Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU-4/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 29 de decembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro: desestima-los escritos presentados por Fernando Esteban García-Aboal o día 20 de novembro de 2000, nº 113596, e por Margarita Lobato Noreña do 20 de outubro de 2000, nº 102445, de conformidade co informe emitido.

Segundo: aprobar definitivamente o proxecto de urbanización presentado por Promocións O'Carón, para o desenvolvemento do Plan parcial en Altamira-A Zapateira, do que forma parte a documentación presentada o 3 de novembro do ano que corre. Respecto ó trazado alternativo de recollida de pluviais segundo documentación presentada o 4 de decembro, requirirá acordo previo para a súa autorización.

Terceiro: notificarlles este acordo a Promocións O'Carón e a Fernando Esteban García-Aboal e Margarita Lobato Noreña.

Cuarto: contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou a resolución no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para os efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2001.

O alcalde

P.D.

Rubricado