Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2001 Páx. 616

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CORCUBIÓN

EDICTO (171/2000).

Juan Francisco Riobó Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión.

Fai saber que neste xulgado se seguen autos de declaración de falecemento co nº 00171/2000, por instancia de Dolores Soneira Quintáns, para a declaración de falecemento de Avelino Soneira Toba, nacido en Xanzón (Muxía), o 30 de xaneiro de 1894. Era fillo de Antonio e de Juana, e co último enderezo coñecido en Xanzón-Moraime (Muxía), desde onde marchou para Arxentina sobre o ano 1910, sen que desde hai máis de setenta anos se tivesen noticias súas; se vivise nestas datas, o desaparecido tería 106 anos.

Para a súa inserción no DOG e demais publicacións par os fins previdos nos artigos 2042 e ss. 193 da Lei de axuizamento civil, en relación co artigo 193 e concordantes do Código Civil.

Dado en Corcubión o 21 de novembro de 2000.

Juan Fco. Riobó Fernández

Secretario