Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 13 de decembro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador PO-0957-1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), notifícase ás persoas que se citan a continuación a resolución dos recursos de alzada dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os interesados dispoñen dun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á publicación deste edicto, para interpoñeren recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda, de conformidade co disposto nos artigos 8.1º e) e 14.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O expediente relacionado a seguir atópase ó dispor dos interesados na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Pontevedra, sita na r/ Palma nº 4 Vigo.

Nº de expediente: PO-0957-1999.

Denunciada: Nieves Padín Cabaleiro.

Enderezo: Eusebio Lago, 29-Cabral-Vigo-Ourense.

Precepto infrinxido: 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: sesenta e tres mil duascentas setenta e cinco pesetas (63.275 pesetas).

Recurso de alzada presentado o día: 26 de abril de 2000.

Resolución do recurso de alzada: desestimatorio, confirmando a resolución de sesenta e tres mil duascentas setenta e cinco pesetas (63.275 pesetas).

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño) as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda

galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. De non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 13 de decembro de 2000.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo