Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente: 8/2000.

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de adaptación e rehabilitación da Casa de Cultura de Santa Lucía.

3. Forma de adxudicación: poxa, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 8.489.100 pesetas (51.020,518 euros).

5. Garantía provisional: 169.782 pesetas. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase conforme o seguinte modelo:

«Don/Dona..., con DNI nº..., expedido en..., con data..., en nome propio (ou en representación de..., como acredita por...), informado da convocatoria de poxa polo procedemento aberto, anunciada no Diario Oficial de Galicia nº..., de data..., toma parte nela, comprometéndose a realiza-la obra de adaptación e rehabilitación da Casa de Cultura de Santa Lucía, no prezo de... (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, consonte o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas que acepta integramente. Lugar, data e sinatura».

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 14 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Exposición do prego de cláusulas administrativas: durante o prazo de 8 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

Moraña, 15 de decembro de 2000.

José A. Eiras Paz

Alcalde