vicerrector do Campus de Ferrol.

Juan Ramón Rego Álvarez de Mon, vicexerente de Asuntos Económicos.

Rogelio Lage Vázquez, en representación dos traballadores.

Manuel Romero Beade, en representación dos traballadores.

Secretario: Luis Vázquez López, xefe da Sección de Xestión de Persoal.

ANEXO IV

NOTA: úsese o publicado na páxina 847.