Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2001 Páx. 508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADERNE

EDICTO.

Aprobada polo Pleno do Concello de Paderne o 29 de novembro de 2000 a bandeira de Paderne do xeito que segue:

«Sobre pano branco a cabeza de xabarín da súa cor natural, linguada de vermello e de azul, a un tercio da hasta, con dúas vieiras de branco».

Exponse ó público por un mes no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios da casa do concello para efectos de presentación de alegacións. De non se presentaren estas, entenderase o acordo definitivo.

Paderne, 13 de decembro de 2000.

César Longo Queijo

Alcalde-presidente