Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2001 Páx. 688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 9 de novembro de 2000 polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico chamado Pena Grande.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 9 de novembro de 2000, do que a parte dispositiva é o seguinte texto literal:

1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal chamado parque eólico Pena Grande.

2. De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento do Concello de Muras queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria