Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 797

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2001 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de linguaxes e sistemas informáticos, do departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos, a Celso Campos Bastos (praza 3/2000).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 8 de febreiro de 2000 (BOE do 3 de marzo), para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de linguaxes e sistemas informáticos, do departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos, a Celso Campos Bastos, con documento nacional de identidade número 34.955.474, cumprindo o interesado os requisitos do número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Celso Campos Bastos profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de linguaxes e sistemas informáticos, do departamento de Linguaxes e Sistemas Informáticos.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado,

que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 8 de xaneiro de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo