Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2001 Páx. 497

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 5 de decembro de 2000 pola que se convoca o V Curso Superior de Urbanismo.

Comprobados erros na expresada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 241, do día 14 de decembro de 2000, cómpre face-las seguintes correccións relativas exclusivamente á forma de pagamento para acceder ó referido curso:

No texto da devandita resolución (páxina 16.415), onde di: «O aboamento das cantidades aludidas efectuarase, mediante cheque nominativo ou transferencia, á conta corrente da EGAP da Caixa de Galicia na oficina de organismos de Santiago de Compostela, conta restrinxida nº 2091-03883110000520», debe dicir: «O aboamento das cantidades aludidas efectuarase mediante ingreso na conta corrente da EGAP da Caixa de Galicia na oficina de organismos de Santiago de Compostela, conta restrinxida número 2091-0388-95-3110000520».