Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2001 Páx. 442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación Ladeira, no concello do Porriño, da provincia de Pontevedra, por parte de David Fernández Grande, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que David Fernández Grande, S.L., con domicilio na rúa Pontevedra, 4, Vigo, presentou nesta delegación provincial, o día 20 de setembro de 2000, instancia-solicitude de permiso de investigación Ladeira de 2 cuadrículas mineiras para recursos de sección C), que se sitúa no termo municipal do Porriño, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2912 da provincial de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 41' 00''42º 07' 20''

Vértice 28º 40' 00''42º 07' 20''

Vértice 38º 40' 20''42º 07' 00''

Vértice 48º 41' 00''42º 07' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 15 de decembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra