Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2001 pola que se anuncia a apertura dunha nova convocatoria para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas futuras instalacións para a náutica recreativa do porto de Ares.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para o outorgamento de concesións administrativas de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas futuras instalacións para a náutica recreativa do porto de Ares, establecido na convocatoria publicada no DOG nº 109, do 6 de xuño de 2000, e atopándose vacantes prazas de amarre, anúnciase, de conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, a apertura dunha nova convocatoria pública para a presentación de solicitudes para estas prazas vacantes, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para o efecto, que estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na Praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e na sede da zona centro deste ente público, sita na avda.

Alférez Provisional, 1-1º, 15006 A Coruña.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ó de publicación desta resolución

no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de xuño de 2001.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral de Portos de Galicia, na sede central deste ente público, no enderezo antes mencionado.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito na citada sede central de Portos de Galicia as alegacións que consideren oportuno relativas a esta convocatoria.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia