Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 835

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2001 pola que se fai público o acordo plenario do día 4 de xaneiro de 2001, polo que se establecen o número, a distribución de asuntos e a composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia para o ano 2001.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 287/1996, do 12 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta presidencia

RESOLVE:

Facer público o acordo plenario do 4 de xaneiro de 2001, do Consello Consultivo de Galicia, polo que se establecen o número, a distribución de asun

tos e a composición das seccións do devandito consello para 2001, do teor literal seguinte:

«Segundo o disposto nos artigos 15 e 16 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, de creación do Consello Consultivo de Galicia, e nos artigos 16 e 18 do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 287/1996, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día 4 de xaneiro de 2001,

ACORDA:

1. Establece-lo número e composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia para o ano 2001 da forma seguinte:

Sección primeira:

Presidente: Pablo Moure Mariño.

Vocais:

José Luis de la Torre Nieto.

José María Gómez y Díaz-Castroverde.

Sección segunda:

Presidente: Antonio Carro Fernández-Valmayor.

Vocais:

José María Gómez y Díaz-Castroverde.

José Luis de la Torre Nieto.

2. A distribución de asuntos entre elas efectuarase por quenda alternativa segundo a orde de entrada da solicitude de dictames.

3. Que, de acordo co parágrafo segundo do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia».

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2001.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia