Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 782

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 10 de xaneiro de 2001 pola que se nomean vocais compoñentes do Consello Galego de Medio Ambiente.

O Decreto 155/1995, do 3 de xuño, establece a regulación do Consello Galego de Medio Ambiente, determinando que serán nomeados como vocais os representantes das organizacións, institucións e departamentos autonómicos relacionados no seu artigo 3, todos eles con especial vinculación coa protección do ambiente.

Por otra banda, o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Galego de Medio Ambiente aprobado no Pleno con data do 12 de abril de 1996, establece a posibilidade de cesa-los seus membros por proposta das organizacións, institucións ou autoridades que promoveron o seu nomeamento, debendo presentarlle a oportuna proposta de novo nomeamento ó presidente do Consello, polo que, solicitada pola Universidade de Santiago de Compostela e polo Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, o cesamento dos vocais designados, cómpre acordalo e nomea-los novos representantes propostos.

Por todo isto, en uso da atribución outorgada polo artigo 4 do Decreto 155/1995, do 3 de xuño, polo

que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente, e tendo en conta que o citado órgano consultivo foi adscrito á Consellería de Medio Ambiente en virtude do Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen como vocais do Consello Galego de Medio Ambiente, en representación das entidades que se citan, agradecéndolle-los servicios prestados a:

José Luis Sánchez López como vocal suplente, en representación da Universidade de Santiago de Compostela.

Xulio Gutiérrez Roger como experto en educación ambiental titular, en representación do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente.

Artigo 2º

Designar como vocal suplente en representación da Universidade de Santiago de Compostela no Consello Galego de Medio Ambiente, por proposta dela e en substitución do que causa baixa por esta orde, a persoa que a continuación se relaciona:

Javier Ángel Guitián Rivera como vocal suplente.

Artigo 3º

Designar como experto en educación ambiental titular do Consello Galego de Medio Ambiente, en substitución do que causa baixa por esta orde, a persoa que a continuación se relaciona:

Juan Valiela Villar como experto en educación ambiental titular, en representación do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente.

Artigo 4º

Despois dos ditos cesamentos e nomeamentos, os vocais do Consello Galego de Medio Ambiente, por proposta e en representación das entidades que se citan, son os seguintes:

Pola Universidade de Santiago de Compostela:

Como titular: José Ramón Leis Fidalgo.

Como suplente: Javier Ángel Guitián Rivera.

Como expertos/as designados/as polos órganos autonómicos sectoriais, pola área ambiental de educación ambiental:

Como titular: Juan Valiela Villar.

Como suplente: Juan Carlos Yurs Arruga.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2001.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente