Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2001 Páx. 684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2000, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun inmoble sito en Viveiro (Lugo), para instalar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comu

nidade Autónoma, e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das necesidades do servicio que hai que satisfacer xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun inmoble sito na rúa dos Foles nº 11-13, de Viveiro (Lugo), para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2000.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda