Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2001 Páx. 448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria do día 28-12-2000, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes no soar sito na Avenida das Américas, esquina rúa músico Falla e rúa Mestre Soutullo, que modifica o aprobado definitivamente polo Concello Pleno con data do 25-3-1993, solicitado por Antonio Sal Silva.

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 2 de xaneiro de 2001.

José A. Mourelle Cillero

Secretario xeral habilitado

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área