Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 841

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2001, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 13) pola que se anuncia a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 19 de xaneiro de 2001 o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de Xestión da Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000, acordou, de conformidade co disposto nas bases II.1.1 letra c) da convocatoria,

que o terceiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 24 de xaneiro de 2001 ás 18 horas na aula nº 12 da Escola Galega de Administración Pública, s/n, en Santiago de Compostela, en chamamento único. As portas ó lugar de acceso para a realización do exame abriranse ás 17.45 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, bolígrafo ou pluma estilográfica.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2001.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal