Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2001 Páx. 498

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2001, dos tribunais 1 e 2, designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 14 de xuño), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 9 de xaneiro de 2001 polos tribunais 1 e 2 designados para xulga-lo

proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000, acordouse, de conformidade co disposto nas bases II.1.1 b) da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición se realizará o día 22 de xaneiro de 2001, ás 17 horas, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública sita na rúa de Madrid de Santiago de Compostela, en chamamento único. As portas de acceso abriranse para a realización do exame ás 16.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal e bolígrafo ou pluma estilográfica.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2001.

Jaime Bouzada RomeroDomingo Bello Janeiro

Presidente do tribunalPresidente do tribunal

número 1número 2