Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2001 Páx. 448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da determinación do tipo de bens para a adxudicación da subministración de vehículos de representación e de servicio con destino ó parque móbil provincial. (Expediente 00/12304 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: determinación do tipo de bens para a adxudicación da subministración de vehículos de representación e de servicio con destino ó parque móbil provincial.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de vixencia do contrato: ata o 30 de abril de 2001.

Prazo de entrega dos bens específicos: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 32.525.000 pesetas (195.479,19 euros).

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n 5º, 15003 A Coruña, teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 29 de decembro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña