Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

ANUNCIO da aprobación do Plan parcial modificado Monte Devesa II.

O Concello Pleno, en sesión do día 28 de novembro do ano 2000, acordou aprobar, con carácter definitivo, o proxecto de modificación do Plan parcial Monte Devesa II. O que se fai público de conformidade co artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ó tempo que se advirte que o texto íntegro da normativa modificada do Plan parcial aprobado será publicado no BOP da Coruña.

Contra este acto de aprobación definitiva, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer, quen se considere lexitimado, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación do texto íntegro da normativa modificada no BOP.

Brión, 20 de decembro de 2000.

Luis García García

Alcalde