Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/189-2, 5532 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Viesgo I S.A.

Domicilio social: r/ Medio 12, 39080 Santander.

Denominación: L.M.T. (15/20 kV) ó C.T.I. de Riodeporcos.

Situación: A Fonsagrada.

Descricións técnicas: liña de alta tensión a 12/20 kV, en conductor LA-56 e LA-110, sobre apoios metálicos, de 1.135 m de lonxitude. Centro de transformación de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 30 de novembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo