Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALFOZ

EDICTO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 15 de decembro de 2000, aprobou inicialmente o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá a adxudicación, por procedemento aberto, forma de adxudicación concurso, tramitación urxente, do contrato de consultoría e asistencia para a redacción do proxecto de ordenación do medio rural do concello de Alfoz, exponse ó público polo prazo de dez días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Anuncio de licitación.

Coas salvidades previstas no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anún

ciase simultaneamente co prego de condicións o correspondente concurso, aínda que, no suposto de producirse reclamacións contra aquel, o concurso se aprazará ata que as resolva a propia Comisión de Goberno.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Alfoz.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto de ordenación do medio rural do concello de Alfoz.

b) Lugar de execución: concello de Alfoz.

c) Prazo de execución: doce meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 9.400.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 188.000 pesetas.

Definitiva: 4 por 100 do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Alfoz.

b) Domicilio: A Seara, s/n.

c) Localidade e código postal: 27773 Alfoz.

d) Teléfono: 982 55 85 81.

e) Telefax: 982 55 85 04.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día anterior ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas.

Entregaranse na secretaría municipal durante o prazo de quince días naturais, das dez ás trece horas, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia

8. Documentación que hai que presentar.

A que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Proposicións.

As proposicións para tomar parte no concurso presentaranse en sobre pechado e asinado polo licitador ou persoa que o represente e no cal figurará, ademais do nome do licitador, o seguinte lema:

«Proposición para tomar parte na contratación por concurso para a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia técnica para a redacción do proxecto de ordenación do medio rural do concello de Alfoz».

10. Apertura de plicas.

Terá lugar ás doce horas do primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, non coincidente en sábado.

11. Outras informacións.

Nas oficinas do Concello de Alfoz.

12. Gastos.

O contratista queda obrigado ó pagamento do importe dos anuncios e de cantos outros gastos se ocasionen con motivo dos trámites preparatorios e de formalización do contrato, así como ó pagamento dos impostos que graven a adxudicación.

Alfoz, 18 de decembro de 2000.

Antonio Gómez Rigueira

Alcalde