Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2001 Páx. 685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 4 de decembro de 2000, do recadador de zona da Coruña, polo que se notifica o expediente de constrinximento contra a debedora que se sinala (García Castro, Celia).

O recadador da Xunta de Galicia titular da zona da Coruña, por medio do presente anuncio fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra a debedora que se sinala na lista que se xunta. No devandito expediente dictouse a dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade da debedora; dilixencia que non

puido ser notificada á interesada malia os intentos feitos nese sentido, a referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Todo o dito en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV-título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Do presente embargo tomarase nota no rexistro que corresponda a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición, no prazo de quince

días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación perante o servicio central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo de San Caetano de Santiago de Compostela ou reclamación económico-administrativa, perante o tribunal

da devandita xurisdicción, sen que se poidan simultanear ámbolos recursos.

A Coruña, 4 de decembro de 2000.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

InteresadoNIFData dilixenciaDescrición do ben

García Castro, Celia9-10-2000Predio rústico nº 3.893 R. Vilalba