Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 11 de decembro de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a continuación, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou se alegaron distintas causas para non recibiren as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 00460101610040119748, do Banco Galego, sucursal 0101, rúa Concepción Arenal nº 19, da Coruña, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora, (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días desde o seguinte a esta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 11 de decembro de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Teodoro dos Santos, WesleyCK584148 (pasaporte)Asistencia sanitaria10-3-2000/4-4-200064.840

Lago Gil, MarisolCC66928995 (pasaporte)Asistencia sanitaria4-5-200035.840

Osorio Uscanga, Armando9310026254 (pasaporte)Asistencia sanitaria28-5-200035.840

Aguilera, Stella Maris14039989 (pasaporte)Asistencia sanitaria13-5-2000/16-5-2000218.041

Satelis N., Francisca DulcineteCJ498788 (pasaporte)Asistencia sanitaria22-7-199824.329

Herrera Saavedra, Luz Amparo41923211 (pasaporte)Asistencia sanitaria24-10-199824.329

Pérez Novas, Fiordalisa22734426Asistencia sanitaria4-8-1998/8-8-1998224.200

Parafita Ferreiro, Antonio76312198SAsistencia sanitaria29-8-199860.823