Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 632

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DO SALNÉS

ANUNCIO referente á convocatoria de probas de selección do persoal (Diario Oficial de Galicia número 243, do 18 de decembro de 2000).

A Fundación Pública Hospital do Salnés, de conformidade co establecido na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, fai público que a baremación do currículum vitae para tódalas categorías profesionais da convocatoria de probas de selección de persoal publicada no DOG nº 243, do 18 de decembro de 2000, está exposta no taboleiro de anuncios da fundación desde a dita data. A composición das mesas de selección para as diferentes categorías, farase pública no mesmo sitio, ó tempo de publicación das listas definitivas de admitidos ó proceso de selección.

As listaxes de admitidos ás probas de selección, tanto provisionais como definitivas exporanse ademais de na fundación pública, nas direccións provinciais do Sergas das catro provincias galegas, na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra, así como na páxina web do Sergas.

Vilagarcía de Arousa, 4 de xaneiro de 2001.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director da Fundación Pública Hospital do Salnés