Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2000 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación dos servicios que se citan.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expe

diente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expedientes: 312/00 e 313/00.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: expediente 312/00: servicio de limpeza en diversos centros da Universidade de Vigo. Expediente 313/00: servicio de vixilancia nos campus histórico de Vigo, Pontevedra e Ourense. b) División por lotes e número: expediente 312/00 (3 lotes), lote 1: Edificio de Ciencias Sociais de Pontevedra, lote 2: Edificio de Dereito/Empresariais de Ourense e lote 3: Ciencias Físicas, Unidade Administrativa e edificio de usos múltiples, de Ourense. Exp. 313/00 (2 lotes), lote 1: Campus Histórico de Vigo e Campus de Pontevedra e lote 2: Campus de Ourense. c) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: o importe total para o expediente 312/00 é de 49.639.213 pesetas -298.337,68 euros (IVE incluído). E para o expediente 313/00: 49.075.062 pesetas -294.947,06 euros (IVE incluído).

5. Garantías: provisional: 2% do importe de licitación. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio e Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1, edificio anexo ó rectorado-3º andar. c) Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: no expediente 312/00 só se esixe no lote 2: grupo III, subgrupo 6 e categoría A e no expediente 313/00: esíxese grupo III, subgrupo 2 e categoría A para o lote 1 e categoría B para o lote 2.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: 2 de febreiro de 2001. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: r/ Areal nº 46 planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día seguinte á data límite para a recepción de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Enderezo: r/ Areal, nº 46-1º andar. c) Localidade: Vigo-36201. d) Data: 7 de febreiro de 2001. e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 12 de decembro de 2000.

Vigo, 12 de decembro de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo