Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 783

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2000 pola que se publican os resultados das eleccións dos vocais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns inscritos na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Realizado o 26 de decembro de 2000 o acto de apertura dos sobres que contiñan os votos para a elección de vocais da Comisión Galega de Artesanía, que representan os artesáns de cada provincia, inscritos na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, e realizado o seu escrutinio de conformidade co disposto no artigo 8 da Orde do 1 de setembro de 2000 pola que se regula o procedemento de elección dos vocais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns inscritos na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía

de Galicia, a Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas

RESOLVE:

Proclama-los candidatos electos da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns inscritos na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia:

Pola provincia da Coruña: Eloy Gesto Ferreiro.

Pola provincial de Lugo: Fernando Díaz Cortiñas.

Pola provincia de Ourense: Ana Camba Rivas.

Pola provincia de Pontevedra: María Silva Pérez.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a presente publicación; tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2000.

José Manuel González González

Director xeral de Programas Industriais

e Infraestructuras Tecnolóxicas