Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2001 Páx. 438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2000, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa na adquisición a título oneroso duns inmobles, As Searas, situados no lugar da Ponte-San Clodio, concello de Leiro (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 18.2º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 46.2º do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o disposto no Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda,

RESOLVO:

Facer público, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, a utilización do procedemento de contratación directa, por razón das peculiaridades requiridas para os bens, as necesidades inherentes ó servicio que se vai prestar e as limitacións do mercado inmobiliario da zona, na adquisición de tres inmobles As Searas, na Ponte San Clodio, termo municipal de Leiro (Ourense), para completa-la explotación da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), na medida que os mencionados inmobles son estremeiros coa estación, o que permite a ampliación das súas necesidades infraestructurais e a mellora no desenvolvemento das súas actividades.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2000.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda