Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 733

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 8 de xaneiro de 2001 pola que se convocan bolsas para a coordinación e organización de fondos documentais de arquivos e interese galego.

A orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998 (DOG nº 34, do 19 de febreiro), modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000, regula a tramitación anticipada de expedientes de gastos.

A aplicación desta orde supón un paso moi importante na axilización do proceso de execución orzamentaria, coas conseguintes vantaxes para os administrados e sen menoscabo da soberanía do Parlamento, xa que non se poderán conceder efectivamente as subvencións ata a aprobación do crédito que vai ampara-lo gasto.

O Decreto 307/1989, polo que se regula o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia, atribúelle á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a competencia de velar pola conservación, organización e difusión do patrimonio documental de Galicia, así como a responsabilidade de fomenta-la adecuada formación do persoal técnico de arquivos.

Coñecendo, por outra banda, as necesidades de organización e descrición de fondos documentais de moitos arquivos galegos pola importancia que teñen para garanti-los dereitos e as obrigas dos cidadáns e as actividades da propia Administración, esta consellería convoca bolsas de formación e colaboración co fin de proceder á organización deses fondos documentais. Estas bolsas precisan de coordinación técnica para controla-lo traballo desenvolvido polos bolseiros e resolve-las dúbidas que xurdan no quefacer diario. Para realizar estes traballos precísanse persoas con experiencia neste tipo de tarefas de organización e descrición de fondos documentais de arquivos, polo que se estipula como requisito indispensable ter desfrutado con anterioridade de 2 ou máis bolsas completas das convocadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a organización e descrición de arquivos de interese galego. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Convócanse 3 bolsas para a coordinación e organización de fondos documentais de arquivos de interese galego, con cargo á aplicación orzamentaria 10.03.352B.480.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para 2001. O importe total das axudas en ningún caso excederá a cantidade de 3.648.000 ptas.

2. Os bolseiros realizarán o seu traballo nos centros arquivísticos de Galicia onde sexan destinados e nos arquivos que vaian coordinar.

3. Os traballos terán unha duración de 8 meses, a partir da data de incorporación que estableza a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

4. Os bolseiros seleccionados quedarán obrigados a:

-Dispoñibilidade horaria: o horario será o establecido polos servicios técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de acordo coas necesidades do seu traballo. En todo caso, o horario non excederá das 30 horas semanais.

-Segui-las indicacións técnicas da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

-Dispoñibilidade para desprazarse polos arquivos da provincia para os que sexan nomeados coordinadores.

-Entregarlles ós servicios técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, mensualmente, informe do traballo realizado e ó finaliza-la bolsa a memoria explicativa resultado do seu traballo.

Artigo 2º

1. Requisitos dos solicitantes:

-Ser licenciados universitarios con formación académica en historia, con coñecementos de arquivística e experiencia de traballo en arquivos.

-Ter desfrutado con anterioridade de 2 ou máis bolsas completas das convocadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a organización e descrición de arquivos de interese galego.

2. Presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse conforme o modelo oficial, que figura como anexo I desta orde, no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ou nas súas delegacións provinciais. O prazo de presentación será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, as solicitudes poderán, así mesmo, presentarse de calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

3. Documentación que hai que presentar:

Os solicitantes deberán xunta-la seguinte documentación:

-Anexo I debidamente cuberto e fotocopia dos méritos alegados. Só se contabilizarán aqueles méritos dos que se achegue proba documental.

-Fotocopia do DNI.

-Declaración responsable de non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta, situacións que producen incompatibilidade co desfrute da bolsa que nesta orde se convoca.

-Fotocopia compulsada do expediente académico.

4. Unha vez outorgadas as bolsas, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural poderalles solicitar ós seleccionados a presentación do orixinal ou fotocopia compulsada dos méritos alegados, que deberán ser presentados nun prazo non superior a tres días, contados a partir do momento do seu requirimento público.

5. En caso de renunciar á bolsa, os interesados deberán comunicarllo por escrito á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no prazo de tres días despois da notificación de concesión da bolsa nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nas súas delegacións provinciais. De non presentarse a renuncia no prazo estipulado quedará sen efecto o seu nomeamento e será motivo de exclusión na seguinte convocatoria.

A renuncia durante o desfrute da bolsa inhabilitará o seu adxudicatario para os efectos de presentación na seguinte convocatoria.

6. Serán causas de exclusión a demostración de falsidade documental, a non correspondencia cos orixinais ou incorrección na documentación presentada.

Artigo 3º

As bolsas serán adxudicadas para a coordinación e organización dos arquivos de Galicia que se relacionan no anexo II.

Artigo 4º

O importe de cada bolsa non excederá da cantidade dun millón duascentas dezaseis mil pesetas (1.216.000 ptas.)

Artigo 5º

1. Os correspondentes servicios técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo poderanlles reclamar, se fose necesario, ós solicitantes que emenden os defectos administrativos apreciados na documentación esixida, de acordo co artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, outorgándose un prazo de 10 días hábiles desde a notificación de requirimento.

2. A avaliación dos méritos alegados, que lle corresponde á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, farase segundo o seguinte baremo:

a) Licenciatura nunha universidade da Comunidade Autónoma de Galicia: 1 punto.

b) Experiencia de traballo:

-Traballo remunerado en organización e descrición de arquivos públicos municipais ou na elaboración do censo-guía. Por cada mes traballado: 0,75 puntos ata un máximo de 9 puntos.

-Traballo remunerado en organización e descrición noutro tipo de arquivos públicos. Por cada mes traballado: 0,50 puntos ata un máximo de 6 puntos.

-Traballo remunerado en organización e descrición de arquivos privados. Por cada mes traballado: 0,25 puntos ata un máximo de 3 puntos.

-Traballo non remunerado en organización e descrición de arquivos públicos ou privados con dirección técnica certificada. Por cada mes traballado: 0,10 puntos ata un máximo de 1,20 puntos.

c) Especialización:

-Especialidade universitaria en arquivística: 2 puntos.

-Máster en arquivística: 2 puntos.

-Certificado de escola-obradoiro en arquivística: 2 puntos.

d) Cursos de arquivística, diplomática, paleografía e historia das institucións:

-Con acreditación expresa de 100 horas ou máis de duración: 0,70 puntos ata un máximo de 2,40 puntos.

-Con acreditación expresa de 60 horas ou máis de duración: 0,50 puntos ata un máximo de 2 puntos.

-Con acreditación expresa de 40 horas ou máis de duración: 0,30 puntos, ata un máximo de 1,5 puntos.

-Con acreditación expresa entre 25 e 40 horas de duración: 0,20 puntos ata un máximo de 1 punto.

-Con duración entre 10 e 25 horas: 0,10 puntos ata un máximo de 0,80 puntos.

e) Congresos, xornadas e seminarios:

-Asistencia a congresos, xornadas ou seminarios de arquivística, diplomática, paleografía ou historia das institucións: 0,10 puntos ata un máximo de 1 punto.

-Presentación de comunicacións en congresos, xornadas ou seminarios sobre arquivística, diplomática, paleografía ou historia das institucións: 0,50 puntos ata un máximo de 2 puntos.

-Presentación de relatorios en congresos, xornadas ou seminarios sobre arquivística, diplomática, paleografía ou historia das institucións: 1 punto ata un máximo de 3 puntos.

f) Publicacións relacionadas coa arquivística, paleografía, diplomática e historia das institucións, impresas antes do remate do prazo de presentación de solicitudes:

-Por cada libro: 1 punto ata un máximo de 3 puntos.

-Por cada artigo en revista especializada: 0,25 puntos ata un máximo de 2 puntos.

-Pola publicación efectiva de inventarios ou catálogos: 0,25 puntos ata un máximo de 2 puntos.

Ós cursos e congresos non específicos que se acrediten deberá xuntárselle-los seus correspondentes programas.

O mesmo mérito só se valorará unha única vez: como comunicación, publicación ou asistencia a congresos.

g) Cursos de galego:

-Iniciación: 0,50 puntos.

-Iniciación e/ou perfeccionamento: 1 punto.

h) Cursos de informática:

-Informática en xeral: 0,10 puntos por curso ata un máximo de 1 punto.

-Informática aplicada ós arquivos: 0,25 puntos por curso ata un máximo de 1,50 puntos.

3. As listas provisionais de bolseiros faranse públicas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nos das súas delegacións provinciais. O prazo de exposición das listas será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, e durante os cales se poderán face-las alegacións pertinentes.

4. Serán convocadas a unha entrevista aquelas persoas que obtivesen, como mínimo, a puntuación establecida polos servicios técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. A dita entrevista será de contido técnico e terá carácter selectivo, valorándose especialmente a dispoñibilidade e facilidade para desprazarse ós centros. Terá unha puntuación máxima de 4 puntos.

5. A resolución da convocatoria correspóndelle ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo por proposta do director xeral de Patrimonio Cultural. O acordo farase público, para efectos de notificación ós interesados nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nos das súas delegacións provinciais, nun prazo que non excederá de tres meses tralo remate do prazo de presentación de solicitudes.

Calquera notificación ou requirimento ós interesados farase a través do taboleiro de anuncios da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nos das súas delegacións provinciais, dando así cumprimento ó disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

6. No suposto de que non recaese resolución expresa dentro do prazo máximo previsto, o sentido do silencio será negativo.

7. A resolución de adxudicación pon fin á vía administrativa, de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, e contra ela cabe interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado a partir da data da súa notificación ós interesados, ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados, así mesmo, desde a data de notificación.

8. Unha vez rematado o período de desfrute da bolsa, as persoas non seleccionadas poderán soli

cita-la devolución da documentación achegada. Transcorrido o prazo dun ano, procederase á eliminación da documentación non recollida.

Artigo 6º

O pagamento da bolsa axustarase á normativa orzamentaria de aplicación.

Ós adxudicatarios poderáselles requiri-la documentación necesaria para proceder ó pagamento da dita bolsa.

Artigo 7º

1. No caso de que os beneficiarios das bolsas incumprisen algunha das condicións ou obrigas estipuladas nesta orde, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo instruirá expediente sancionador conforme o previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e poderá mesmo anula-los beneficios concedidos e solicita-la devolución das cantidades percibidas, se as houbese, nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación.

2. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo expedirá, por petición dos interesados, ó remata-los traballos, logo do informe favorable dos servicios técnicos e da entrega dos informes correspondentes, certificación acreditativa da prestación de servicios.

3. As bolsas non implican relación funcionarial nin laboral coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nin compromiso que se estenda máis alá do seu ámbito de duración.

4. Os traballos resultantes serán propiedade da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. A súa utilización deberá contar coa autorización expresa e previa da dita consellería e do centro onde se realizaron os traballos.

Artigo 8º

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo poderá facer pública unha nova convocatoria en iguais ou diferentes termos, no caso de que as adxudicacións acordadas non cubrisen a totalidade do crédito asignado.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Patrimonio Cultural para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2001.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo