Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2001 Páx. 439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 28 de decembro de 2000, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se fan públicos o acordo de imposición de sanción e a carta de pagamento pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Lamelas Fariña, José Luis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de imposición de sanción e carta de pagamento pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con domicilio na rúa Michelena 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 28 de decembro de 2000.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Lamelas Fariña, José Luis.

DNI: 35.439.988-R.

Domicilio: r/ Luis A. Mestre, 34, O Grove.

Procedemento: imposto de sucesións e doazóns.

Expediente sancionador nº: 31/2000.

Período impositivo: 1995.