Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2001 Páx. 453

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 306/2000, do 15 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en explotacións gandeiras.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 1717/1996, do 12 de xullo, establece o título de técnico en explotacións gandeiras e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na prác

tica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender que se requiren do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de decembro de dous mil,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para

as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico en explotacións gandeiras, regulado polo Real decreto 1717/1996, do 12 de xullo, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto, e as capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.- Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste título son as que se expresan no punto 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.- Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.- Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico, por ter superada a formación profesional específica de grao medio, teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato.

Artigo 7º.- Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, quince de decembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: explotacións gandeiras.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

* Realiza-las operacións de alimentación, manexo, hixiene e sanidade dos animais destinados á obtención de productos gandeiros ou de animais de compañía e experimentación, conseguindo a calidade esixida polo mercado, en condicións de seguridade e hixiene, e respectando e conservando o medio productivo.

* Manexar e manter en uso as instalacións, máquinas, equipos e materiais necesarios.

* Organizar e xestionar unha explotación gandeira.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Xestionar e administrar unha explotación gandeira mellorando as súas estructuras e comercializa-los productos coñecendo e cumprindo a normativa vixente.

* Controla-las instalacións e os equipos ó seu cargo e interpretar correctamente a información e os termos da linguaxe propia das operacións dos procesos de producción.

* Manexa-la maquinaria e os equipos das instalacións levando a cabo a súa correcta preparación e bo funcionamento e mantela en condicións idóneas para o seu uso, aplicando as medidas de seguridade e hixiene establecidas.

* Realizar correctamente as operacións de manexo e coidado dos animais de compañía, laboratorio e experimentación.

* Realizar axeitadamente o manexo individual e colectivo, nas diferentes fases productivas, das distintas especies gandeiras, así como as prácticas clínicas que se lle indiquen.

* Ter unha visión global e integrada das operacións de producción gandeira intensiva e relaciona-las fases do proceso productivo das diferentes especies, tendo en conta os obxectivos da producción.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Decidir con rapidez as medidas que se deben tomar ante unha avaría nas instalacións e equipos ou ante circunstancias meteorolóxicas ou ambientais adversas, levando a cabo as modificacións que procedan.

* Executar pequenas adaptacións tecnolóxicas temporais necesarias para facer posible a continuidade do traballo en situacións adversas.

* Detectar e transmitir con rapidez as posibles anomalías nas especies animais obxecto de producción e adopta-las medidas correctoras oportunas, así como executar aquelas que se lle indiquen.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo e, en especial, en operacións que esixan un elevado grao de coordinación entre os membros do equipo que as emprende, interpretando ordes e información, xerando instruccións claras con rapidez e informando e solicitando axuda ós membros que proceda do equipo cando se produzan continxencias na operación.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante coas ideas dos compañeiros e do persoal ó seu cargo.

* Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo normas establecidas ou precedentes definidos dentro do ámbito da súa competencia, consultando esas decisións cando as súas repercusións económicas ou de seguridade sexan importantes.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas relacionadas coa súa profesión.

* Executar un conxunto de accións de contido politécnico e/ou polifuncional de forma autónoma no marco das técnicas propias da súa profesión, segundo métodos establecidos.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais atinxidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Xestión e administración das instalacións de entidade limitada e, en xeral, en todas aquelas que sexan viables nun réxime de explotación familiar.

* Preparación, manexo, limpeza, acondicionamento e mantemento de uso de instalacións e equipos.

* Execución da preparación de reproductores, vixilancia e partes de cubrición, detección de celos, toma de datos e medidas para o control de rendementos, vixilancia de partos normais e realización dos partes correspondentes.

* Elaboración segundo especificacións, almacenamento, conservación e subministración de pensos, forraxes e subproductos para a alimentación do gando.

* Promoción e comercialización dos productos da explotación.

* Execución de tarefas de desinfección, desinsectación e desratización. Aplicación de medidas profilácticas e administración de productos terapéuticos. Implantación de marcas de identificación.

* Realización de operacións de ferra e doma de cabalos.

* Realización de operacións de adestramento de animais.

2.4. Unidades de competencia:

1. Organizar e xestionar unha explotación familiar agraria.

2. Preparar, manexar e manter en uso as instalacións, maquinaria e equipos da explotación agraria.

3. Realiza-las operacións de producción de animais para leite, carne, la e avicultura de posta.

4. Realiza-las operacións de manexo racional do gando.

5. Realizar operacións de producción e coidado de animais de laboratorio, experimentación e outros pequenos animais en animalarios e estabularios.

6. Realiza-las operacións clínicas e de coidado e manexo de animais de compañía.

7. Realiza-las operacións de ferra, doma e coidados básicos do cabalo e outros animais.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar e xestionar unha explotación familiar agraria:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Valora-la posibilidade de implantación ou incorporación dunha explotación en función da súa actividade e dos obxectivos de producción.* Selecciónase a forma xurídica de acceso á explotación tendo en conta as características das actividades que se van desenvolver.

* Realízase a análise previa á implantación valorando:-O réxime de tenza da terra (herdanza, compra, arrendamento, parcería).

-A estructura organizativa axeitada ós obxectivos de producción da explotación.
-A localización física e o ámbito de comercialización (zona, distancia, canles de distribución).
-Os plans de incorporación para agricultores novos establecidos polas diferentes administracións públicas.
-O estudio técnico económico tendo en conta:
-Viabilidade da explotación (marxe bruta e marxe neta).
-Necesidades de financiamento para a forma máis rendible.
-Rendibilidade dos investimentos.
-A posibilidade de subvencións e/ou axudas das administracións públicas.
* Determínase axeitadamente a composición dos recursos humanos necesarios, man de obra fixa, eventual, contratada temporal, así como a súa experiencia segundo as funcións e actividades da explotación.
* Establécense as necesidades de edificacións, instalacións, equipos e apeiros, tendo en conta as súas características técnicas e os labores/operacións que hai que realizar.

1.2.Organiza-lo plan xeral de actividades da explotación en función dos seus obxectivos e dos medios de producción dispoñibles.* Obtense e interprétase a documentación relativa ó sector e, en concreto, sobre a explotación familiar agraria.

* Na programación xeral establécese:-A rotación de cultivos na explotación.

-As especies e variedades que se van cultivar e/ou explotar.
-A man de obra necesaria para cumpri-los obxectivos da explotación.
-Os recursos materiais necesarios.
-As canles de comercialización dos productos.
-O programa de xestión técnico-económica da explotación.
* Prevese a axuda técnica que se ha de recibir.
* Formalízanse e envíanselles ós órganos de xestión técnica os documentos previamente establecidos.
* Téñense presentes as orientacións técnicas emitidas polo órgano de xestión para a nova planificación.
* Téñense en conta as directrices sobre política agraria e as esixencias do mercado.

1.3.Xestionar, organizar e formaliza-la documentación necesaria para a constitución ou incorporación a unha explotación.* Establécese un sistema de organización da información do sector axeitado, que proporcione a actualización sobre a situación técnico-económica da explotación.

* Identifícase e tramítase a documentación necesaria para a constitución ou incorporación á explotación (escrituras, rexistros, impostos) de acordo cos requisitos legais.

* Realízase a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade agraria de acordo coa lexislación vixente.

1.4.Realiza-la promoción e comercialización dos productos da explotación atendendo as súas esixencias e optimizando os recursos dispoñibles.* Na promoción e comercialización dos productos téñense en conta a capacidade productiva e os clientes potenciais (cooperativas, utilización na mesma explotación ou noutras explotacións).

* Selecciónanse e tipifícanse os productos para mellora-la calidade da oferta.

* Selecciónase o tipo de promoción que optimiza a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.
* Establécense relacións coas asociacións e/ou cooperativas de productores para a distribución dos productos ó mercado.

RealizaciónsCriterios de realización

1.5.Xestionar e organiza-la adquisición e almacenamento de materiais, productos, útiles e repostos propios da explotación.* Prevense coa antelación suficiente as necesidades de material, productos, útiles e repostos, atopándose dispoñibles en cantidade e calidade no momento da súa utilización.

* Efectúase o pedido correspondente comprobando á súa recepción que o material recibido se axusta en cantidade e calidade co solicitado.

* Compróbase que as embalaxes e os envases que protexen os productos se atopan en bo estado, sen danos que poidan condiciona-la súa calidade.
* A descarga lévase a cabo no lugar e modo axeitados de forma que as mercadorías e os materiais non sufran alteracións.
* Realízanse as operacións de manipulación e transporte cos medios axeitados, de forma que non se estraguen os productos, e aplicando as normas de seguridade e hixiene.
* Realízase a distribución dos medios de producción propios da explotación e dos productos adquiridos atendendo ás súas características e seguindo os criterios establecidos para acadar un óptimo aproveitamento do almacenamento dispoñible.
* Verifícase que os medios de producción propios da explotación se atopan na situación asignada e nas condicións que require cada un deles.

1.6.Negociar con provedores e clientes, buscando as condicións máis vantaxosas na adquisición de medios e venda de productos da explotación.* Téñense en conta na negociación cos provedores:-Os prezos de mercado.-Os prazos e as condicións de entrega.-A calidade dos productos.-As condicións de pagamento.
-Os medios de transporte, se procede.
-Os descontos en función do volume de pedido.
-O servicio posvenda do provedor.
* Nas condicións de comercialización dos productos da explotación téñense en conta:
-As marxes de beneficio.
-O prezo de custo.
-O tipo de cliente.
-O volume de venda.
-As condicións de cobramento e descontos.
-Os prazos de entrega.
-Os medios de transporte, se procede.
-A manipulación dos productos para almacenar ou envasar.
-A garantía e calidade.
* Desenvólvense e mantéñense boas relacións cos clientes.

1.7.Realizar en tempo e forma as accións derivadas das obrigas legais e das actividades productivas da explotación.* Establécese un plan de anotacións contables (contabilidade simple) tendo en conta as actividades que se pretenden desenvolver.

* Realízase a formalización dos documentos establecidos e a esixida pola normativa vixente de forma periódica e cumprindo os prazos.

* Cúmprese o calendario fiscal correspondente á actividade productiva desenvolvida.
* Realízanse en tempo e forma as obrigas legais sobre:
-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.
-Seguros sociais.
-Tipos de contratos.

1.8.Aplica-las normas de hixiene e seguridade persoal e no traballo e cumpri-las normas de protección do medio natural.* Compróbase que se cumpren as normas de hixiene establecidas en:-Locais e instalacións.-Manipulación dos productos.-Manexo de maquinaria, útiles e apeiros.
-Aplicación de productos fitosanitarios e desinfección de locais e instalacións.
-Equipo persoal de traballo.
* Durante a estadía na instalación, cúmprense as medidas de protección e precaución que indica a normativa vixente.
* Utilízanse correctamente o equipo de protección persoal e os medios dispoñibles para previr ou controla-los riscos, requiridos nalgúns labores/operacións e no manexo de maquinaria.
* Os labores realizados no traballo execútanse de acordo coas normas de seguridade específicas.
* Verifícase o cumprimento das normas establecidas sobre a protección do medio natural.
* Colócanse os materiais e productos de refugallo nos lugares asignados ó respecto, reciclándoos, tratándoos ou eliminándoos segundo a normativa vixente.

Dominio profesional.

-Medios de producción:

Trámites administrativos e de xestión para a organización e o mantemento dunha explotación agraria, ben realizados de maneira directa ou a través da utilización de servicios de persoas ou empresas especializadas. Documentación de carácter xeral: arquivos de clientes, provedores e concesionarios; información sobre evolución de prezos e mercados agropecuarios, fichas de almacén, plan de compras. Documentación de carácter administrativo: permisos e autorizacións en xeral e de circulación e inscrición de maquinaria; solicitudes de axudas e subvencións, formularios administrativos. Documentación contable: libros de contabilidade, facturas, albarás, notas de pedido e entrega, letras de cambio, cheques, inventarios e balances, formularios contables. Escrituras. Impostos de actividades económicas. Réxime de tenza da terra. Documentación fiscal e de persoal: declaracións fiscais, nóminas, retencións, IVE. Contratos: de persoal, de arrendamento, de parcería, de compravenda, de seguros, de

colleitas, formularios laborais. Fichas técnicas de cultivos con especificación de: fertilizantes, sementes, produccións e técnicas de producción recomendadas. Relación de equipos dispoñibles. Equipos de protección de instalacións. Almacéns, silos. Programas de reproducción de gando. Regulamentación sobre seguridade e hixiene no traballo.

-Productos ou resultados do traballo:

Xestión técnica e administrativa dunha explotación agropecuaria: declaracións e documentación fiscal, contabilidade. Análise de grupo de xestión de explotacións. Declaracións periódicas en materia fiscal e/ou administrativa para acceder a determinadas axudas e subvencións.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procedementos contables: Plan Xeral de Contabilidade. Procedementos de xestión técnica. Análise de grupos de xestión de explotacións.

Métodos de valoración de tempos e actividades. Procedementos de control, organización e administración de almacéns. Procedementos de promoción e comercialización de productos.

-Información utilizada e/ou xerada:

Información sobre prezos e mercados. Obrigas administrativas e fiscais, de persoal sobre salarios, seguridade e hixiene, contratos.

Revistas e outras publicacións especializadas. Textos legais. Ibertex e paquetes informáticos de nivel básico. Normativa de seguridade e hixiene no traballo.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Titulares de explotacións agropecuarias a título principal (ATP) ou non. Autónomos. Xefes de explotación. Provedores e clientes. Xestorías. Comunidades de bens. Cooperativas de cultivo. Sociedades Agrarias de Transformación (SAT). Agrupacións de comercialización. Mercos. Conserveiras. Casas comerciais de sementes, fertilizantes, pesticidas e productos sanitarios.

2.5.2. Unidade de competencia 2: preparar, manexar e manter en uso as instalacións, maquinaria e equipos da explotación agraria:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Controlar e supervisa-lo acondicionamento, limpeza, desinfección e desinsectación dos locais e instalacións de cría e/ou producción.* Compróbase que as instalacións e os locais se atopan libres de residuos, programando e/ou aplicando, en caso contrario, os procedementos de limpeza e desinfección/desinsectación necesarios.
* Os equipos de limpeza/desinfección/desinsectación prepáranse de acordo co labor que se vai realizar e seguindo as instruccións de traballo.
* Selecciónanse os productos de limpeza, desinfección e desinsectación, para aplicalos coa técnica adecuada e as doses indicadas.
* Prepáranse as camas do gando e acondiciónanse os locais seguindo o plan establecido previamente.
* Verifícase o estado da instalación eléctrica, da subministración de augas e dos sistemas de climatización das instalacións.
* Compróbase que a eliminación dos residuos e refugallos en locais e instalacións se leva a cabo no tempo e a forma indicados, depositándose nos sitios adecuados para cada un deles.

2.2.Realiza-lo mantemento de primeiro nivel das máquinas e equipos da explotación efectuando as operacións básicas de mecanizado, soldadura e montaxe/desmontaxe requiridas.* Efectúase a revisión dos tractores, maquinaria e equipos coa periodicidade indicada nos manuais de mantemento e operación, realizando as operacións de cambio e reposición de aceites e líquidos, de engraxamento, de substitución e limpeza de filtros e pezas e de lastrado de rodas.

* Compróbase que o taller está ordenado e as ferramentas dispoñibles para a súa inmediata utilización.

* Realízase un control continuo dos equipos e maquinaria e instalacións, detectando e identificando as avarías producidas e efectuando o seguimento dos gastos de mantemento e reparación.
* Substitúense os elementos avariados ou desgastados das máquinas, equipos e instalacións polos repostos adecuados.
* Compróbase que a maquinaria e os equipos, tralo seu uso, están en condicións para a súa próxima utilización.
* Selecciónanse os equipos e as ferramentas adecuados para efectua-las operacións de montaxe/desmontaxe e mecanizado (tradeado, limado, esmerilado, roscado e corte).
* Nas operacións básicas de soldadura eléctrica:
-Selecciónanse os equipos e as ferramentas axeitados ó material que se vai soldar.
-Regúlase a intensidade da corrente en función do electrodo e do material que se vai unir.
-Realízanse as conexións eléctricas á masa limpando as zonas de contacto.
-Prepáranse e límpanse os bordos que se van unir, situándoos á distancia adecuada ó tipo de soldadura e electrodo utilizado.
* Lévanse a cabo as operacións básicas e de mantemento de primeiro nivel dos equipos e máquinas, seguindo os manuais e fichas de mantemento e coa periodicidade indicada neles.

2.3.Preparar e manexa-los tractores, a maquinaria, equipos, instalacións e outros útiles da explotación para a súa utilización nos labores/operacións programados e para a circulación por vías públicas.* Selecciónanse, engánchanse e regúlanse os apeiros e maquinaria tendo en conta o labor que se vai realizar (preparación do solo, sementeira, fertilización, labores culturais, aplicación de fitosanitarios, colleita), controlándose o seu funcionamento e manexo en consonancia co que se consideran boas prácticas agrícolas.

* Regúlanse os equipos e as instalacións tendo en conta os plans e actividades da producción agraria.

* Prepáranse o tractor e a maquinaria adaptándoos e sinalizándoos convenientemente, cumprindo o código de circulación e a normativa complementaria referente á circulación de vehículos agrícolas por vías públicas.
* Realízase a selección, preparación e manexo da maquinaria, tractores, equipos e apeiros específicos, conforme os requisitos de cada labor e o ritmo de traballo establecido.
* Verifícase que se realiza adecuadamente o abastecemento dos productos (sementes, fertilizantes, fitosanitarios) que necesitan as máquinas na xornada de traballo, evitando as interrupcións e os tempos de espera.

2.4.Actuar baixo normas de seguridade durante a estancia nas instalacións e nas operacións con máquinas, equipos e ferramentas para previ-los riscos persoais e xerais.* Durante a estadía nas instalacións e no manexo de equipos e ferramentas, cúmprense as medidas de precaución e protección establecidas pola normativa ó respecto.

* Utilízanse correctamente os equipos de protección persoal requiridos para o traballo que se vai realizar.

RealizaciónsCriterios de realización

* Execútanse as tarefas realizadas coas máquinas, equipos e ferramentas de acordo coas normas de seguridade específicas para cada un deles.
* Lévase a cabo a manipulación de productos e materiais tomando as medidas de protección adecuadas a cada caso.
* En caso de accidente, aplícanse as técnicas sanitarias básicas e os primeiros auxilios rapidamente.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Tractores agrícolas e forestais, máquinas autopropulsadas e accionadas para o traballo do solo, para a implantación dos cultivos, para a distribución do fertilizante mineral e orgánico, para a rega, para a aplicación dos productos fitosanitarios, para a colleita de forraxes (herba seca, silo e palla), de grans e sementes, de tubérculos e raíces, de cultivos industriais e de froitas e hortalizas, para a carga, a descarga e o transporte de colleitas e materias primas, para a limpeza, clasificación e secado das colleitas e para a gandería (alimentación e extracción e conservación de productos gandeiros). Equipos e instrumentos de taller para mantemento e reparacións de tractores e máquinas, como bancos de traballo, depósitos de elevación e desprazamento, xogos de ferramentas, extractores, equipos de soldadura, fragua, trade, gatos hidráulicos, equipos de engraxamento, compresor e depósito para o almacenamento de combustibles e lubricantes. Máquinas, equipos e instalacións gandeiras.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Labores agrícolas e forestais realizados de conformidade coas necesidades do cultivo e en conformidade co que se consideran boas prácticas agrícolas. Operacións de manexo gandeiro realizadas en conformidade coas necesidades dos animais.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procedementos para o traballo con tractores agrícolas e máquinas autopropulsadas ou con motor térmico. Procedementos para o uso de maquinaria de traballo do solo. Procedementos de traballo para os equipos de distribución de fertilizantes e emendas, de sementeira, plantación e transplante, de rega, de aplicación de fitosanitarios e praguicidas, de colleita e de transporte. Métodos de uso e mantemento para as máquinas, equipos e instalacións fixas. Métodos de uso e mantemento dos equipos de muxidura e refrixeración do leite. Métodos para calibrar, axustar e manexa-las máquinas de acordo co estado da parcela (solo e cultivo) ou as necesidades do gando, para conseguir un traballo en conformidade co que se consideran boas prácticas agrícolas e gandeiras.

-Información utilizada e/ou xerada:

Manuais de servicio e de taller de tractores, máquinas e equipos e información técnica sobre prestacións de traballo. Sobre posibilidades e limitacións das máquinas que se van utilizar. Sobre procesos de man

temento de tractores e máquinas agrícolas e instalacións gandeiras. Normativa de seguridade e hixiene no traballo. Código da Circulación e normativa complementaria.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Xefe de explotación, empresarios e encargados das empresas para as que realiza os servicios. Operadores de tractores e máquinas agrícolas. Provedores de equipos e elementos funxibles necesarios para o funcionamento da explotación agraria.

2.5.3. Unidade de competencia 3: realiza-las operacións de producción de animais para leite, carne, la e avicultura de posta:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Preparar e conserva-los alimentos concentrados e volumétricos, así como realiza-la súa distribución e controla-lo seu consumo.* Prepárase e manéxase adecuadamente a maquinaria necesaria para a producción, preparación e conservación de forraxes.

* Realízanse os procesos da colleita e seca da herba seca e a ensilaxe para obter un producto de calidade.

* Elabóranse os pensos de acordo coas fórmulas establecidas para cada tipo de animais e o seu estado productivo.
* Subminístranse as doses correctas, levando a cabo a distribución dos alimentos de acordo cos horarios prefixados.
* Contrólase e compróbase que os alimentos distribuídos son consumidos por tódolos animais, detectando e corrixindo as alteracións producidas, se é o caso, e comunicando as posibles anomalías.
* Distribúense a herba seca, forraxes ou ensilaxes necesarias para cubri-las necesidades volumétricas segundo a raza e o estado do animal.

3.2.Detectar e comproba-lo estado de celo das femias reproductoras da explotación, controlando as operacións de cubrición e facendo que se realicen de forma que se cumpra o obxectivo de fecundación das femias.* Compróbase o celo das femias polos procedementos e medios definidos.

* Compróbase de visu que os sementais se atopan en condicións físicas e sanitarias adecuadas.

* Contrólase que a cubrición se executou correctamente, comprobando que as femias quedan cubertas.

* Prepáranse correctamente para seren aplicadas as doses seminais para cada especie animal segundo as instruccións recibidas.

* Utilízase o catéter adecuado e a técnica correcta para cada especie, depositando a dose no lugar correcto.
* Utilízase o material necesario en condicións correctas de hixiene, procedéndose tralo seu uso á limpeza e desinfección.

3.3.Controlar e asisti-los partos, vixiando o puerperio da femia e comprobando a expulsión dos líquidos puerperais, o seu comportamento e estado sanitario e o estado fisiolóxico das mamas.* Efectúase o seguimento das femias, previo ó parto, observando a súa conducta.

* Instálase a femia na parideira adecuada.

* Recoñécense de visu os síntomas do estado prodrómico do animal.

* Contrólase por observación directa se o desenvolvemento do parto é eutócico.

* Compróbase que o parto finalizou, observando que se expulsaron de forma completa as envolturas fetais.
* Confecciónanse os partes e as fichas da parideira segundo as instruccións preestablecidas.
* Contrólase de visu o estado sanitario xeral da parideira, detectando e corrixindo, se é o caso, as posibles anomalías.
* Compróbase que os líquidos puerperais teñen cheiro e cor normais.
* Compróbase que a segregación láctea das glándulas mamarias se produce con normalidade.
* Compróbase que o estado morfofisiolóxico das glándulas mamarias á exploración é normal.

3.4.Realiza-los labores de vixilancia e asistencia ás crías, comprobando o seu estado morfolóxico e sanitario, retirando ou non a cría da nai segundo a especie e comprobando que as crías maman correctamente.* Compróbase a normalidade dos nacidos, detectando as posibles malformacións, vixiando especialmente o estado do cordón umbilical.

* Procédese, se é o caso, á separación do neonato da femia, instalándoo correctamente, comprobando a temperatura e o acondicionamento do local e a alimentación.

* Se é o caso, procédese a pesar, tratar e marca-los neonatos seguindo as indicacións para o efecto, realizando cada operación segundo o requirido para cada especie.

* Compróbase que o neonato mama correctamente e, se é o caso, ensínaselle a facelo.

RealizaciónsCriterios de realización

3.5.Recoñecer de visu o estado sanitario do gando, executa-los tratamentos especificados e toma-las mostras para as análises indicadas na planificación sanitaria da explotación.* Compróbase o estado sanitario dos animais, detectando e comunicando as anomalías observadas.

* Contrólase que os baños antisárnicos se realizan na época e instalación adecuadas e cos productos establecidos ó respecto.

* Tómanse as medidas de illamento e vixilancia dos animais presuntamente enfermos.

* Tómanse as mostras nos animais que se determinen, cos materiais e equipos adecuados e na forma indicada.
* Aplícanse os tratamentos cos fármacos e productos indicados utilizando o material idóneo.
* Aplícanse as doses prescritas e polas vías indicadas.
* Elabóranse as fichas e os partes establecidos para o efecto seguindo as instruccións recibidas.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Cercas permanentes. Plataformas de carga, remolques e vehículos de transporte. Equipos de pesaxe. Básculas. Cepos. Pías, manxadoiras de concentrados (simples e automáticas), bebedoiros, anciños. Planing de cubricións anual, arneses marcadores, poldros de cubrición, equipos de conservación de seme, bombonas de nitróxeno líquido de distintos tamaños, neveiras e bombonas de transporte, catéteres e vaíñas de catéteres, pallas, termómetros, instrumental de manexo e aplicación de seme. Insecticidas, parasiticidas, desinfectantes, equipos de desinfección e de desinsectación (manuais, automáticos e de presión), duchas e baños antiparasitarios. Vacinas (liofilizadas e en suspensión), fármacos, cánulas, vendas, gasas, material de aplicación de fármacos e productos sanitarios: xiringas (manuais, automáticas, dun só uso), pistolas dosificadoras, trocares, sondas nasoesofáxicas, equipos de goteo. Partes de envío de mostras, equipos de necropsia (coitelos, pinzas, tesoiras), recipientes para

recolla de mostras (bolsas de plástico, botes de cristal), neveiras portátiles, vacutainer, esterilizadores de calor e de luz ultravioleta (UV), lámpadas de calor, calefactores. Almacéns de pensos. Animais de diferentes idades, sexo e peso. Aloxamentos para o gando.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Animais reproductores seleccionados. Animais para vida, lecer e experimentación. Animais para sacrificio. Ovos de diferentes especies avícolas. Leite, la e outros productos gandeiros.

-Procesos, métodos e procedementos:

Operacións de selección e reproducción das diferentes especies animais. Operacións e procedementos de hixiene e sanidade animal. Procedementos de alimentación animal. Procedementos de cría. Técnicas de toma de mostras biolóxicas.

-Información utilizada e/ou xerada:

Xenética e reproducción animal. Técnicas sobre pensos, materias primas para a súa fabricación e sobre alimentación animal. Anatomía e fisioloxía animal.

Sanidade e terapéutica animal. Lexislación e normativa sobre as axudas da Unión Europea (UE) á gandería. Partes e fichas de producción.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Explotacións gandeiras. Empresas de servicios gandeiros de fabricación de pensos, de almacenamento de productos de sanidade animal, de recolección e envasado de ovos, de comercialización de productos gandeiros. Autónomos de explotacións gandeiras. Sociedades cooperativas. Sociedades Agrarias de Transformación (SAT). Comunidades de bens. Entradores. Persoal ó servicio de matadoiros.

2.5.4. Unidade de competencia 4: realiza-las operacións de manexo racional do gando.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Realiza-la marcaxe e identificación dos animais en época e forma adecuada.* Selecciónase e utilízase o material adecuado, tendo en conta o tipo de operación que se vai realizar.
* Determínase o sistema de identificación idóneo para cada tipo de animal que se debe marcar e a época oportuna.
* Implántanse as marcas nos animais no lugar adecuado e do xeito correcto.

4.2.Agrupa-los animais por lotes atendendo á idade, peso e estado reproductor, sanitario e productivo, co fin de realiza-lo seu manexo e alimentación adecuadamente.* Efectúase o agrupamento dos animais mediante o control de idade, da pesaxe e o seu tamaño.

* Contrólase o estado reproductor dos animais para o seu agrupamento en lotes.

* Compróbase o estado sanitario dos animais para separa-los enfermos e realiza-los tratamentos oportunos.

* Establécense os lotes tendo en conta:
-Superficie necesaria por cabeza.
-Metros lineais de comedeiras e bebedeiros por cabeza.
-Estado productivo dos animais.

4.3.Realiza-las operacións de muxidura, co equipo axeitado e seguindo o procedemento establecido segundo a especie animal.* Compróbase que as instalacións de muxidura, nivel de baleiro e tanques de almacenamento do leite están limpos e en perfectas condicións de uso.

* Introdúcense os animais na instalación, segundo lotes de producción, inmobilizándoos de forma adecuada.

* Lávanse e sécanse os ubres de acordo co procedemento establecido.
* Colócanselle os protectores dos tetos adecuados ó animal que se vai muxir, na forma correcta e seguindo o manual de instruccións.
* Verifícase que o baldeiramento da mama finalizou.
* Sélanse os tetos mediante baño ou pulverización de acordo co procedemento establecido.
* Compróbase que o leite foi almacenado correctamente e que o equipo de almacenamento deste está en perfectas condicións hixiénicas e de uso.
* Contrólase que o arrefecemento do leite se realiza á temperatura indicada no manual de instruccións.
* Realízanse as operacións de limpeza, desinfección e hixienización das instalacións de muxidura e almacenamento do leite, seguindo o procedemento establecido.
* Compróbase que a temperatura da auga que circula polos tubos e tanques de frío é a indicada no manual de procedemento.
* Compróbase a producción individualizada de cada animal, elaborando as fichas de control de producción de leite segundo as instruccións recibidas.
* Realízase o secado do animal correctamente nos lotes que se deixaron de muxir.

4.4.Realiza-las operacións de desraba, esmouca, capa e rapa.* Selecciónanse e manéxanse correctamente os materiais e instrumentos necesarios segundo o tipo de operación que se debe realizar.
* Elíxense e apártanse os animais sobre os que se vai actuar.
* Inmobilízanse correctamente os animais en función da operación que se vai realizar.
* Compróbase que as operacións se executan coas técnicas establecidas e do xeito correcto.
* Compróbase que a evolución xeral dos animais tras estas operacións é normal.
* Contrólase que os baños antisárnicos se realizan na época e instalación adecuada e cos productos previamente prescritos.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Utensilios para identificar e marca-lo gando: ferros, marcas con fogo, marcas con nitróxeno líquido, crotais (metálicos e de plástico), chips electrónicos, pinturas. Cercas permanentes e móbiles, mangas. Equipos de pesaxe (básculas manuais, automáticas e electrónicas), cepos de inmobilización. Muxidoras, tanques de refrixeración de leite. Tosquiadoras (manuais e mecánicas), emasculadores, esmoucadores, cauterizadores, aneis de goma e tenaces de aplicación. Almacéns de pensos. Aloxamentos do gando. Animais de diferentes idades, sexo e peso.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Leite de diferentes especies productoras. La. Outros productos.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procedementos de marcaxe de animais. Técnicas, métodos e procedementos de rapa, desraba, escorna e capa. Técnica, métodos e procedementos de muxidura. Técnicas e procedementos para agrupar animais.

-Información utilizada e/ou xerada:

Anatomía e fisioloxía animal. Requisitos que deben cumpri-las instalacións gandeiras e a maquinaria necesarias para unha producción apropiada. Normativa sobre impacto ambiental das instalacións gandeiras. Lexislación e normativa sobre as axudas da Unión Europea (UE) á gandería. Técnicas de manexo de animais.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Explotacións gandeiras. Empresas de servicios gandeiros de fabricación de pensos, de almacenamento de productos de sanidade animal, de comercialización de productos gandeiros. Autónomos de explotacións gandeiras. Sociedades cooperativas. Sociedades Agrarias de Transformación (SAT). Comunidades de bens.

2.5.5. Unidade de competencia 5: realizar operacións de producción e coidado de animais de laboratorio, experimentación e outros pequenos animais en animalarios e estabularios.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Realiza-la recepción, marcaxe e identificación dos animais de experimentación e de pequenos animais.* Cóbrense adecuadamente as fichas de recepción dos animais, comprobando que coinciden co solicitado e que a súa manipulación e transporte foron os adecuados.
* Detéctanse e notifícanse as posibles anomalías nos animais que chegan ó animalario.
* Alóxanse os animais no lugar e instalacións axeitados segundo a especie.
* Compróbase e realízase a identificación e marcaxe dos animais seguindo a técnica axeitada a cada especie.
* Lévase o animal á instalación de corentena adecuada na especie que se vai tratar.
* Procédese, inmediatamente, trala recepción, a subministrárlle-la alimentación adecuada ós animais.

5.2.Realiza-las operacións de control ambiental nas instalacións do animalario ou estabulario, así como o mantemento en uso dos equipos e materiais empregados nel.* Cóbrense as fichas que reflictan as condicións ambientais, seguindo os protocolos establecidos ó respecto.

* Execútanse as correccións pertinentes, de forma que os valores da humidade relativa do aire, a temperatura e a presión sexan as adecuadas en cada momento.

RealizaciónsCriterios de realización

* A conservación, limpeza, desinfección, esterilización, de se-lo caso, e o almacenamento do material e equipos son as axeitadas, realizándose seguindo os procedementos definidos para cada operación.
* Cúmprese cos dictados dunhas boas prácticas de laboratorio e coas especificacións de uso dos equipos utilizados.
* Lévase a cabo a práctica de saneamento ambiental, segundo o protocolo establecido.
* Compróbase que se cumpran as normas de hixiene e control sanitario establecidas.

5.3.Realiza-las operacións de alimentación dos animais atendendo ás instruccións recibidas segundo as distintas especies animais de que se trate.* Adminístranse as racións e doses recomendadas de alimento a cada especie animal, levando a cabo a súa distribución de acordo co horario prefixado.

* Contrólase o consumo do alimento polos animais detectando e comunicando as posibles anomalías.

* Contrólase a calidade dos pensos e/ou dietas previamente á súa administración e os tratamentos de pasteurización ou esterilización, se é o caso, segundo o protocolo establecido.

5.4.Controla-lo proceso reproductivo dos animais que se deben multiplicar no animalario, aplicando as técnicas máis avanzadas.* Mantéñense os tempos requiridos por cada especie ós machos e femias nas gaiolas e instalacións de apareamento, de forma que quede cuberto o tempo de celo.

* Compróbase que os partos finalizaron e que se expulsaron completamente as envolturas fetais.

* Mantéñense as femias en contacto coas crías o tempo que requira cada especie, para que quede cuberto suficientemente o período de lactación.
* Compróbase o sexo dos neonatos e a homoxeneización da poboación nas especies que o requiran.
* Realízase a desteta dos animais no momento indicado e a distribución da poboación reproductora tralo debate no espacio asignado, enchendo as fichas de stock por sexo, peso e idade.
* Lévase a cabo unha identificación por sexos dos animais, agrupándoos segundo esta trala desteta.

5.5.Realiza-las prácticas clínicas que se determinen seguindo as indicacións ó respecto.* Compróbase de visu o estado sanitario dos animais, detectando e notificando as posibles anomalías.

* Tómanse as medidas de illamento e vixilancia dos animais que o requiran, adecuadas a cada especie en tratamento.

* Tómanse as mostras biolóxicas dos animais que se determinen, utilizando os materiais e equipos adecuados e seguindo estrictamente as instruccións recibidas.
* As mostras son acondicionadas para que no seu transporte ó lugar do seu estudio non sufran ningunha alteración.
* Aplícanse os fármacos e productos de tratamento, de acordo coas doses prescritas e utilizando a vía de administración indicada.
* Énchense as fichas establecidas no protocolo do animalario referentes ó seguimento dos datos clínicos dos animais.
* Realízanse de forma adecuada as técnicas de preanestesia establecidas así como a axuda pertinente en intervencións ós animais.
* A eutanasia e eliminación de cadáveres execútase segundo o protocolo establecido e seguindo a técnica adecuada, comprobándose que o animal morre efectivamente e sen sufrimento.
* O cadáver que se debe eliminar acondiciónase no envase adecuado ata o seu traslado ó sistema elixido de eliminación (incineración, inhumación).

Dominio profesional

-Medios de producción:

Termómetros. Higrómetro. Filtros dos sistemas de aire acondicionado. Sensores de hixiene ambiental. Fotómetros. Barómetros. Esclusas de illamento de zonas limpas e sucias. Pediluvios enxoitos. Salas de corentena. Gaiolas de transporte de diversos tipos. Chips e outros elementos de marcaxe e identificación.

Gaiolas de reproducción e gaiolas de parideira. Cepos. Lazos. Gaiolas de inmobilización. Luvas. Máscaras. Armarios portagaiolas e portacubetas. Gaiolas. Bozos. Coleiras. Cubetas. Bebedoiros de diversos tipos, pensos. Depósitos de almacenamento de pensos. Manxadoiras. Gradicelas. Bandexas. Leitos. Camas. Armarios de illamento. Campás de luz ultravioleta (UV). Incubadoras. Campá de histerectomía. Campás de inmobilización. Gaiolas metabólicas. Material diverso de clínica. Tubos e envases para mostras. Autoclave. Material de limpeza e desinfección. Productos de limpeza específicos. Aspiradora. Queimadores de pelo. Trampas de insectos. Cepillos. Lavadoras e túneles de lavado. Fármacos, vacinas e material para a súa administración. Mesa de cirurxía. Ordenadores. Fichas clínicas. Recipientes para toma de mostras. Sistemas de bebida automática. Forno crematorio. Campás de fluxo laminar. Centrifugadora. Estufa bacteriolóxica.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Animais de experimentación en adecuado estado sanitario. Instalacións de animalarios e estabularios en adecuadas condicións de uso, segundo a lexislación vixente. Animais solicitados por outros centros de experimentación.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procesos de mantemento das necesidades ambientais do animalario. Deseño de instalacións. Procesos de limpeza e mantemento en uso dos materiais e instalacións. Normas de uso e almacenamento de material usual e de materiais e equipos complexos. Boas prácticas de laboratorio. Procesos de conservación de alimentos e pensos para animais de experimentación e outros pequenos animais. Procesos de nutrición animal. Procedementos de manexo de animais de experimentación e outros pequenos animais. Procedementos e técnicas de extracción e toma de mostras en animais de experimentación e outros pequenos animais. Procesos de acondicionamento e transporte de mostras biolóxicas. Procesos e métodos de dosificación de fármacos e técnicas de administración. Procesos de conservación e tratamento de dietas e pensos.

-Información utilizada e/ou xerada:

Benestar animal. Anatomía e fisioloxía animal. Ciclos reproductivos das especies que se vaian tratar en animalarios. Alimentación animal e de elaboración de dietas. Sobre fármacos para anestesia e eutanasia. Vías de administración de fármacos. Tipos de material diverso e instalacións de animalarios e estabularios. Técnicas cirúrxicas.

Formularios e fichas informatizadas de recepción, de condicións ambientais, de datos clínicos e de producción. Lexislación relativa á protección dos animais utilizados para experimentación e doutros pequenos animais e outros fins científicos. Normativa sobre eliminación de residuos e protección ambiental.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Persoal de animalarios e estabularios. Establecementos públicos e privados de cría e subministración. Institucións sanitarias e de investigación animal. Centros de investigación de universidades, hospitais, labo

ratorios farmacéuticos. Centro Superior de Investigacións Científicas. Granxas productoras de animais de experimentación e outros pequenos animais. Empresas subministradoras de material e equipamentos.

2.5.6. Unidade de competencia 6: realiza-las operacións clínicas e de coidado e manexo en animais de compañía.

RealizaciónsCriterios de realización

6.1.Realiza-lo control do historial clínico dos animais de compañía baixo o seu coidado.* Actualízase o ficheiro das historias clínicas dos animais de compañía ós que se realizan coidados periódicos.

* Comunícanselles ós clientes as épocas de vacinacións obrigatorias e aconsellables.

* Lévase a cabo o seguimento dos tratamentos prescritos segundo os animais que se vaian tratar.

6.2.Preparar, manexar e manter en uso as instalacións e o instrumental clínico e cirúrxico utilizados en función das técnicas que se vaian aplicar.* As mesas para exame dos animais están en óptimas condicións hixiénicas e cumpren coas condicións prescritas.

* Selecciónanse e prepáranse axeitadamente os instrumentos e materiais que se van utilizar, de acordo coa operación que se vaia realizar e as instruccións de traballo.

* A conservación, limpeza, desinfección, esterilización, se é o caso, e o almacenamento do material e instrumental clínico son as axeitadas, realizándose conforme os procedementos definidos para cada operación.
* Os recipientes e instrumentos para a toma de mostras biolóxicas están en perfectas condicións de uso e son os establecidos para a operación.
* Compróbase que as instalacións cumpren coas medidas de protección e hixiene establecidas pola normativa ó respecto.

6.3.Preparar e inmobiliza-los animais para o seu recoñecemento ou outras posibles intervencións, tomando as mostras prescritas.* Prepáranse os bozos, lazos e outros instrumentos necesarios para a inmobilización dos animais de forma que as condicións de seguridade durante o traballo que se vai realizar sexa máxima, tanto para os animais coma para o persoal.
* Prepárase axeitadamente o animal para a súa posterior intervención.
* Tómanse, prepáranse e acondiciónanse as mostras de forma que se asegure o seu correcto envío ó laboratorio.
* Os recipientes e instrumentos para a toma de mostras biolóxicas están en perfectas condicións de uso e son os establecidos para a operación que se debe realizar.

6.4.Aplica-los tratamentos prescritos na forma e nos días indicados.* Prepárase para a súa utilización o material necesario para levar a cabo os tratamentos indicados.
* Compróbase que a auga utilizada nas distintas operacións cumpre os requisitos de calidade química prescritos.
* Realízanse os controis periódicos preestablecidos no postoperatorio para comprobar que segue o seu curso normal.
* Realízanse os tratamentos prescritos seguindo os protocolos e as normas establecidas para cada tipo de tratamento e na forma indicada.
* Aplícanse os tratamentos coa periodicidade indicada e na dose prescrita para cada tipo de animal seguindo as normas técnicas adecuadas a cada caso.

6.5.Realiza-las operacións de corte de unllas, penteado e baño hixiénico dos animais.* Prepárase o material necesario para a realización das distintas operacións.

* Realízanse as operacións de penteado, corte de unllas e baño hixiénico, utilizando os productos adecuados conforme o tratamento prescrito e tipo de animal que se vaia tratar.

* As instalacións e os equipos cumpren as normas de seguridade.

6.6.Realiza-la distribución de alimentos e controla-lo seu consumo seguindo o procedemento establecido para cada especie.* Subminístranse as doses correctas, levando a cabo a distribución dos alimentos de acordo cos horarios prefixados.

* Contrólase e compróbase que os alimentos distribuídos os consomen tódolos animais, detectando, corrixindo, se é o caso, e comunicando as posibles anomalías.

* Cóbrese a ficha-control da alimentación establecida para cada tipo de animal, seguindo o protocolo definido.

6.7.Detectar e comproba-lo estado de celo das femias reproductoras, controlando as operacións de cubrición.* Compróbase o celo das femias polos procedementos e medios definidos.

* Compróbase de visu que os sementais se atopan en condicións físicas e sanitarias adecuadas.

RealizaciónsCriterios de realización

* Contrólase que a cubrición se executou correctamente, comprobando que as femias quedan cubertas.
* Utilízase o material necesario en condicións correctas de hixiene, procedéndose tralo seu uso á súa limpeza e desinfección.

6.8.Asistir e controla-los partos, vixiando o puerperio da femia e comprobando a expulsión dos líquidos puerperais, o seu comportamento e estado sanitario, así como o estado fisiolóxico das mamas.* Efectúase o seguimento das femias, previamente ó parto, observando a súa conducta.

* Instálase a femia no lugar axeitado.

* Recoñécese de visu os síntomas do estado prodrómico do animal.

* Contrólase por observación directa se o desenvolvemento do parto é eutócico.

* Compróbase que o parto finalizou, observando que se expulsaron de forma completa as envolturas fetais.

* Confecciónanse os partes e fichas da parideira segundo as instruccións preestablecidas.
* Contrólase de visu o estado sanitario xeral da parideira, detectando e corrixindo, de se-lo caso, as posibles anomalías.
* Compróbase que os líquidos puerperais teñen cheiro e cor normais.
* Compróbase que a segregación láctea das glándulas mamarias se produce con normalidade.
* Compróbase que o estado morfofisiolóxico das glándulas mamarias na exploración é normal.

Dominio profesional

-Medios de producción e/ou tratamento da información:

Termómetros. Higrómetro. Filtros dos sistemas de aire acondicionado. Sensores de hixiene ambiental. Fotómetros. Barómetros. Esclusas de illamento de zonas limpas e sucias. Pediluvios enxoitos. Gaiolas de transporte de diversos tipos. Chips e outros elementos de marcaxe e identificación. Gaiolas de reproducción e gaiolas de parideira. Cepos. Lazos. Gaiolas de inmobilización. Luvas. Máscaras. Armarios porta-gaiolas e porta-cubetas. Gaiolas. Bozos. Coleiras. Cubetas. Bebedoiros de diversos tipos, pensos. Depósitos de almacenamento de pensos. Manxadoiras. Gradicelas. Bandexas. Leitos. Camas. Armarios de illamento. Campás de luz ultravioleta (UV). Incubadoras. Campá de histerectomía. Campás de inmobilización. Gaiolas metabólicas. Material diverso de clínica. Tubos e envases para mostras. Autoclave. Material de limpeza e desinfección. Productos de limpeza específicos. Aspiradora. Queimadores de pelo. Trampas de insectos. Cepillos. Lavadoras e túneles de lavado. Fármacos, vacinas e material

para a súa administración. Mesa de cirurxía. Ordenadores. Fichas clínicas. Recipientes para toma de mostras. Baños. Instrumental de perruquería. Antiparasitarios. Locais para criar e reproducción.

-Productos ou resultados do traballo:

Animais de compañía en perfecto estado sanitario. Producción de animais solicitados por distintos centros.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procesos de limpeza e mantemento para o correcto funcionamento de clínicas veterinarias e de centros de cría e reproducción de animais de compañía. Procedementos de manexo de animais de compañía. Procesos de alimentación animal. Procedementos e técnicas de extracción e toma de mostras en animais

de compañía. Procesos de acondicionamento e transporte de mostras biolóxicas. Procesos e métodos de dosificación de fármacos e técnicas de administración.

-Información utilizada e/ou xerada:

Etoloxía animal. Distintas razas e aptitudes de animais de compañía. Anatomía e fisioloxía animal. Alimentación animal e de elaboración de dietas. Sobre fármacos para anestesia e eutanasia. Vías de administración de fármacos. Tipos de material diverso e instalacións de animalarios e cortes. Técnicas cirúrxicas. Partes e fichas de recepción, de condicións, ambientais, de datos clínicos e de producción. Lexislación relativa á protección dos animais domésticos nas comunidades autónomas, estatal e na Unión Europea (EU). Normativa sobre eliminación de residuos e protección ambiental.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Establecementos públicos e privados de cría e subministración. Institucións sanitarias e de investigación animal. Centros de investigación de universidades, hospitais, laboratorios farmacéuticos... Centro Superior de Investigacións Científicas. Empresas subministradoras de material e equipamento. Persoal de clínicas veterinarias, de centros de coidado, cría e reproducción de animais domésticos.

2.5.7. Unidade de competencia 7: realiza-las operacións de ferra, doma e coidados básicos do cabalo e outros animais:

RealizaciónsCriterios de realización

7.1.Realiza-las operacións de coidados básicos do cabalo e/ou doutros animais e o mantemento de instalacións, cortes e equipos.* Compróbase o comportamento e as reaccións dos animais ante distintas situacións.

* Evítanse os perigos propios das distintas reaccións anormais.

* Aplícase a alimentación adecuada a cada tipo de actividade.

* Realízanse os coidados necesarios na corte e en exercicio.
* Explórase o animal para determinar se presenta cansazo, lesións ou alteracións físicas.

7.2.Elixir e prepara-lo material e os equipos para a ferra e a súa utilización no momento requirido.* Sométese o material e os equipos de ferra á limpeza adecuada.

* O material elixido está en estado correcto desde o punto de vista da súa integridade física e a súa funcionalidade.

* Ordénase e disponse o material de forma que a súa localización no momento no que vaia ser empregado sexa inmediata.

7.3.Examina-lo casco e explora-la verticalidade das extremidades do animal sobre as que se vai actuar.* Realízanse as observacións da verticalidade e do casco desde as posicións correctas.

* Compróbase a normalidade na verticalidade do animal.

* Recoñécense de forma adecuada e certeira os defectos da verticalidade.
* Recoñécese o estado sanitario do casco observando se hai putrefacción da ranilla ou algunha outra anomalía.

7.4.Realiza-lo proceso de desferra quitando de forma adecuada os remaches e as ferraduras.* Actúase sobre os remaches de xeito que estes queden en disposición paralela á tapa.

* A tapa, trala operación, queda íntegra sen sufrir rachadelas nin roturas.

* As tenaces sitúanse no calo interno facendo o movemento de desremachado correcto apoiando sempre a boca da tenaces sobre a ferradura.

7.5.Prepara-lo casco como actividade previa á colocación da ferradura, deixándoo en disposición de realiza-la operación de ferra.* Compróbase que a ranilla se conserva en bo estado.

* As lagoas laterais están abertas, limpas e desbastadas adecuadamente.

* A tapa está nun nivel superior ó da planta.

* Nivélase a palma realizando as correccións que proceda, seguindo o procedemento establecido.
* O contorno do casco é o adecuado, procedéndose, de se-lo caso, ás correccións oportunas.
* Respéctanse os candados ou barras.
* Compróbase que, unha vez preparado o casco, o seu asento no chan é o correcto.

RealizaciónsCriterios de realización

7.6.Elixir, preparar e coloca-la ferradura tendo en conta a actividade que vaia ser desenvolvida polo animal, utilizando o material e os instrumentos adecuados.* Elíxese o tipo de ferra de acordo coas actividades que o animal deberá desenvolver, tendo en conta o estado fisiolóxico e a situación do casco e a verticalidade do animal.

* A ferradura elixida é algo maior có casco, permitindo que este teña unha abertura axeitada, non incorrendo no erro de adapta-lo casco á ferradura.

* Elíxese a ferradura de acordo coa actividade que vaia realiza-lo animal, así como co terreo sobre o que se vai desenvolver.
* Realízase correctamente o peche ou a apertura da ferradura na forxa.
* A ferradura sobresae, aséntase adecuadamente no casco e non se asenta (contacta) coa palma.
* Os cravos elixidos son os adecuados para o casco en canto a dimensións, grosor e estado da tapa.
* Os cravos perforan a tapa á distancia adecuada desde o asento da ferradura e están todos á mesma distancia, quedando os remaches asentados sobre a parede da tapa.
* As cabezas dos cravos están encaixadas na craveira e sobresaíndo dela uns dous milímetros.
* O cravo introduciuse na tapa tomando como límite a liña branca ou sabugueiro, para que non se manque o animal ó introduci-los cravos.
* Obsérvase que a verticalidade é a correcta e que a mobilidade do animal é axeitada; non se detecta ningún síntoma de coxeira.

7.7.Realiza-lo adestramento de animais e o básico do cabalo ata a aceptación por el da monta, o bocado e as axudas.* Lévase a cabo de forma adecuada o amansamento do animal ata consegui-la aceptación do home, comprobando que se deixa tocar en tódalas zonas da súa anatomía, e mesmo permite que lle ergan as extremidades e coloca-las ferraduras.
* Realízanse correctamente as operacións adecuadas para conseguir que o animal acepte os traballos á corda, incluíndo as flexións e a presentación, mesmo coa montura posta.
* Realízanse correctamente as operacións adecuadas para conseguir que o animal acepte a montura e a embocadura.
* Realízanse correctamente as operacións adecuadas para conseguir que o animal acepte o xinete e, de se-lo caso, as axudas.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Mazo de nailon, coitela de corte e tenaces de corte. Puxavante para ferra con auxiliar. Legras para ferra sen auxiliar. Limas grosas, pasador, talladeiras, rañurador, cortatalón. Ferraduras de distintos tipos: de man, de pé, distintos tamaños e materiais. Cravos, martelos, tenaces de remachar, tenaces de desferrar. Martelo de ferra tipo inglés. Fragua, carbón, caxato, martelo de forxa, mandil, tenaces de forxa. Bigornia, martelo para acanaladura, punteiro, espeto, tenaces de desferrar, mazo de nailon, coitela para remache, martelo de nailon, coitela desbastadora ou de corte, tenaces de corte, remachador ou tenaces de remachar, legras de distintos tipos (oval, monofío, de dobre fío), pedra de afiar, escarvacascos de varios tipos. Banco de ferrar. Coitela de desremachar. Cordas, cabezal, embocaduras, diversos tipos de monturas. Cortes. Aloxamentos. Instalacións e equipos.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Animais ferrados, domados e adestrados nos seus aspectos básicos.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas e procedementos de inmobilización de équidos. Diversos tipos e técnicas de ferra de équi

dos: normal e ortopédico, en frío e a fogo, cun só operario e con auxiliar. Procesos de amansamento, doma e adestramento.

-Información utilizada e/ou xerada:

Anatomía, fisioloxía e funcionalidade das extremidades dos équidos. Equipos e materiais empregados na inmobilización e a ferra de équidos. Técnicas de doma e adestramento.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Gandeiros de équidos. Instalacións deportivas/recreativas. Hipódromos, picadeiros. Adestradores de animais.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

A rapidez na evolución previsible dos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos, está fortemente condicionada polas decisións que se tomen nos diferentes países en política agraria, derivadas do grao de posta en práctica dos acordos do Acordo Xeral de Aranceis e Comercio (GATT) e da política agrícola comunitaria da Unión Europea (UE).

Os cambios organizativos nas produccións gandeiras van provocar que necesariamente os profesionais deste sector deberán estar en posesión duns coñecementos diferentes ós actuais, debendo te-la capacidade de poderen asimila-las novas técnicas de producción e de comercialización que se producirán en ciclos económicos extremadamente curtos.

En calquera caso pódese considerar que:

* O incremento do coñecemento científico permitirá mellora-las técnicas de producción gandeira, de maneira que asegure un nivel suficiente na producción de alimentos e materias primas de acordo coas esixencias do mercado, cun mínimo impacto ambiental.

* A mellora xenética que se desenvolve nas diferentes especies animais provocará nestas características novas que xerarán cambios nas técnicas de cría e de manexo, así como na obtención de novos productos, o que obrigará á adopción de técnicas productivas distintas e á súa aprendizaxe.

* O coñecemento de novas técnicas de manexo encamiñadas fundamentalmente á extensificación da producción e á preservación do medio natural, provocará inevitablemente a reducción da poboación activa neste subsector, requirindo unha maior capacitación para as persoas que se manteñan na actividade.

* Os controis sanitarios e de calidade esixibles ós productos de orixe animal comportan a aplicación dunhas técnicas e procedementos de manexo nos procesos productivos das explotacións gandeiras, particulares e dunha gran especialización, debendo estar capacitados os gandeiros para pedi-lo asesoramento necesario e para a súa aplicación posterior.

* En relación coa comercialización dos productos, tenderase a unha coordinación en grupos, sobre a base, en moitos casos, da formación de interprofesionais que autolimiten os niveis de producción e asignen os prezos e calidades de intercambio.

* As limitacións de orde ambiental levarán necesariamente á existencia dun tipo de explotación que compatibilice o uso e a preservación dos espacios naturais coa súa eficiencia técnica e productiva.

* O necesario equilibrio que se ten que producir entre a producción e o consumo de productos gandeiros levará consigo, como consecuencia na mellora da eficiencia productiva, un necesario redimensionamento futuro do sector gandeiro, debendo esta-la poboación activa excedente en cada momento en disposición de adquirir novas cualificacións que lle permitan seguir inseridos no mundo laboral.

* A crecente preocupación social pola protección do medio natural e a incorporación da Unión Europea (UE) propiciaron o desenvolvemento dunha gran normativa a través de directivas de obrigado cumprimento que afectan ó sector agrario. A utilización de tecnoloxías limpas, o aforro enerxético e de auga, a limitación no emprego de productos contaminantes, a xestión dos residuos sólidos, o control de verteduras líquidas e gasosas, son algúns dos principais aspectos que terá que asumir rapidamente o sector agrario.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

Co rexuvenecemento da poboación agraria producido pola xubilación ou polo cesamento da actividade de gran número de explotacións pequenas que se desenvolven con técnicas tradicionais, a actividade profesional aumentará o nivel de tecnificación, incorporándose diferentes tipos de profesionais que proporcionarán servicios de todo tipo, entre os que se poden incluír tanto os correspondentes á execución de técnicas de reproducción animal, aplicación de productos zoosanitarios, realización de operacións máis ou menos simples (ferra, capa, esmouca) e comercialización, como os relativos á xestión e o manexo integrado de explotacións, contabilidade e servicios económicos e fiscais.

Este tipo de actividade profesional especializada coexistirá coa de xefe de explotación, que tomará unha función máis económica e de xestión, abandonando en parte outras funcións de acción directa na producción que encargará a estes profesionais.

A incorporación de novas tecnoloxías, os cambios organizativos producidos pola política agraria e as necesidades de producción de calidade requiren profesionais polivalentes e con capacidade de adaptación rápida ás novas situacións do sector.

A importancia que ten a rendibilidade dos investimentos fai que teña que estar ó día nas áreas comerciais e de xestión para analizar con criterios económicos a conveniencia de calquera innovación.

2.6.3. Cambios na formación:

A diversidade de procesos que interveñen na producción agraria e a complexidade destes como consecuencia de estar integrados en fenómenos naturais obrigará no futuro a un maior grao de especialización deste profesional, sobre unha formación de base común.

Por iso é previsible que xunto ó xefe de explotación, especialmente preparado para a xestión integrada da empresa pequena e mediana, na que pode chegar a actuar como autónomo, á vez que realiza un grande número de operacións productivas, se necesiten potenciar profesionais en campos tan diferenciados como a ferra de équidos, castracións animais, inseminacións, técnicas de manexo e mantemento de muxidoiras e outras instalacións gandeiras, así como na aplicación de técnicas de sanidade animal e outros coidados dos animais de experimentación e compañía. Así como en mellora da calidade e presentación dos productos de maneira que sexan máis atractivos para a venda directa ó consumidor.

A formación global deste profesional haberá que completala cunha formación especializada en campos moi diversos, debendo quedar desde a súa formación específica preparado para a busca e o manexo dunha información en continua e rápida evolución.

Na formación profesional inicial deberanse potenciar cada vez con máis intensidade os aspectos de:

* Informática e as súas aplicacións no sector a nivel de usuario.

* Operacións de obtención de productos de calidade.

* Importancia da protección e conservación do medio natural e procedementos para o seu control.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Este técnico desenvolverá a súa actividade laboral nas explotacións que teñan como finalidade a producción de animais para carne, leite, ovos, la e animais para vida, así como en explotacións gandeiras de gando equino dedicadas á cría selecta e a funcións de turismo rural.

Os principais subsectores nos que pode desenvolve-la súa actividade son:

* Explotacións gandeiras dedicadas á explotación de carne (vacún, ovino, caprino, porcino, aves, coellos).

* Explotacións gandeiras dedicadas á producción de leite (vacún, ovino, caprino).

* Explotacións gandeiras dedicadas á producción de animais de compañía.

* Centros de producción, mantemento e manipulación de animais dedicados á experimentación científico-técnica.

* Laboratorios de diagnóstico e investigación aplicados á gandería.

* Cooperativas de producción e servicios gandeiros.

* Centros da Administración dedicados a actividades gandeiras.

* Empresas de servicios gandeiros.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Exercerá a súa actividade á fronte dunha explotación gandeira de tipo familiar que se poida considerar dunha dimensión economicamente viable.

Pode formar parte de equipos que desenvolven a súa actividade en explotacións de gran dimensión e cooperativas de producción, podendo desempeñar responsabilidades nas áreas de:

* Manexo de animais.

* Alimentación de animais.

* Procesos reproductivos dos animais.

* Aplicación de medidas e productos sanitarios.

* Control de maquinarias e instalacións gandeiras.

* Control do pastoreo.

Por outra parte pode dirixir ou integrarse en empresas de servicios gandeiros, actuando así mesmo como operador de grandes equipos ou como encargado de taller de mantemento e reparación das máquinas utilizadas en explotacións gandeiras.

Os coñecementos tecnolóxicos recibidos abranguerán os diferentes campos da producción gandeira e dos servicios con ela relacionados, así como das especies animais que se poidan integrar na producción e cría de animais.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional enuméranse a continuación as ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Gandeiro de vacún para leite.

* Gandeiro de vacún para carne.

* Gandeiro de ovino.

* Gandeiro de caprino.

* Porcicultor.

* Criador de cabalos.

* Domador de cabalos.

* Ferrador.

* Avicultor.

* Cunicultor.

* Traballador de consultas clínicas veterinarias.

* Traballador cualificado en salas de incubación.

* Traballador cualificado en animais de experimentación.

* Propietario de explotación gandeira.

* Encargado de explotación gandeira.

* Inseminador.

* Recepcionista en consultas clínicas veterinarias.

* Traballador cualificado en animais de compañía.

Posibles especializacións: este técnico, ó se incorporar ás ocupacións/postos de traballo indicados, require un período de adaptación/formación para consegui-la especialización requirida.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Analizar e interpreta-la documentación técnica utilizada no control e manexo dos animais da explotación, manexando os equipos e as instalacións empregadas no proceso productivo.

* Analiza-las diferentes técnicas de manexo das distintas especies animais, seleccionando e aplicando o sistema máis apropiado para cada especie e tipo de explotación.

* Seleccionar e producir, se é o caso, alimentos volumétricos necesarios para cada especie animal, aplicando a estratexia de alimentación axeitada para cada tipo de explotación e fase productiva de cada animal.

* Analizar e aplica-lo calendario sanitario da explotación gandeira e as medicinas de prevención necesarias para manter en bo estado de saúde os animais.

* Selecciona-lo programa reproductivo máis idóneo para cada especie, aplicando o sistema establecido en cada caso para obte-los índices técnicos propios de cada animal.

* Analiza-los coidados dos animais de experimentación, realizando as diferentes técnicas de manexo para consegui-los fins axeitados a cada especie.

* Realiza-las prácticas de control, clínicas e hixiénicas segundo as instruccións recibidas para cada tipo de animal de compañía.

* Comprender e aplica-las técnicas de ferra e doma básica de cabalos que permitan executar correctamente estas operacións.

* Comprender e aplica-las técnicas esixidas para a cría selecta do gando equino na conservación de razas puras.

* Comprender e aplica-las técnicas esixidas para a conservación do cabalo no elemento de aplicación deportiva (turismo ecuestre, competicións e equitación recreativa).

* Analizar e resolve-las posibilidades de instalación en función da capacidade productiva dunha explotación gandeira e a normativa legal.

* Valorar estratexias e posibilidades de comercialización dos productos gandeiros, estimando na planificación aqueles que mellor se adapten ás situacións de mercado concretas.

* Aplica-la lexislación en materia contable, fiscal e laboral, así como a relacionada coa seguridade e hixiene no traballo, utilizando os sistemas informáticos como usuarios para a adquisición de datos, comunicación e control da producción e comercialización agraria.

* Analiza-lo funcionamento global da explotación, identificando a natureza, funcións e características, segundo o tamaño e a actividade.

* Analiza-las consecuencias derivadas da falta de seguridade e hixiene nas máquinas, equipos e instalacións da explotación agraria, ou da actuación das persoas durante a manipulación dos equipos, aplicando as normas e medidas necesarias para minimiza-los riscos sobre persoas, máquinas e ambiente.

* Valora-los requirimentos de instalacións e equipos de taller para o mantemento en uso e reparación básica de máquinas, equipos e instalacións agrarias, preparándoos e utilizándoos correctamente.

* Analizar e executa-las operacións mecanizadas da explotación agraria, preparando e manexando correctamente as máquinas, equipos e instalacións correspondentes e controlando os seus procesos operativos.

* Elixir e utilizar canles de información e formación relacionada co exercicio da profesión, que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector e a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: organización e xestión dunha explotación agraria familiar:

Asociado á unidade de competencia 1: organizar e xestionar unha explotación familiar agraria.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-los recursos técnicos, comerciais, económicos e financeiros dispoñibles nunha explotación agraria para poder establece-la súa viabilidade.

* Determina-la orientación productiva da explotación en función da análise dos recursos dispoñibles.

* Elabora-los estudios económicos precisos para a determinación da viabilidade actual e potencial da explotación.

* Analiza-los procedementos para a posta en marcha e organización dunha empresa familiar agraria.

* Determina-lo programa de xestión integral máis axeitado ás características e actividades da explotación.

* Analiza-la necesidade de medios persoais e materiais na explotación e cuantifica-la realización de investimentos para levar a cabo.

* Establece-lo plan de xestión técnica en función dos medios dispoñibles e os obxectivos previstos.

* Selecciona-la combinación de recursos existentes na explotación co obxectivo de obte-la máxima rendibilidade.

* Elaborar un plan de promoción e comercialización dos productos da explotación.

* Analiza-las diferentes formas xurídicas ás que pode optar unha explotación agraria familiar, sinalando as máis axeitadas de acordo coa actividade económica e os recursos dispoñibles.

* Elaborar un plan xeral de actividades dunha explotación agraria en función dos recursos dispoñibles.

* Analiza-los documentos necesarios para a posta en marcha e o desenvolvemento das actividades dunha explotación agraria e elabora-la documentación segundo a lexislación vixente.

* Analiza-las formas máis usuais no sector agrario, de promoción, adquisición e comercialización de productos ou servicios.

* Analiza-los procedementos de control, manipulación e almacenamento de productos e elaboración de inventarios.

* Leva-la contabilidade dunha explotación, orientada á mellora dos seus resultados económicos.

* Analiza-las normas de seguridade e hixiene que se aplican durante o traballo, relacionándoas coas medidas preventivas que hai que adoptar para a protección do medio natural.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Organización e planificación:

* Determinación da viabilidade actual e potencial dunha explotación con base na súa orientación productiva.

* Elaboración de estudios técnico-económicos de explotacións familiares agrarias con determinación previa da súa orientación productiva.

* Establecemento de características, medios necesarios e previsibles resultados económicos dunha explotación tipo.

* Interrelación dos tipos de xestión levados a cabo nunha empresa agraria (técnica, comercial, financeira, económica, contable, organizativa e administrativa).

Xestión e comercialización:

* Análise das liñas de financiamento.

* Elaboración e tramitación de documentos requiridos para a implantación e posta en marcha dunha explotación.

* Enchemento de impresos de ofertas de emprego, altas e baixas laborais, liquidación á Seguridade Social, contratos e partes de accidentes.

* Comercialización de productos ou servicios. Negociación de prezos do mercado, prazos e condicións de entrega, calidade, descontos, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

* Control, manipulación e almacenamento de productos. Carga, descarga e transporte.

* Utilización de aplicacións informáticas para anotacións contables, determinación de datos económicos, obtención de índices e elaboración de informes de diagnóstico e xestión.

Seguridade no traballo e protección ambiental:

* Aplicación da normativa de seguridade e hixiene.

* Aplicación de técnicas básicas de recolla, eliminación e depuración de residuos.

Contidos conceptuais

Organización e planificación:

* Empresa. Elementos. Áreas funcionais. Clasificación.

* Empresa agraria. Actividade agraria (agrícola, gandeira, forestal e mixta). Réximes de tenza.

* Normativa legal sobre explotacións agrarias. Sociedades e asociacións no ámbito do sector agrario. Formas xurídicas da empresa agraria.

Xestión e comercialización:

* Financiamento. Tipos.

* Xestión. Características. Fins. Fases.

* Contabilidade. Proceso contable.

* Obrigas fiscais.

* Contratación laboral.

* Comercialización. Normalización e tipificación.

* Almacenamento. Manipulación. Transporte.

* Informática básica (proceso de textos, folla de cálculo, base de datos).

Seguridade no traballo e protección ambiental:

* Saúde. Condicións de traballo. Riscos laborais. Prevención. Marco legal da prevención.

* Medidas xerais de prevención e protección. Condicións xerais dos locais. Equipos de protección individual. Protección fronte a equipos manuais e máquinas. Sinalización de seguridade.

* Ambiente: conservación e avaliación de impactos.

* Caracterización de residuos. Xestión de residuos. O delicto ecolóxico.

Contidos actitudinais

Organización e planificación:

* Valoración da planificación da empresa agraria.

* Recoñecemento da necesidade de analiza-las diferentes formas xurídicas ás que pode optar unha empresa agraria.

* Recoñecemento da necesidade de valora-los distintos sistemas de explotación.

* Recoñecemento da necesidade de relaciona-los distintos tipos de aproveitamentos coa localización xeográfica e co seu contorno socioeconómico.

Xestión e comercialización:

* Valoración da xestión da empresa agraria.

* Valoración das normas ou disposicións legais e da adquisición de hábitos na súa aplicación.

* Fomento dunha actitude pescudadora sobre os resultados económicos obtidos nunha empresa agraria en función das súas características, orientación productiva e medios empregados.

* Hábito de realizar cálculos nas operacións de interese agrícola.

* Hábito de seguimento das actividades productivas.

* Pulcritude e rigor no manexo de aparellos informáticos.

Seguridade no traballo e protección ambiental:

* Recoñecemento da necesidade de protección do ambiente e valoración da normativa legal.

* Sensibilización cara á conservación e mellora do ambiente.

* Realización de accións persoais e colectivas para sensibilizar sobre o medio natural.

* Rigor na aplicación da normativa de seguridade e hixiene.

3.2.2. Módulo profesional 2: instalacións agrarias:

Asociado á unidade de competencia 2: preparar, manexar e manter en uso as instalacións, maquinaria e equipos da explotación agraria.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-los materiais de uso frecuente en construccións e instalacións agrarias, analizando as súas características técnicas e os criterios de calidade.

* Analiza-las infraestructuras e as instalacións dunha explotación agraria, relacionando os diferentes locais coas actividades nel desenvolvidas, co obxecto de elixi-las máis adecuadas para un caso determinado.

* Realizar instalacións sinxelas nunha explotación determinada, elixindo os materiais necesarios e utilizando con destreza e seguridade as ferramentas e os equipos axeitados.

* Analiza-las necesidades de acondicionamento, limpeza, desinfección e desparasitación en locais e instalacións agrarias, para elaborar un programa de actuación.

* Realizar con destreza e seguridade as operacións básicas de acondicionamento de locais, reparando pequenas deterioracións, repondo elementos deteriorados e aplicando productos de protección axeitados segundo os casos.

* Executa-las tarefas de limpeza, desinfección e desparasitación en instalacións e locais agrarios, seleccionando os equipos e productos idóneos, calculando as doses requiridas e actuando con seguridade e pulcritude.

* Analiza-las características dunha instalación eléctrica, localizando os diferentes circuítos e identificando os elementos de protección e control, coa finalidade de realizar de forma segura as operacións de uso e de mantemento primario.

* Analiza-las características dunha instalación de control ambiental, identificando os seus compoñentes e realizando con seguridade as operacións de regulación, mantemento primario e manexo.

* Realizar con destreza e seguridade as operacións de mantemento primario de instalacións de auga, identificando e controlando os seus elementos e reparando as posibles avarías.

* Organizar e executar de forma segura as actividades necesarias para o tratamento de residuos e subproductos xerados na explotación agraria, para o seu correcto aproveitamento ou eliminación, se é o caso.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Locais e infraestructuras agrarias:

* Mantemento de locais.

* Realización de limpeza, desinfección e desparasitación en locais e instalacións agrarias.

* Montaxe e mantemento de instalacións para conducción e protección de cultivos.

* Tratamento de residuos e subproductos.

Instalacións de auga, electricidade e climatización:

* Realización de instalacións de conducción de auga.

* Mantemento e manexo de instalacións de auga.

* Reposición de elementos eléctricos sinxelos.

* Manobras en cadros eléctricos e en elementos de control e protección.

* Control e regulación de instalacións de climatización.

Seguridade nas instalacións:

* Revisión das instalacións agrícolas: identificación de deficiencias na seguridade e realización das medidas correctoras oportunas.

* Simulación de accidentes laborais e de incendios. Posta en práctica de medidas de emerxencia e de primeiros auxilios.

Contidos conceptuais

Locais e infraestructuras agrarias:

* Materiais básicos de construcción.

* Tipos e compoñentes das instalacións de producción agraria.

* Instalacións de almacenaxe e conservación.

* Equipos e material para a limpeza, desinfección e desparasitación.

* Instalacións para o aproveitamento de subproductos e eliminación de residuos.

* Outras instalacións e ferramentas.

Instalacións de auga, electricidade e climatización:

* Instalacións de auga. Captación. Grupos de bombeo. Conduccións. Medición de caudais. Equipos de tratamento.

* Instalacións eléctricas na explotación agraria: liñas de baixa tensión, de iluminación e de forza. Elementos de protección e medida. Tarifas eléctricas.

* Xeración autónoma de electricidade e enerxía.

* Instalacións de ventilación, climatización e acondicionamento ambiental: instalacións de gas, calefactores, humectadores e ventiladores, acondicionamento forzado.

Seguridade nas instalacións:

* Mecanismos perigosos e zonas de precaución das instalacións.

* Elementos de protección das instalacións e das persoas. Vestiario de protección.

* Manipulación e almacenaxe de productos tóxicos e perigosos: lubricantes e combustibles e productos inflamables.

* Normativa legal sobre aloxamentos e instalacións agrarias.

* Primeiros auxilios e situacións de emerxencia.

Contidos actitudinais

Locais e infraestructuras agrarias:

* Preocupación por mante-la orde e a limpeza nos locais.

* Hábito de observar e comunica-los danos que se aprecian nos locais de traballo habitual.

* Hábito de repara-las pequenas deterioracións que sofren os locais.

* Valoración das desinfeccións en locais que o requiren.

* Valoración das tarefas de tratamento de residuos e aproveitamento de subproductos na explotación agraria.

Instalacións de auga, electricidade e climatización:

* Rigor na limpeza de filtros.

* Hábito de calibrar periodicamente os parámetros de control ambiental.

* Aceptación de que a reposición de elementos debe realizarse con material de idénticas características.

Seguridade nas instalacións:

* Consciencia do perigo das instalacións de electricidade, calefacción e gas.

* Preocupación por adopta-las medidas de seguridade persoal e colectiva no contorno de traballo.

* Aceptación da necesidade de respecta-la normativa vixente sobre locais e instalacións de uso agrícola.

* Preocupación por realiza-las revisións dos elementos de protección.

3.2.3. Módulo profesional 3: mecanización agraria:

Asociado á unidade de competencia 2: preparar, manexar e manter en uso as instalacións, maquinaria e equipos da explotación agraria.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las necesidades de maquinaria e a súa idoneidade en función dos obxectivos de producción da explotación agraria e dos labores para realizar.

* Manexar maquinaria agroforestal, cun rendemento razoable, nas debidas condicións de seguridade e hixiene.

* Realiza-las regulacións e os axustes dos equipos en función das condicións de traballo e obxectivos perseguidos.

* Analiza-lo funcionamento e as necesidades de mantemento das máquinas e equipos da explotación agraria, seguindo as instruccións técnicas requiridas.

* Elaborar un programa de mantemento e de rexistro das operacións, tendo en conta as indicacións do fabricante, a carga e o tipo de traballo da máquina, as incidencias, desgates e avarías producidas.

* Executar operacións de mantemento de uso, reparacións básicas e adaptacións sinxelas na maquinaria agrícola e forestal, utilizando materiais e equipos de taller coa destreza requirida e de forma hixiénica e segura.

* Operar correctamente cos equipos de mecanizado manual e soldadura, conseguindo os niveis de calidade necesarios e traballando coa seguridade e hixiene adecuadas.

* Efectua-las diferentes medidas en elementos mecánicos coa precisión requirida, elixindo e manexando os instrumentos de medida axeitados para realizar operacións de reposición, se procede.

* Aplica-las medidas de seguridade e hixiene no uso de maquinaria agroforestal, adaptándoas ás situacións de traballo.

* Identifica-los factores de incidencia sobre o ambiente derivados do uso da maquinaria agroforestal.

Contidos (duración 215 horas)

Contidos procedementais

Estructura, funcionamento e manexo do tractor:

* Análise da estructura dun tractor tipo e determinación das funcións que desempeñan nel os seus principais compoñentes.

* Clasificación dos tractores en función do tren de rodaxe, tipo de bastidor, emprego para o que foron deseñados, tipo de transmisión e tracción ...

* Manexo correcto de tractores agrícolas, seguindo un proceso lóxico de aprendizaxe.

* Realización do mantemento periódico.

* Interpretación das notacións que expresan as dimensións, prestacións e resistencia das cubertas dos pneumáticos utilizados.

* Identificación dos principais elementos que integran o equipo eléctrico dun tractor.

O taller mecánico:

* Análise da estructura, superficie, máquinas e ferramentas necesarias dun taller básico para unha explotación agrícola ou forestal.

* Manexo e mantemento correctos das ferramentas e máquinas de taller.

* Realización das operacións de mecanizado manual, utilizando os instrumentos axeitados.

* Execución de reparacións ou operacións de montaxe, desmontaxe ou axuste dos compoñentes das máquinas.

* Realización correcta da soldadura eléctrica, utilizando a técnica axeitada en cada caso.

* Aplicación da normativa de seguridade, tanto no referente ás dependencias do taller e instalación de máquinas como no manexo de ferramentas, útiles e máquinas de taller.

Seguridade e hixiene no manexo de maquinaria:

* Análise das repercusións que no traballador e no seu contorno familiar, na empresa e para a sociedade teñen os accidentes de traballo.

* Análise das medidas e procedementos que se poden utilizar para a prevención da accidentabilidade laboral no sector agrario, especialmente no manexo de maquinaria.

* Aplicación da normativa legal sobre prevención de riscos laborais, protección persoal e dos equipos.

* Identificación dos factores de risco máis comúns no uso de maquinaria agraria.

* Descrición das proteccións e dispositivos de seguridade utilizados en maquinaria.

* Aplicación das técnicas de primeiros auxilios na simulación de accidentes.

* Análise de métodos e precaucións para que no manexo e manipulación da maquinaria agraria se minimicen os efectos negativos sobre o ambiente.

Utilización e mantemento de motores e maquinaria:

* Análise dos distintos tipos de motores de combustión interna que se empregan na maquinaria agraria.

* Análise dos ciclos de funcionamento do motor diésel e de explosión, de catro e dous tempos.

* Identificación e funcionamento dos elementos fundamentais do motor diésel.

* Análise da constitución e funcionamento do sistema de distribución dos motores de catro tempos.

* Identificación de elementos do sistema de arrincada do motor e comprensión do seu funcionamento.

* Realización das operacións de mantemento básico de tractores e motores agrícolas.

* Detección de avarías.

* Identificación e utilización dos sistemas de arrincada en motores.

* Identificación e análise do funcionamento dos principais elementos do sistema de alimentación en motores de catro tempos.

* Identificación e análise do funcionamento dos sistemas de carburación e acendido no motor de explosión de dous tempos.

* Identificación de máquinas e apeiros de uso agroforestal.

* Manexo, mantemento e regulacións dos apeiros e máquinas agrícolas accionadas ou arrastradas polo tractor.

* Manexo, mantemento e regulacións de máquinas autopropulsadas e manuais.

* Reparación de avarías básicas.

* Elaboración dunha ficha ou parte para leva-lo control de mantemento.

* Elaboración dunha lista de repostos básicos de distintos tipos de máquinas, dos que se debe dispor no centro de traballo.

Elección do equipo e maquinaria en función das necesidades:

* Enumeración das máquinas coas que se pode realizar cada una das fases de traballo sobre un suposto práctico de mecanización de actividades agrícolas.

* Elección do equipo axeitado atendendo a factores económicos e operativos e mais en función das necesidades reais de producción da explotación.

Contidos conceptuais

Estructura e funcionamento do tractor:

* Clasificación dos tractores.

* Estructura fundamental dun tractor tipo.

* Transmisión ou tren de forza: embragues, caixa de cambios e diferencial.

* Sistemas de tracción.

* Lubricación da transmisión.

* Sistemas de dirección.

* Rodaxe dos tractores de rodas. Estructura dunha roda. Tipos de cubertas. Nomenclatura de dimensións e resistencia. Cadeas antiesvarantes. Lastrado e variación da vía. Mantemento de pneumáticos.

* Rodaxe dos tractores de cadeas. Estructura dos trens laterais. Tipos de cadeas segundo traballo. Axustes e mantemento.

* Sistemas de freos. Mantemento.

* Sistema hidráulico. Ideas xerais sobre hidrostática. Principio de Pascal. Mantemento do sistema. Aceites hidráulicos.

* Tomas de forza e cabrestante.

* Elementos de seguridade.

O taller mecánico:

* O taller mecánico na explotación agrícola e forestal. Necesidades mínimas.

* Ferramentas, útiles, equipos, máquinas e instrumentos de medida.

* Soldadura eléctrica: funcionamento, regulación e utilización. Técnicas aplicadas ás operacións de soldadura. Elementos de protección.

* Sistemas de roscas.

* Normas de seguridade no taller. Equipo de protección persoal.

Seguridade e hixiene no manexo de maquinaria:

* Accidentes. Ponderación. Índices de frecuencia e de gravidade.

* Lei de prevención de riscos laborais e normativa específica sobre proteccións nas máquinas.

* Proteccións e dispositivos de seguridade en maquinaria.

* O equipo de protección persoal. Normalización das roupas ou material de seguridade.

* Normas de seguridade para traballos específicos realizados con maquinaria agroforestal.

* Técnicas de primeiros auxilios.

Utilización e mantemento de motores e máquinas:

* Principios físicos básicos: forza, traballo, par motor e reserva de par. Tipos de potencias utilizadas en motores e velocidade.

* Elementos constructivos fundamentais do motor.

* Clasificación e funcionamento dos motores de combustión interna.

* Aspectos teóricos e principios físicos aplicados (calibre ou diámetro, PMI, PMS, carreira, cilindrada, relación de compresión ...).

* Aparellos e unidades de medida dos seguintes parámetros: presión, temperatura, intensidade eléctrica, ...

* Distribución do motor: tipos e variacións entre eles.

* Lubricación do motor.

* Sistemas de refrixeración.

* Sistema de alimentación.

* Sistema de admisión.

* Conceptos básicos de electricidade: corrente continua e alterna, tensión ou voltaxe, intensidade e resistencia, Lei de Ohm, sobrecarga, curtocircuíto e inducción.

* Sistema eléctrico. Elementos.

* Sistemas hidráulicos.

* Normas de seguridade para cumprir na manipulación de motores de combustión interna.

* Símbolos pictográficos empregados en maquinaria.

* Mantemento periódico.

* Maquinaria agroforestal: sementadoras e plantadoras, fertilizadoras, de tratamentos, de labor, rozadoras, segadoras e colleitadoras, de aproveitamento forestal, motoserras, maquinaria de xardinería...

Elección do equipo e maquinaria en función das necesidades:

* Fases de traballo mecanizables da actividade. Métodos de realización e máquinas que se poden empregar en cada unha delas.

* Características das máquinas. Interpretación.

* Rendementos e capacidades de utilización das distintas máquinas e equipos.

* Máquinas de uso específico e polivalentes. Vantaxes e inconvenientes de cada tipo.

Contidos actitudinais

Estructura e funcionamento do tractor:

* Responsabilidade no manexo do tractor.

* Preocupación por realiza-lo mantemento periódico.

* Interese por repara-las pequenas avarías.

O taller mecánico:

* Pulcritude e rigor no manexo de maquinaria e útiles de taller.

* Orde na colocación de ferramentas trala súa utilización.

* Hábito de limpeza do taller e material empregado.

* Interese pola correcta realización das actividades.

* Colaboración e xenerosidade cos compañeiros na realización de traballos en equipo.

Seguridade e hixiene no manexo de maquinaria:

* Hábito de aplica-las medidas obrigatorias e voluntarias de protección no manexo de maquinaria.

* Valoración das normas ou disposicións legais de seguridade no traballo con maquinaria.

* Concienciación das consecuencias que pode te-lo mal uso da maquinaria e aceptación das medidas de precaución para adoptar.

Utilización e mantemento de motores e maquinaria:

* Responsabilidade no manexo de máquinas.

* Pulcritude e rigor no manexo de maquinaria.

* Preocupación por realiza-lo mantemento periódico das máquinas.

* Colaboración e xenerosidade cos compañeiros na realización de traballos en equipo.

Elección do equipo e maquinaria en función das necesidades:

* Valoración da importancia da mecanización nunha explotación agraria.

* Valoración da axeitada elección do equipo segundo factores de rendibilidade.

3.2.4. Módulo profesional 4: producción gandeira intensiva:

Asociado á unidade de competencia 3: realiza-las operacións de producción de animais para leite, carne, la e avicultura de posta.

Capacidades terminais elementais

* Relaciona-las principais familias forraxeiras coas súas características nutritivas e coa súa utilización polo gando, organizando a súa producción e conservación para obter alimentos volumétricos de calidade.

* Calcula-las racións segundo as necesidades de cada especie e o estado productivo dos animais para satisface-las necesidades nutritivas de cada animal, tendo en conta as diferencias as diferencias anatómicas e fisiolóxicas do aparello dixestivo.

* Identifica-los elementos que compoñen os equipos de preparación e distribución de alimentos, describindo as funcións de cada un deles.

* Manexar, regular e realiza-las operacións de mantemento base dos equipos de preparación e distribución de alimentos.

* Preparar, conservar e distribuí-los alimentos segundo as racións preestablecidas, utilizando as máquinas e instalacións dispoñibles e respectando os horarios prefixados na planificación xeral da explotación.

* Mante-las condicións ambientais requiridas polas distintas especies de gandería intensiva, considerando a orientación productiva e o estado biolóxico dos animais.

* Realiza-las operacións de manexo relacionadas coa reproducción, establecendo os sistemas e períodos de cubrición, detectando os celos, aplicando a inseminación artificial ou monta natural e a incubación, se é o caso, baixo supervisión facultativa.

* Elixi-los machos reproductores axeitados e calcula-lo número necesario para cubri-las femias interpretando as cartas xenealóxicas e de cualificación dos proxenitores, seguindo criterios de cruzamentos, conservación, selección e mellora xenética.

* Controla-la fecundidade e fertilidade dos rabaños e lotes, calculando e interpretando os índices pertinentes, para mellora-la rendibilidade da explotación.

* Identifica-los síntomas ou manifestacións previas ó parto e prestárlle-la asistencia oportuna ás nais e as crías, actuando con hixiene, seguridade e destreza.

* Realiza-las operacións de manexo e alimentación das crías segundo as peculiaridades de cada especie, axustando as niñadas e procedendo á desteta no momento axeitado.

* Cubri-la documentación de rexistro de datos de control de cubricións, xestación, partos, posta de ovos, control de crías e historial clínico dos animais, realizando con rigor e nos momentos que se determinen os controis e as anotacións preestablecidas.

* Identifica-los síntomas e cadros clínicos das enfermidades e alteracións máis importantes dos animais e relacionalos coas medidas preventivas e de profilaxe que se deben tomar para reduci-la incidencia no animal e persoas.

* Aplicar con rigor, destreza e seguridade os medicamentos, na dose, momento e vía indicados, segundo instruccións preestablecidas ou baixo prescrición facultativa.

* Analiza-los riscos ambientais e de saúde pública derivados das explotacións gandeiras intensivas, para determina-las medidas de corrección oportunas.

Contidos (duración 345 horas)

Contidos procedementais

Alimentación:

* Elección das forraxes máis interesantes segundo o tipo de gando.

* Identificación dos alimentos empregados nas racións das distintas especies de animais.

* Cálculo das necesidades nutritivas dun animal nun determinado estado productivo.

* Determinación das racións segundo a especie que se quere explotar e o seu estado productivo.

* Planificación do aprovisionamento das materias primas necesarias para a elaboración de racións.

* Distribución de alimentos e comprobación do seu consumo.

* Rexistro manual ou informático dos datos referentes á alimentación.

* Identificación de elementos e equipos de preparación e distribución de alimentos.

* Realización das operacións de regulación e mantemento dos equipos.

Reproducción:

* Elaboración dun plan de reproducción.

* Aplicación de técnicas de inducción de celos.

* Detección de celos.

* Determinación da técnica de cubrición (natural ou inseminación) máis axeitada á especie ou explotación.

* Determinación do número de sementais necesarios segundo o número de femias que se queren cubrir.

* Planificación das cubricións dirixidas.

* Detección da xestación e control da súa evolución:

* Realización de rexistro de datos de control da reproducción.

Parto, aleitamento e desteta:

* Identificación dos síntomas ou conductas propias das especies antes dos partos.

* Asistencia a partos e prestación de coidados posteriores a crías e nais.

* Operacións de afillamento de crías cando proceda.

* Realización de operacións de aleitamento.

* Realización da desteta.

Sanidade e condicións ambientais:

* Interpretación do plan sanitario da explotación.

* Identificación das principais enfermidades dos animais.

* Illamento e vixilancia dos animais enfermos.

* Realización de toma de mostras en animais.

* Aplicación de tratamentos, respectando os prazos de seguridade.

* Realización do seguimento da evolución dos animais.

Cría e manexo de aves:

* Realización de procesos de incubación de ovos.

* Realización de operacións de manexo de poliños, aves de cría e aves de explotación.

* Eliminación de animais con anomalías (realización de tría).

* Corte de peteiros. Control dos peteirazos e canibalismo.

* Colleita de ovos.

* Realización de operacións de control de luz, temperatura e ventilación dos locais avícolas.

Hixiene e eliminación de residuos nas explotacións:

* Realización de operacións de eliminación de cadáveres.

* Mantemento e renovación de camas.

* Limpeza e desinfección de gaiolas e locais.

* Realización de operacións de tratamento e eliminación de residuos.

Contidos conceptuais

Alimentación:

* Os alimentos. Clasificación.

* Características xerais dos diferentes grupos de alimentos.

* Valor nutritivo dos alimentos. Táboas de composición e valores nutritivos.

* Dixestibilidade. Concepto e factores. Enerxía, materias nitroxenadas, minerais e vitaminas. Materia seca. Substancias tóxicas. Outros.

* Métodos de cálculo de racións.

* Almacenamento, preparación e distribución de alimentos.

Reproducción

* Órganos reproductores. Anatomía e fisioloxía.

* Ciclos e comportamento sexual.

* Conceptos de fertilidade, prolificidade e fecundidade.

* Sistemas de reproducción e cubrición.

* Inseminación artificial.

* Madureza sexual. Idade e época de cubrición.

* Técnicas de inducción do celo.

* Xestación. Diagnóstico.

* Abortos e outras anomalías. Causas.

* Criterios de mellora. Aptitudes productivas. Prototipo racial.

* Cruzamentos. Tipos.

* Selección. Conceptos básicos e programas de selección.

* Criterios de cualificación dos animais.

Parto, aleitamento e desteta:

* Síntomas. Parto.

* Aleitamento, afillamento e adopción de crías. Conceptos e métodos.

* Aleitamento. Natural e artificial.

* Desteta. Idade.

Sanidade e condicións ambientais:

* Principais enfermidades nas distintas especies. Síntomas.

* Medios de loita.

* Calendarios sanitarios.

* Tratamentos. Vías, doses, formas de administración e prazos de seguridade.

* Toma de mostras.

* Limpeza, desinfección e desratización.

* Calidade da auga.

* Lexislación sanitaria.

* Condicións ambientais. Parámetros para as distintas especies e fases productivas.

Cría e manexo de aves:

* Incubación. Procesos.

* Cámaras de cría.

* Sistemas de explotación.

* Tría. Criterios de realización.

* Canibalismo. Causas. Medidas preventivas.

* Condicións ambientais. Parámetros e sistemas de control.

* Densidade de animais nos aloxamentos.

Hixiene e eliminación de residuos nas explotacións:

* Eliminación de cadáveres. Métodos. Normativa.

* Camas. Productos e características.

* Residuos. Extracción, almacenamento, eliminación.

* Limpeza e desinfección. Técnicas e productos.

Contidos actitudinais

Alimentación:

* Consciencia da importancia de aproveita-las forraxes no estado óptimo.

* Rigor na realización de actividades de control de calidade das forraxes.

* Rigor nos cálculos de racións.

* Valoración da importancia da elaboración e distribución das racións.

* Hábito de valora-los custos da alimentación.

* Preocupación por face-lo aprovisionamento de alimentos nas cantidades e momentos oportunos.

* Preocupación por mante-los alimentos nun correcto estado de almacenamento e conservación.

* Compromiso coas obrigas de mante-los equipos de alimentación en bo estado de uso e conservación.

* Rigor na toma de datos sobre a alimentación para unha boa xestión da explotación.

Reproducción:

* Consciencia da importancia de realizar un programa de reproducción na explotación.

* Valoración da importancia que a mellora xenética ten na rendibilidade das explotacións gandeiras.

* Rigor no establecemento de criterios de selección e de cruzamentos.

* Preocupación pola detección dos celos.

* Valoración da importancia de detecta-los abortos e determina-las causas.

Parto, aleitamento e desteta:

* Rigor e pulcritude nas operacións de asistencia nos partos.

* Valoración da importancia de realizar axeitadamente os afillamentos e a desteta.

* Hábito de respecta-las normas de seguridade e hixiene nos coidados a nais e crías.

* Preocupación por determina-lo momento do parto observando os síntomas.

* Rigor na realización dos coidados posparto con dilixencia e hixiene.

Sanidade e condicións ambientais:

* Valoración da importancia de segui-los programas sanitarios preestablecidos.

* Rigor nas medidas profilácticas e pulcritude nas operacións de hixiene.

* Consciencia da necesidade de respecta-los prazos de seguridade na aplicación de tratamentos zoosanitarios.

* Preocupación por detecta-las enfermidades e realiza-las operacións e coidados oportunos.

* Valoración da importancia de mante-las condicións ambientais axeitadas nos aloxamentos gandeiros.

3.2.5. Módulo profesional 5: manexo racional do gando:

Asociado á unidade de competencia 4: realiza-las operacións de manexo racional do gando.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las diferentes especies gandeiras e as súas razas de maior interese, atendendo ós trazos morfolóxicos e describindo as aptitudes productivas.

* Realizar con seguridade as operacións de inmobilización de animais para practicar outras intervencións, determinando o procedemento máis axeitado segundo a especie, a idade do animal e a finalidade da inmobilización.

* Elixi-los métodos de marcaxe de animais máis adecuados a cada caso, en función da especie, sistema de manexo e finalidade da identificación, realizando as operacións con destreza e seguridade e seleccionando os equipos, os medios e os momentos idóneos para cada caso, tendo en conta as directrices establecidas.

* Establece-los lotes necesarios para agrupa-los animais dunha explotación, determinando os criterios e a finalidade da agrupación.

* Selecciona-los aloxamentos e as instalacións necesarias para unha explotación gandeira, calculando as dimensións para cada lote en función das normativas e recomendacións técnicas vixentes.

* Relaciona-las operacións de manexo do gando coa productividade e coas consecuencias na saúde pública, para determina-las intervencións requiridas e os procedementos correctos de realización.

* Aplicar con destreza e seguridade as técnicas clínicas axeitadas nas operacións de desraba, castra e esmouca, seleccionando e pondo a punto o material necesario, e determinando o momento oportuno para realiza-las intervencións.

* Realizar con destreza e seguridade as operacións de rapa e arranxo de pezuños, seleccionando o instrumental e os equipos necesarios, precisando os momentos oportunos de intervención e mantendo en bo estado as ferramentas e os equipos utilizados.

* Realiza-las operacións de muxidura utilizando os equipos axeitados a cada especie e sistema de explotación, respectando as normas de hixiene, os procedementos e os horarios preestablecidos.

* Analiza-las condicións de funcionamento, hixiene e limpeza das instalacións de muxidura e de conservación do leite, realizando as operacións de mantemento e limpeza necesarias para acada-los parámetros de máxima calidade establecidos pola normativa vixente.

* Cubri-la documentación de rexistro dos datos de identificación, controis productivos e historial clínico dos animais, realizando con rigor e nos momentos que se determinen os controis e as anotacións preestablecidas.

Contidos (duración 165 horas)

Contidos procedementais

Especies e razas de animais domésticos. Anatomía e fisioloxía xeral:

* Identificación de especies e razas por caracteres morfolóxicos. Identificación de órganos e aparellos.

* Realización de medidas biométricas. Cálculo de idade segundo a dentición.

* Relacionar características morfolóxicas e aptitudes productivas.

Marcaxe e identificación de animais:

* Selección do sistema de identificación e marcaxe segundo a normativa vixente e as necesidades da explotación.

* Elección e preparación do instrumental e equipos necesarios.

* Realización de siluetas.

* Colocación de crotais.

* Realización de marcas e tatuaxes.

Inmobilización de gando e operacións de clínica básica:

* Selección do sistema e técnicas de inmobilización segundo a finalidade.

* Elección e preparación do instrumental e equipos necesarios.

* Realización de inmobilizacións.

* Realización de escornas.

* Realización de desrabas.

* Realización de arranxo de pezuños.

* Realización de capas.

* Realización de rapas.

* Eliminación de mamilas supernumerarias.

* Seguimento dos animais despois das intervencións.

Agrupamento de animais. Aloxamentos e instalacións necesarias:

* Clasificación de animais por lotes.

* Cálculo das necesidades de espacios para cada lote.

* Determinación das condicións dos aloxamentos e as instalacións requiridas polos distintos lotes.

Controis productivos:

* Realización e seguimento de control de producción.

* Determinación e seguimento do peso dos animais.

* Cálculo e análise de índices productivos e de eficacia reproductiva.

* Análise da lexislación existente que regula a producción e comercialización dos diferentes productos. Controis de calidade.

Anatomía e fisioloxía do ubre:

* Cualificación morfolóxica do ubre.

* Interpretación das bases fisiolóxicas do aleitamento.

Muxidura e conservación do leite:

* Elección das instalacións e equipos para muxir e conserva-lo leite nunha explotación gandeira.

* Determinación da localización e dimensións da sala de muxir, da leitería e da capacidade do tanque de refrixeración.

* Realización das operacións de muxidura.

* Limpeza e desinfección das instalacións de muxidura, leitería e tanque de frío.

* Realización do control básico do estado de funcionamento dos equipos de muxidura e tanque de frío.

* Operacións de hixiene e profilaxe relacionadas coa muxidura.

* Realización de controis para a detección de mamite.

* Interpretación dos boletíns do control de calidade do leite e análise dos factores que inciden nela.

Documentos de control do gando:

* Enchemento de formularios de control productivo e reproductivo dos animais da explotación.

* Enchemento dos libros da explotación.

Contidos conceptuais

Especies e razas de animais domésticos. Anatomía e fisioloxía xeral:

* Conceptos de especie e raza.

* Órganos, aparellos e sistemas.

* Medidas biométricas.

* Fórmulas dentarias.

* Carácter leiteiro, carácter cárnico e outros.

* Principais razas en función das aptitudes productivas.

Marcaxe e identificación de animais:

* Sistemas por caracteres naturais do animal (silueta, fotografía).

* Sistemas de identificación por elementos artificiais (marcaxe con fogo, con frío, incisións, tatuaxe, electromagnético, crotais, etc.)

* Técnicas e instrumental de marcaxe.

* Normas vixentes sobre marcaxe e identificación.

Inmobilización de gando e operacións de clínica básica:

* Técnicas e equipos para a inmobilización de animais.

* Técnicas, épocas, operacións e instrumental de rapa.

* Finalidade e técnicas de realización das escorna, desraba, capa e eliminación de mamilas. Época de realización. Instrumental necesario.

* Finalidade e técnicas de arranxo de pezuños. Instrumental requirido.

* Coidados posteriores ás intervencións clínicas.

Agrupamento de animais. Aloxamentos e instalacións necesarias:

* Ciclo biolóxico e productivo dos distintos animais domésticos.

* Sistemas de agrupación de animais (por idade, fase productiva, estado sanitario, etc.).

* Dimensións e criterios de cálculo de necesidades de espacios.

* Instalacións necesarias para os distintos grupos de animais.

* Condicións dos aloxamentos.

* Lexislación sobre aloxamentos e instalacións gandeiras.

Controis productivos:

* Criterios de control de calidade de leite, carne e outros productos pecuarios.

* Período e curvas de lactación.

* Criterios de avaliación de animais para a venda e compra.

* Técnicas de pesaxe.

* Índices de conversión.

* Índices de eficacia reproductiva.

* Lexislación que regula a producción e comercialización dos diferentes productos.

Anatomía e fisioloxía do ubre:

* Morfoloxía e estructura interna do ubre.

* Sistema mamario.

* Defectos e criterios de cualificación morfolóxica.

* Fisioloxía da lactación. Sistema hormonal.

Muxidura e conservación do leite:

* Muxidura en praza.

* Salas de muxidura.

* Elementos dos equipos de muxidura: motobomba, tanque de baleiro, pulsadores, protectores de mamilas, conduccións, circuítos de lavado, automatismos, medidores, etc.

* Técnicas de control dos equipos de muxidura.

* Leiterías.

* Tanques refrixerados. Equipos de frío.

* Técnicas de control do funcionamento dos tanques de frío.

* Normas sobre dimensións de locais e condicións das instalacións de muxidura e conservación do leite.

* Técnicas de muxidura. Preparación de ubres, muxidura, apurado, desinfección.

* Probas de detección de mamite.

* Secado. Criterios e técnicas de realización.

* Técnicas de limpeza e desinfección das instalacións de muxidura, leitería e tanque de frío.

Documentos de control do gando:

* Documentos de control productivo e reproductivo dos animais da explotación.

* Libros da explotación.

Contidos actitudinais

Especies e razas de animais domésticos. Anatomía e fisioloxía xeral:

* Valoración da relación entre as características morfolóxicas e as aptitudes productivas.

* Preocupación por coñece-la anatomía e fisioloxía dos animais e as relacións coas prácticas de manexo e intervencións clínicas.

Marcaxe e identificación de animais:

* Preocupación por coñece-los sistemas de marcaxe e as normativas que os regulan.

* Consciencia do perigo dalgúns sistemas de marcaxe.

* Rigor na execución das operacións e preocupación polos coidados posteriores.

Inmobilizado do gando e operacións de clínica base:

* Colaboración co equipo na preparación dos animais para as intervencións clínicas.

* Preocupación por utiliza-lo método de inmobilización máis axeitado a cada especie e idade.

* Hábito de desinfectar e conservar en bo estado os equipos e instrumental de traballo.

* Compromiso coa resolución das posibles continxencias que xorden durante as operacións de clínica básica.

* Compromiso cos coidados posteriores ás intervencións clínicas.

Agrupamento de animais. Aloxamentos e instalacións necesarias:

* Valoración da importancia de agrupar en lotes os animais.

* Rigor no cálculo dos espacios necesarios para aloxa-los animais.

* Consciencia da mante-las condicións ambientais máis axeitadas a cada lote de animais.

Controis productivos:

* Hábito de controlar periodicamente as produccións da explotación e comparalos cos doutras explotacións similares.

* Rigor na realización da toma de datos para efectua-los controis productivos.

Anatomía e fisioloxía do ubre:

* Valoración da importancia dunha boa constitución morfolóxica do ubre.

* Preocupación por previr calquera dano no ubre.

Muxidura e conservación do leite:

* Preocupación por localizar e elixi-las instalacións e os equipos que mellor se adapten ás condicións da explotación.

* Consciencia da importancia de que os intervalos entre muxiduras sexan similares e rigor en respecta-los horarios.

* Rigor no manexo dos animais durante a muxidura e pulcritude nas operacións de limpeza e desinfección de locais, equipos e instalacións.

* Preocupación polo control dos equipos de muxidura e compromiso coa reposición de elementos en mal estado.

* Consciencia da importancia de arrefria-lo leite no menor tempo posible.

* Hábito de efectuar test de control de mamite.

* Esforzo por acada-los parámetros de calidade do leite establecidos polas normativas vixentes e as esixencias comerciais.

Documentos do control do gando:

* Consciencia da necesidade de rexistra-los datos para o seguimento dos animais da explotación.

* Rigor no enchemento dos libros e formularios da explotación.

3.2.6. Módulo profesional 6: coidados ós animais de experimentación e outros pequenos animais:

Asociado á unidade de competencia 5: realiza-las operacións de producción e coidado de animais de laboratorio, experimentación e outros pequenos animais en animalarios e estabularios.

Capacidades terminais elementais

* Identificar e clasifica-las distintas especies animais en función do uso ó que se destinen.

* Realiza-las operacións de marcaxe para facer unha correcta identificación dos individuos segundo a especie e o uso ó que serán destinados.

* Realiza-las distintas técnicas de inmobilización de animais co fin de poder traballar con eles sen riscos e con precisión no laboratorio e no animalario.

* Analiza-las características biolóxicas das especies máis habituais en experimentación, relacionándoas coas aplicacións nela.

* Interpreta-la lexislación referente ás condicións de estabulación e de transporte destes animais.

* Identifica-las distintas instalacións, materiais, equipos e productos empregados nos animalarios e centros de experimentación.

* Executa-las operacións de limpeza, desinfección e esterilización necesarias en cada caso, empregando os equipos e productos axeitados.

* Analiza-las condicións idóneas de estabulación para cada especie e operar axeitadamente cos equipos de control ambiental.

* Identifica-los diferentes tipos de alimentos que se deben empregar segundo a especie animal ou o estado fisiolóxico.

* Calcula-las proporcións dos diferentes compoñentes das dietas normais e especiais segundo os criterios establecidos para cada caso e administralos controlando a súa conservación e condicións de consumo.

* Analiza-los ciclos reproductivos das especies máis frecuentes en animais de experimentación e outros pequenos animais para lles da-los coidados axeitados en cada momento.

* Identifica-los síntomas ou manifestacións previas ó parto e prestárlle-la asistencia oportuna ás nais e ás crías, actuando con hixiene, seguridade e destreza.

* Encher con rigor os cadros de control da reproducción establecidos para o efecto.

* Realiza-las operacións de toma de mostras biolóxicas, de identificación, de conservación e de transporte, segundo as normas preestablecidas.

* Dosificar e administrar medicamentos, empregando os equipos adecuados e a vía de administración máis idónea, en condicións de seguridade e hixiene.

* Medi-las constantes vitais dos diferentes individuos para cubri-los cadros de datos clínicos.

* Identifica-la sintomatoloxía específica das enfermidades máis comúns dos animais de experimentación e describi-las indicacións dos tratamentos terapéuticos máis empregados.

* Realiza-la eutanasia de animais e a posterior eliminación de cadáveres e materias contumaces, cumprindo estrictamente a lexislación ó respecto.

Contidos (duración 90 horas)

Contidos procedementais

Animais de experimentación e outros pequenos animais:

* Identificación das distintas especies de animais de experimentación e outros pequenos animais.

* Análise das características biolóxicas das especies máis usuais.

* Realización de traballos necesarios para a experimentación e doutros fins científicos.

* Aplicación da lexislación sobre o uso de animais de experimentación.

Instalacións, equipos, materiais e productos empregados:

* Identificación das distintas instalacións necesarias nun animalario.

* Distribución dos locais e áreas en función dos animais existentes en cada momento.

* Manexo dos equipos de control ambiental existentes nas instalacións.

* Identificación e manexo dos equipos, materiais e productos empregados.

Desinfección e esterilización:

* Análise das características dos distintos productos empregados.

* Realización de traballos de desinfección e esterilización empregando distintas técnicas e métodos.

* Realización de procesos de avaliación sobre o grao de desinfección e esterilización.

* Aplicación da normativa sobre seguridade e hixiene.

Recepción, marcaxe e identificación dos animais:

* Realización das operacións de recepción e aloxamento dos animais nos locais axeitados.

* Execución de traballos de marcaxe e identificación cos materiais e equipos axeitados.

* Realización de operacións de mantemento e conservación dos equipos.

Alimentación:

* Determinación de necesidades nutritivas segundo o animal e o seu estado fisiolóxico.

* Interpretación das táboas de composición de alimentos.

* Cálculo de dietas alimenticias.

* Preparación de dietas normais e especiais.

* Realización de operacións de conservación de alimentos.

Reproducción:

* Detección e provocación de celos.

* Execución das operacións de cubrición ou apareamento.

* Realización das operacións de manexo durante a xestación e o parto.

* Realización de operacións de lactación e coidados ás crías.

* Enchemento de cadros de control da reproducción establecidos para o efecto.

* Execución dos diferentes cruzamentos ou homoxeneizacións de poboacións segundo a plan preestablecido.

Prácticas clínicas:

* Realización de toma de mostras biolóxicas cos equipos e materiais axeitados.

* Identificación e conservación de mostras.

* Transporte de mostras.

* Aplicación de fármacos na dosificación adecuada.

* Determinación da vía de administración de fármacos máis axeitada.

* Execución de eutanasias e eliminación de cadáveres.

* Realización das operacións de control de constantes vitais dos animais.

Contidos conceptuais

Animais de experimentación e outros pequenos animais:

* Definición.

* Clasificación.

* Características.

* Uso de animais para experimentación e outros fins científicos.

* Costumes e benestar dos animais de experimentación.

* Lexislación sobre o uso dos animais de experimentación e pequenos animais.

Instalacións, equipos, materiais e productos empregados:

* Animalarios: tipos e distribución de locais e áreas.

* Instalacións de producción.

* Instalacións de experimentación.

* Equipos básicos de traballo:

-Cubetas.

-Armarios portacubetas.

-Manxadoiras.

-Bebedoiros.

-Gaiolas de inmobilización.

-Depósitos de pensos.

-Leitos e camas.

* Equipos específicos.

-Armarios de illamento de presión positiva e de presión negativa.

-Túneles de lavado.

-Campá de luz ultravioleta.

-Incubadoras.

-Campás de histerectomía.

-Gaiolas metabólicas.

* Materiais e productos:

-Productos de limpeza e desinfección.

-Cepos, lazos e bozos.

-Máscaras.

-Atrapa-insectos.

Desinfección e esterilización:

* Conceptos fundamentais.

* Métodos e técnicas.

* Sistemas de avaliación do grao de esterilización e desinfección.

* Productos desinfectantes.

* Lexislación sobre seguridade e hixiene.

Recepción, marcaxe e identificación dos animais:

* Recepción:

-Locais axeitados.

-Salas de corentena.

* Marcaxe e identificación:

-Métodos empregados.

-Equipos necesarios.

Alimentación:

* Alimentos. Tipos.

* Dietas normais e especiais.

* Necesidades nutricionais segundo o animal e estado fisiolóxico.

* Métodos de preparación e conservación dos alimentos.

Reproducción:

* Anatomía e fisioloxía do aparello reproductor dos animais de experimentación máis frecuentes.

* Ciclos estrais das principais especies.

* Apareamento/cubrición.

* Xestación e parto.

* Lactación e coidados ás crías.

* Cruzamentos.

Prácticas clínicas:

* Patoloxías máis frecuentes.

* Anatomía descritiva das diferentes especies.

* Toma de mostras biolóxicas:

-Equipos e materiais empregados.

-Técnicas e métodos.

* Medidas terapéuticas:

-Fármacos. Dosificación. Técnicas e vías de administración.

-Eutanasia.

-Eliminación de cadáveres e materias contumaces.

Contidos actitudinais

Animais de experimentación e outros pequenos animais:

* Preocupación por respecta-los costumes dos animais.

* Rigor no cumprimento da lexislación sobre o uso de animais de experimentación e outros pequenos animais.

* Consciencia da importancia dun bo manexo para obter uns resultados da experimentación fiables.

Instalacións, equipos, materiais e productos empregados:

* Preocupación por mante-las instalacións e os equipos en perfecto estado de uso.

* Hábito de mante-los productos e materiais ben ordenados.

* Rigor e pulcritude na limpeza das instalacións, equipos e materiais.

Desinfección e esterilización:

* Consciencia da importancia de desinfectar e esterilizar correctamente.

* Hábito de comproba-lo grao de esterilización e desinfección.

* Rigor no cumprimento da normativa sobre seguridade e hixiene.

Recepción, marcaxe e identificación dos animais:

* Sensibilidade cos animais no momento da recepción tendo en conta os seus costumes.

* Rigor na marcaxe dos individuos co fin de evitar confusións na súa identificación.

* Hábito de comproba-la existencia das marcas de identificación e repolas cando sexa necesario.

Alimentación:

* Rigor na confección das dietas tanto se son normais como especiais.

* Consciencia da importancia de facer unha boa conservación dos alimentos.

Reproducción:

* Hábito de vixia-las femias co fin de detectar celos.

* Preocupación por atender nos partos.

Prácticas clínicas:

* Preocupación por observa-los animais e detectar síntomas de enfermidades.

* Hábito de controla-las constantes vitais dos animais.

* Rigor na administración de fármacos.

3.2.7. Módulo profesional 7: coidados ós animais de compañía:

Asociado á unidade de competencia 6: realiza-las operacións clínicas e de coidado e manexo de animais de compañía.

Capacidades terminais elementais

* Identificar e clasifica-las distintas especies de uso habitual como animais de compañía, analizando as súas características biolóxicas e establecendo relacións coas necesidades de coidado e manexo.

* Analiza-la documentación sanitaria e de filiación dos animais de compañía, explicando os procedementos e requisitos para o seu enchemento e rexistro.

* Realiza-las operacións de inmobilización de animais para levar a cabo as operacións clínicas e de manexo sen riscos e con precisión.

* Executa-las operacións de limpeza, desinfección e esterilización necesarias en cada caso, empregando os equipos e productos axeitados.

* Realiza-las operacións de hixiene estética utilizando os instrumentos e os productos axeitados, conforme o tratamento prescrito e o tipo de animal.

* Identifica-las distintas instalacións, materiais, equipos e productos relacionados cos coidados e o manexo dos animais de compañía para utilizalos axeitadamente.

* Analiza-las condicións idóneas de aloxamento para cada especie e operar axeitadamente cos equipos de control ambiental.

* Identifica-los diferentes tipos de alimentos que se deben empregar segundo a especie animal e o seu estado fisiolóxico.

* Realiza-las operacións de alimentación dos animais, preparando as dietas en función da especie e o estado fisiolóxico, calculando as proporcións dos diferentes compoñentes.

* Analiza-los ciclos reproductivos das especies máis frecuentes de animais de compañía, para lles da-los coidados máis axeitados en cada momento.

* Identifica-la sintomatoloxía específica das enfermidades máis comúns nos animais de compañía, describindo as indicacións dos tratamentos terapéuticos máis empregados.

* Realiza-las operacións de toma de mostras biolóxicas, procedendo á súa etiquetaxe e remisión ó laboratorio.

* Realiza-las operacións de clínica básica e os coidados sanitarios, interpretando os programas sanitarios establecidos, dosificando e administrando os medicamentos, utilizando os equipos axeitados e seleccionando a vía de administración oportuna.

* Interpreta-la lexislación que regulamenta o comercio, o transporte, os locais de venda e as condicións de hixiene e sanidade.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Animais de compañía:

* Identificación das distintas especies de uso habitual como animais de compañía.

* Análise das características biolóxicas das especies máis usuais e as relacións entre elas.

* Identificación de razas de animais de compañía.

Coidados e manexo:

* Análise das necesidades de hábitat, aseo, exercicio físico, etc. das diferentes especies de animais de compañía.

* Realización das operacións de manexo das diferentes especies.

* Análise das diferentes técnicas de preparación dos animais para as operacións de hixiene e limpeza individualizada deles.

* Realización das diferentes operacións de estética aplicando as técnicas axeitadas e utilizando os instrumentos e os productos adecuados conforme o tratamento preestablecido e o tipo de animal.

* Comprobación de que, levada a cabo a operación estética e/ou de hixiene, o animal non presenta anomalías.

Instalacións:

* Identificación das distintas instalacións, materiais, equipos e productos relacionados cos coidados e o manexo dos animais de compañía.

* Realización de traballos de desinfección e esterilización empregando distintas técnicas e métodos.

* Realización de procesos de avaliación sobre o grao de desinfección e esterilización en locais e instrumental clínico.

* Distribución dos locais e áreas en función dos animais existentes en cada momento.

* Análise das condicións idóneas de aloxamento para cada especie e operar axeitadamente cos equipos de control ambiental.

* Realización das operacións de mantemento e control dos equipos.

Alimentación:

* Identificación dos distintos tipos de alimentos que se deben empregar segundo a especie animal.

* Determinación de necesidades nutritivas segundo o animal e o seu estado fisiolóxico.

* Interpretación das táboas de composición de alimentos.

* Cálculo e preparación de dietas alimenticias.

* Realización de operacións de conservación de alimentos.

Reproducción:

* Análise dos ciclos reproductivos das especies máis frecuentes de animais de compañía para lles da-los coidados máis axeitados en cada momento.

* Aplicación de anticonceptivos.

* Execución das operacións de cubrición ou apareamento.

* Realización das operacións de manexo durante o período de procreación.

* Realización das operacións de coidados ás crías.

* Enchemento de formularios de control da reproducción establecidos para o efecto.

Sanidade

* Análise da documentación sanitaria e de filiación dos animais de compañía.

* Enchemento dos documentos establecidos cos procedementos e requisitos esixidos no seu rexistro.

* Identificación das enfermidades máis comúns nos animais de compañía.

* Realización de operacións de sanidade preventiva (vacinas, control de parasitos, etc.)

* Realización das operacións de inmobilización de animais para levar a cabo as operacións clínicas e de manexo sen riscos e con precisión.

* Realización das operacións de toma de mostras biolóxicas, procedendo á súa etiquetaxe e remisión ó laboratorio.

* Realización das operacións de clínica básica e os coidados sanitarios, interpretando os programas establecidos.

* Dosificación e administración dos medicamentos necesarios, utilizando os equipos axeitados e seleccionando a vía oportuna.

Lexislación:

* Interpretación da lexislación que regulamenta o comercio, o transporte, os locais de venda e as condicións de hixiene e sanidade.

* Aplicación da normativa sobre seguridade e hixiene.

Contidos conceptuais

Animais de compañía:

* Especies. Características. Anatomía. Técnicas de identificación e marcaxe.

-Mamíferos: felinos, caninos, roedores, etc. Razas.

-Aves.

-Peixes.

-Réptiles e anfibios.

Coidados e manexo:

* Hábitats naturais e artificiais dos animais de compañía.

* Hixiene e limpeza. Necesidades.

* Exercicio físico e adestramento.

* Estética. Técnicas. Servicios individualizados.

Instalacións:

* Aloxamentos. Características. Criterios de distribución.

* Manxadoiras e bebedoiros.

* Leitos e camas.

* Espacios e equipos para a procreación e cría.

* Elementos de climatización.

* Locais para almacenamento de alimentos e outros productos.

* Limpeza e desinfección. Técnicas, equipos e productos.

Alimentación:

* Alimentos. Tipos. Características.

* Necesidades nutritivas.

* Dietas.

* Métodos de preparación e conservación dos alimentos.

Reproducción:

* Anatomía e fisioloxía do aparello reproductor dos principais animais de compañía.

* Ciclos reproductivos.

* Métodos anticonceptivos.

* Apareamento e cubrición.

* Xestación e parto.

* Aleitamento e coidados ás crías.

* Incubación.

* Cruzamentos e selección.

Sanidade:

* Documentación de filiación e de sanidade. Historial clínico e sanitario.

* Instalacións e material clínico-cirúrxico. Medios e materiais. Conservación e limpeza.

* Patoloxías. Síntomas.

* Asepsia e desinfección. Métodos. Instrumental e equipos.

* Control de parasitos.

* Eliminación de restos biolóxicos. Normativa legal.

* Técnicas de inmobilización. Agresividade animal.

* Aplicacións terapéuticas. Técnicas. Vías de administración de fármacos.

* Toma de mostras biolóxicas.

* Eutanasia. Eliminación de cadáveres.

Lexislación:

* Normativa sobre seguridade e hixiene no coidado e manexo.

* Lexislación sobre uso, comercialización e transporte de animais de compañía.

Contidos actitudinais

Animais de compañía:

* Consciencia da importancia de asemella-la súa estadía doméstica ó seu hábitat natural.

* Hábito de indagación sobre as distintas especies e razas susceptibles de seren utilizadas como animais de compañía.

Coidados e manexo:

* Valoración da importancia do exercicio físico para os animais.

* Preocupación pola hixiene e limpeza dos animais e do seu contorno.

* Rigor na realización das tarefas de preparación e estética dos animais.

Instalacións:

* Preocupación por mante-las instalacións e os equipos en perfecto estado de uso.

* Rigor nas operacións de control ambiental.

* Pulcritude na limpeza e desinfección das instalacións, equipos e materiais.

* Hábito de mante-los productos e materiais ben clasificados e ordenados.

Alimentación:

* Rigor na elaboración de dietas e na subministración de alimentos.

* Consciencia da importancia de conservar axeitadamente os alimentos.

Reproducción:

* Preocupación polo coñecemento dos ciclos reproductivos das especies.

* Rigor na aplicación de anticonceptivos.

* Rigor no coidado das crías.

Sanidade:

* Hábito de observa-los animais para detectar patoloxías.

* Rigor na aplicación de fármacos.

* Preocupación por aplica-los tratamentos preventivos (vacinas, etc.) nos momentos precisos.

* Preocupación por manter actualizada a documentación sanitaria e de filiación dos animais.

Lexislación:

* Rigor no cumprimento da lexislación que regulamenta o comercio, o transporte, os locais de venda e as condicións de hixiene e sanidade.

* Rigor no cumprimento da normativa de seguridade e hixiene.

3.2.8. Módulo profesional 8: coidados básicos, doma e adestramento do cabalo e outros animais:

Asociado á unidade de competencia 7: realiza-las operacións de ferra, doma e coidados básicos do cabalo e outros animais.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las diferentes razas de equinos, atendendo ás súas características morfolóxicas e analizando as aptitudes para a doma, a hípica e outras actividades.

* Analiza-las características básicas de comportamento dos animais (instintos, accións, reaccións), para deducir posibles perigos derivados de respostas anormais ante situacións imprevistas.

* Realiza-los coidados de hixiene e estética dos animais, así como a limpeza dos aloxamentos, analizando as necesidades en función do uso ó que están destinados e mantendo as ferramentas e equipos en bo estado.

* Confeccionar e distribuí-las racións alimenticias en función das necesidades do animal e alimentos dispoñibles.

* Analiza-lo ciclo reproductivo dos animais e presta-los coidados precisos durante a cubrición, xestación e parto, así como os coidados ás crías.

* Identifica-los síntomas de fatiga, lesión ou disfuncións nos animais, mediante unha exploración básica, para lles presta-los coidados e atencións axeitadas.

* Identifica-las características anatómicas e funcionais das extremidades, para analiza-lo estado da verticalidade e propo-las medidas correctoras idóneas.

* Relaciona-las distintas ferraduras co tipo de tarefa que realiza o animal e co estado do terreo sobre o que vai desenvolve-la actividade, para elixi-la ferradura adecuada a cada caso.

* Identificar e manter en bo estado de uso as ferramentas e equipos necesarios para as operacións de ferrar e desferra-los animais, relacionando cada elemento coa operación na que se emprega.

* Realizar con destreza e seguridade as tarefas de desferrar e ferra-los animais, elevando e suxeitando debidamente as extremidades, retirando e analizando as ferraduras vellas, preparando o casco e colocando as ferraduras novas máis axeitadas.

* Identifica-las partes externas do animal sobre as que se actúa para dominalo durante as operacións de doma, adestramento e manexo, sen que o animal sufra danos.

* Analiza-las técnicas de adestramento dos animais, relacionando as conductas negativas del durante o adestramento, coas malas prácticas de instrucción que provocan actitudes defensivas e vezos.

* Identificar e manter en bo estado de uso os equipos e as instalacións necesarias para o dominio, adestramento e monta do animal, relacionándoos coa operación na que se empregan.

* Realizar con seguridade as operacións básicas de doma, monta e adestramento, seguindo a secuencia correcta dos procedementos en función da finalidade e do uso do animal.

Contidos (duración 160 horas)

Contidos procedementais

O cabalo e outros equinos:

* Identificación de especies e razas. Análise de aptitudes.

* Análise dos diferentes sistemas de cría e estabulación dos animais.

* Descrición das diferentes partes anatómicas dos animais.

* Interpretación e enchemento da documentación xenealóxica.

Alimentación e coidados básicos:

* Realización de limpeza e mantemento diario do animal.

* Arranxo de pezuños e pelames.

* Cálculo de racións.

* Preparación e subministración de alimentos.

* Limpeza e mantemento dos aloxamentos, instalacións e equipos.

Reproducción e sanidade:

* Análise do ciclo reproductivo.

* Detección de celos.

* Realización de coidados durante a xestación e o parto.

* Realización de tarefas relacionadas co aleitamento e outras atencións ás crías.

* Análise do estado físico do animal derivado do seu uso (identificación de feridas, nivel de fatiga, etc.).

* Identificación dos síntomas das enfermidades máis comúns.

* Subministración de fármacos, seguindo instruccións facultativas.

Ferra:

* Identificación anatómica das partes do casco e das extremidades.

* Identificación dos defectos e anomalías da verticalidade.

* Exploración do casco, utilizando o material, equipos e ferramentas axeitados.

* Identificación dos diferentes tipos de ferraduras e cravos e as súas funcións.

* Realización de desferra.

* Preparación do casco para a ferra.

* Realización da operación de ferra.

Doma e adestramento:

* Identificación, conservación e mantemento de monturas, arneses e outros equipos relacionados coa doma, monta e tiro.

* Preparación e mantemento das instalacións de doma e adestramento.

* Análise das prácticas de manexo que provocan vezos.

* Realización de operacións de adestramento de facos.

* Aplicación de distintas técnicas de doma e adestramento.

* Preparación para competicións e concursos.

* Exploración e observación antes e despois dos traballos de doma e adestramento.

Contidos conceptuais

O cabalo e outros equinos:

* Especies e razas. Aptitudes.

* Anatomía e fisioloxía.

* Pelames e capas.

* Réxime de corte, liberdade e mixto.

* Documentación xenealóxica.

Alimentación e coidados básicos:

* Coidados e atención diaria do animal. Necesidades. Equipos e productos de limpeza.

* Fisioloxía da dixestión dos animais.

* Criterios de cálculo de racións.

* Alimentos. Tipos. Valor nutritivo.

* Limpeza de cortes. Necesidades. Equipos e productos.

Reproducción e sanidade:

* Ciclo reproductivo.

* Selección e cruzamentos. Criterios de realización.

* Parto e xestación. Coidados.

* Aleitamento e desteta. Época. Técnicas de realización.

* Enfermidades máis comúns. Síntomas. Tratamentos.

* Vacinacións e desparasitación.

Ferra:

* Definición e historia.

* Tipos de ferra:

-Individual ou con auxiliar.

-Normal: en frío ou en quente, de traballo, deportiva, de enganche ou tiro.

-Ortopédica.

-Correctiva.

* Anatomía do casco e das extremidades.

* Verticalidade. Defectos e anomalías.

* Equipo e técnicas de exploración do casco.

* Ferraduras e cravos. Tipos. Criterios de elección.

* Técnicas de desferra.

* Técnicas de preparación do casco para a ferra.

* Fases do proceso de ferra.

* Material e utensilios de ferra. Uso. Mantemento. Reparacións básicas.

* Instalacións para a ferra.

* Seguridade e hixiene no proceso de ferra.

Doma e adestramento:

* Arneses, monturas, enganches e outros equipos. Tipos, criterios de uso. Coidados e conservación.

* Instalacións de doma e adestramento.

* Desembramento e doma:

-Desembramento desde o chan.

-Doma de presebe e amansamento.

-Doma á corda.

* Facos. Adestramento.

* Adestramento. Tipos. Características.

* Pasos. Trote. Galope.

* Equilibrios.

* Criterios de adestramento para competicións e concursos.

* Vezos.

* Descansos. Síntomas de fatiga.

* Transportes. Embarque. Riscos.

Contidos actitudinais

O cabalo e outros equinos:

* Valoración da importancia de utiliza-lo animal segundo as características raciais.

* Rigor no enchemento da documentación xenealóxica.

Alimentación e coidados básicos:

* Pulcritude nos traballos de limpeza e na preparación dos animais.

* Rigor no cálculo e subministración de racións.

Reproducción e sanidade:

* Valoración da importancia da detección precoz de enfermidades e disfuncións no animal.

* Rigor na subministración de fármacos.

* Consciencia da importancia de presta-los coidados oportunos durante a xestación e o parto.

Ferra:

* Hábito de observación do estado do casco e das ferraduras.

* Rigor nas operacións de desferra e ferra, actuando de maneira segura.

Doma e adestramento:

* Consciencia de que os malos tratos provocan vezos.

* Preocupación por manter en bo estado os equipos de doma e adestramento.

* Consciencia dos riscos que entrañan certas prácticas de doma e adestramento.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional 9: agrotecnoloxía:

Capacidades terminais elementais

* Selecciona-lo sistema de rega máis adecuado segundo as características dun solo, o cultivo para implantar e a súa fase e a climatoloxía da zona.

* Calcula-las necesidades de auga de rega, a dose e a frecuencia de aplicación para un cultivo determinado, a partir de datos climatolóxicos e edafolóxicos.

* Interpreta-las análises de auga de rega, para determina-la súa calidade e as correccións necesarias.

* Interpreta-los distintos tipos de solos e as súas características, para determina-las posibilidades de desenvolver nel un determinado cultivo e as necesidades de mellora.

* Realiza-la toma de mostras para efectuar unha análise do solo, utilizando as ferramentas de campo axeitadas.

* Interpreta-los resultados das análises dun solo para programa-la aplicación de fertilizantes e emendas segundo o cultivo que se implante.

* Programa-los labores do solo para mellorar e conserva-las súas características físicas.

* Interpreta-lo comportamento dos elementos fertilizantes no solo e a súa asimilación polas plantas, para telos en consideración nos programas de fertilización.

* Elixi-lo fertilizante máis idóneo para unha parcela determinada, en función do tipo de solo, do cultivo, da climatoloxía da zona e do sistema de aplicación.

* Analiza-la estructura, morfoloxía e fisioloxía dos vexetais, identificando órganos e tecidos e establecendo as súas relacións coas funcións fisiolóxicas das plantas.

* Analiza-los distintos fenómenos meteorolóxicos que afectan a agricultura da zona, coa finalidade de adopta-las estratexias oportunas de prevención de riscos ou mellora-las condicións ambientais dos cultivos.

* Realiza-la colleita de datos meteorolóxicos para efectua-la súa análise e interpretación, establecendo relacións entre a climatoloxía da zona e os cultivos que se poden desenvolver.

* Interpretar mapas de previsión meteorolóxica coa finalidade de planifica-las tarefas agrícolas que dependen das condicións atmosféricas.

* Relaciona-las condicións topográficas dunha parcela coas súas características edafolóxicas para determina-los seus usos agrarios.

* Elaborar planos de predios por métodos sinxelos, realizando as oportunas medicións en campo, utilizando as escalas adecuadas e aplicando as técnicas gráficas idóneas.

* Interpreta-la lexislación ambiental aplicable ós distintos sistemas naturais, relacionando as condicións de aproveitamento e xestión coas medidas de protección.

* Analiza-las características da flora espontánea e da fauna silvestre máis importantes da zona, indicando as condicións necesarias para a súa conservación, prestando especial atención ás especies protexidas.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

O solo:

* Identificación das características dun solo a partir da súa composición física, química e biolóxica.

* Establecemento de conclusións sobre a evolución da materia orgánica.

* Realización das operacións de mostraxe para a elaboración de análises dun solo.

* Interpretación adecuada da analítica dun solo.

* Descrición dun solo a partir da súa analítica ou mostra física.

* Diferenciación do comportamento dos elementos fertilizantes no solo.

* Descrición dos métodos de mellora das propiedades fisicoquímicas e biolóxicas dun solo.

A auga:

* Explicación dos procesos da transpiración vexetal.

* Determinación do contido de auga no solo.

* Cálculo de necesidades e frecuencia de regas.

* Selección dos sistemas de rega máis idóneos en cada caso considerado.

* Formulación dos fundamentos e da metodoloxía do cultivo hidropónico.

Os fertilizantes:

* Descrición das funcións xerais dos elementos nutritivos.

* Realización de ensaios para a observación dos efectos dos nutrientes nas plantas.

* Establecemento de relacións entre a fertilización e as características do solo e cultivo.

* Elaboración dun programa de fertilización adecuado para un solo segundo a súa analítica e o cultivo que vaia soportar.

* Identificación de fertilizantes e dos sistemas de distribución.

* Manexo da fertirrigación.

* Experimentación sobre doses e fertilizantes diferentes actuando sobre o mesmo cultivo.

Botánica:

* Identificación das familias das principais especies de interese agrario.

* Identificación de células, tecidos e órganos vexetais.

* Elaboración de herbarios.

* Relación da fisioloxía coa estructura morfolóxica do vexetal.

Reproducción vexetal:

* Identificación dos diferentes tipos de reproducción.

* Identificación de partes da semente.

* Identificación de sementes.

* Explicación da fisioloxía da semente. Determinación de pureza e poder xerminativo.

* Realización de técnicas de reproducción vexetativa.

O clima:

* Identificación dos factores do clima. Análise da incidencia na producción vexetal.

* Descrición dos distintos tipos de meteoros que poden ter efecto sobre a agricultura da zona ou áreas de Galicia.

* Análise e interpretación de datos recollidos en aparellos meteorolóxicos.

* Interpretación de mapas meteorolóxicos para a previsión do clima a curto prazo nunha zona determinada.

* Descrición e manexo das unidades utilizadas en meteoroloxía, así como dos aparellos e sistemas de información de obtención de datos meteorolóxicos.

* Planificación dos traballos agrícolas en función das previsións meteorolóxicas.

Mantemento e conservación dos sistemas naturais:

* Interpretación da lexislación ambiental referente ós sistemas naturais.

* Descrición das principais características das especies naturais de interese en Galicia.

* Análise sobre as diferentes actuacións para conserva-lo medio natural.

* Descrición dos principais parámetros que interveñen na avaliación do impacto ambiental.

* Explicación dos plans de ordenación do uso e xestión do medio natural.

* Interpretación das normas para a protección dos sistemas naturais.

Medición e planeamento do terreo:

* Realización de medicións planimétricas e altimétricas. Cálculos.

* Aplicación de diversas escalas para o cálculo de superficies.

* Elaboración de planos de predios como resultado da súa medición por métodos sinxelos e coas técnicas gráficas requiridas.

* Determinación de superficies e desniveis.

* Realización de planeamentos planimétricos e altimétricos.

Contidos conceptuais

O solo:

* Fase sólida. Compoñentes. Textura e estructura.

* Composición química do solo.

* Poder absorbente do solo. Complexo de intercambio catiónico.

* Acidez do solo. Salinidade e alcalinidade.

* Elementos nutritivos no sistema solo-planta. Fertilidade do solo.

* Orixe, formación e evolución dos solos agrícolas.

* Emendas. Labores. Conservación de solos. Loita contra a erosión.

A auga:

* A auga do solo. Formas. Movemento. Balance.

* Capacidade de retención. Capacidade de campo. Punto de murchamento. Auga utilizable.

* A evapotranspiración.

* A rega: volume, dotación, frecuencia, duración, caudais.

* Equipos e sistemas de aplicación.

* Fertirrigación.

* A drenaxe agrícola. Tipos.

Os fertilizantes:

* Funcións xerais dos elementos nutritivos.

* Características e utilización de fertilizantes orgánicos e minerais.

* Técnicas e sistemas de aplicación.

* Emendas: orgánicas e minerais.

* Fertilización de cultivos herbáceos, arbustivos e arbóreos.

* Fertilizantes en hidroponía.

Botánica:

* Características xerais dos vexetais.

* A célula e os tecidos vexetais.

* Estructura, morfoloxía e fisioloxía de vexetais e fungos.

* Crecemento e desenvolvemento dos vexetais e fungos. Interacción clima-solo-planta.

Reproducción vexetal:

* Tipos de reproducción.

* A semente. Morfoloxía e fisioloxía. Tipos. Pureza. Poder xerminativo. Estado sanitario.

* Factores internos e externos que inflúen na xerminación das sementes.

* Propagación vexetativa. Tipos.

O clima:

* Factores que compoñen o clima: temperatura, luz, auga, vento.

* Clasificacións climáticas.

* Microclimas: naturais e artificiais.

* Métodos e aparellos de medida.

Mantemento e conservación dos sistemas naturais:

* Ecosistemas. Conceptos básicos.

* Tipos de sistemas naturais.

* Espacios naturais protexidos. Características.

* Plans de uso e xestión do medio natural.

* Lexislación ambiental.

Medición e planeamento do terreo:

* Unidades de lonxitude, angulares e de superficie.

* Escalas.

* Planimetría e altimetría.

Contidos actitudinais

O solo:

* Consideración do solo como a base esencial de toda producción agrícola con terra.

* Actitude pescudadora sobre os procesos evolutivos do solo e o seu nivel potencial de fertilidade.

* Autocrítica sobre as formas de utilización do solo nos procesos productivos.

* Sensibilidade pola conservación do solo agrícola e polo mantemento da súa fertilidade.

* Preocupación por pescuda-lo comportamento dos nutrientes no solo.

* Actitude inquisitiva sobre os métodos de mellora das propiedades fisicoquímicas e biolóxicas dun solo.

A auga:

* Valoración da auga nos solos e o seu papel no desenvolvemento vexetal.

* Consciencia do papel que representa a auga na composición dos seres vivos.

* Interese por coñece-los balances hídricos dos solos.

* Preocupación pola elección das opcións de rega.

* Actitude crítica sobre o uso da rega na obtención de productos de calidade.

* Sensibilidade na utilización racional da auga de rega.

* Consideración dos cultivos sen solo como posibilidade para utilizar.

* Valoración das drenaxes como forma de mellora da utilización dos solos.

Os fertilizantes:

* Hábito de control do nivel nutritivo dos solos.

* Interese pola interpretación da analítica dun solo e pola actuación de mellora no seu nivel de nutrientes.

* Hábito de realizar balances de nutrientes para a aplicación adecuada de fertilizantes.

* Consciencia da necesidade de selecciona-lo tipo de fertilizante adecuado.

* Rigor na avaliación de necesidades de emendas minerais e orgánicas.

* Sensibilidade pola posible salinización dos solos como consecuencia de utilización masiva de fertilizantes.

* Preocupación por coñece-los desequilibrios causados nos solos por utilización indiscriminada de métodos de fertilización ou emenda.

* Valora-la necesidade de considera-las formas de nutrición dos vexetais, así como as funcións xerais dos elementos nutritivos.

Botánica:

* Interese por coñece-lo desenvolvemento e ciclo agrícola dos vexetais.

* Valora-la importancia dos coñecementos botánicos na profesión.

* Esforzo por comprende-la interacción clima-solo-planta na obtención de determinados rendementos.

Reproducción vexetal:

* Valoración do material de reproducción como primeiro condicionante das produccións.

* Preocupación polas condicións de reproducción e pola realización dos coidados posteriores.

O clima:

* Interese por coñece-la actuación dos factores do clima sobre a producción vexetal.

* Hábito de recolla de datos meteorolóxicos como fonte de análise e interpretación.

* Valoración de mapas meteorolóxicos e climáticos como axuda na planificación de cultivos.

* Valoración das novas tecnoloxías referentes á recolla e transmisión de datos climáticos.

* Preocupación pola defensa do cultivo ante fenómenos meteorolóxicos adversos.

Mantemento e conservación dos sistemas naturais:

* Sensibilidade cara ó medio natural como unha peza básica na conservación do equilibrio nun sistema.

* Espírito crítico na conservación do contorno natural.

* Respecto polas zonas que hai que conservar e consideración delas como o patrimonio cultural dunha rexión.

* Colaboración en propostas sobre a conservación do medio natural nunha zona determinada.

* Preocupación por coñece-los métodos e medios existentes en Galicia para a utilización do espacio natural.

* Consideración das actividades agrarias como elemento favorecedor ou de risco na conservación do medio natural.

* Consideración da necesidade de mantemento e conservación dos espacios protexidos e a integración das actividades agrarias neles.

Medición e planeamento do terreo:

* Rigor nas medicións e no uso adecuado das unidades.

* Valoración dos planos como elemento útil para a organización e o manexo da explotación.

* Preocupación polo correcto planeamento.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Realiza-las operacións de manexo dos animais.* Execución de operacións de inmobilización e de marcaxe.
* Realización de operacións de desraba, capa, e escorna.
* Realización de operacións de rapa.
* Preparación e mantemento dos equipos empregados.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

2.Realizar operacións de conservación de forraxes.* Participación nas operacións de ensilaxe de forraxes e seca da herba.
* Participación nas regulacións e mantemento das máquinas de ensilar e secar.

3.Realiza-las operacións de alimentación do gando.* Elaboración de racións.

* Distribución de alimentos.

4.Realiza-las operacións de manexo da reproducción.* Participación nas operacións de inseminación artificial.
* Prestación de coidados durante a xestación.
* Asistencia a partos.
* Realización de coidados ás crías.
-Subministración de costro ás crías.
-Preparación, dosificación e distribución de leite artificial.
-Realización de traballos de desinfección e limpeza das instalacións de cría.

5.Realiza-la muxidura e refrixeración do leite.* Limpeza e regulación dos equipos de muxidura.
* Realización das operacións de muxidura.
-Organización do rabaño.
-Limpeza e preparación dos ubres.
-Detección de mamite.
-Colocación de teteiras
-Apurado dos ubres.
-Desinfección e selaxe de tetos.
* Enchemento das fichas de control de producción.
* Realización de toma de mostras e envío ó laboratorio.
* Limpeza, control e regulación dos equipos de refrixeración do leite.

6.Realizar operacións de hixiene e estética dos animais de compañía.* Preparación e posta a punto do material empregado no corte de uñas, penteado e baño.

* Realización de operacións de estética.

* Realización de baños hixiénicos, empregando os productos e as técnicas axeitadas a cada animal.

7.Realizar prácticas clínicas en animais de experimentación e outros pequenos animais.* Realización e remisión de toma de mostras biolóxicas.

* Dosificación e administración de fármacos.

* Control das constantes vitais.
* Enchemento de documentación de historial clínico e sanitario.
* Realización de eutanasias e eliminación de cadáveres.

8.Realiza-la ferra e desferra de equinos.* Preparación e posta a punto do material e equipos de ferra e desferra.
* Elevación e suxeición das extremidades do animal.
* Execución da desferra.
* Preparación do casco.
* Realización das operacións de ferra, elixindo as ferraduras axeitadas.

9.Colaborar en traballos de doma básica do cabalo e adestramento doutros animais.* Colocación de arreos necesarios para monta-lo cabalo.

* Realización de prácticas de monta e doma básica do cabalo.

* Participación na preparación de animais para concursos, exposicións e competicións.

10.Realiza-las operacións de producción avícola.* Participación nas operacións de incubación de ovos.
* Colaboración nos traballos de tría.
* Realización de coidados ás crías.
* Realización das operacións de limpeza, control e regulación das instalacións avícolas.

11.Comportarse de xeito responsable nos traballos para realizar.* Interpretación e execución das instruccións recibidas con dilixencia e de forma responsable.

* Respecto polos procedementos e as normas preestablecidas na empresa.

* Organización do seu traballo seguindo as instruccións recibidas, con criterios de productividade, seguridade e calidade.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de riscos máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analiza-las actuacións que hai que seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e das obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso da busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de consciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado:

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de explotacións gandeiras:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización e xestión dunha explotación agraria familiarProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

2Instalacións agrariasOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

3Mecanización agrariaOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

4Producción gandeira intensivaOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

5Manexo racional do gandoOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

6Coidados ós animais de experimentación e outros pequenos animaisProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

7Coidados ós animais de compañíaProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

8Coidados básicos, doma e adestramento do cabalo e outros animaisOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

9AgrotecnoloxíaProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

10Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

Bioloxía e xeoloxíaProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

Ciencias da terra e do medio ambienteProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e Administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes a efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Procesos de producción agraria-Enxeñeiro técnico agrícola, en tódalas súas especialidades-Enxeñeiro técnico forestal, en tódalas súas especialidades

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e Administración pública

4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de explotacións gandeiras require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Laboratorio de análises90 m60 m20%

Taller agrario150 m120 m15%

Aloxamentos gandeiros (1)750 m750 m30%

Leira: superficie de cultivos (1)5 ha5 ha20 %

Aula polivalente60 m40 m15%

(1) Espacio singular non necesariamente situado no centro docente.

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados

por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante cerramentos.

4.3. Validacións e correspondencias:

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Organización e xestión dunha explotación agraria familiar.

* Instalacións agrarias.

* Mecanización agraria.

* Manexo racional do gando.

* Coidados ós animais de experimentación e outros pequenos animais.

* Coidados ós animais de compañía.

* Coidados básicos, doma e adestramento do cabalo e outros animais.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Instalacións agrarias.

* Mecanización agraria.

* Manexo racional do gando.

* Coidados básicos, doma e adestramento do cabalo e outros animais.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

215Mecanización agraria

165Manexo racional do gando

345Producción gandeira intensiva

160Coidados básicos, doma e adestramento do cabalo e outros animais

4º, 5º e 6º trimestre

110Instalacións agrarias

90Coidados ós animais de experimentación e outros pequenos animais

110Coidados ós animais de compañía

185Agrotecnoloxía

110Organización e xestión dunha explotación agraria familiar

55Formación e orientación laboral

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 75, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.