Advertido erro, na devandita orde, publicada no DOG nº 6, do martes 9 de xaneiro de 2001, cómpre efectua-la seguinte corrección:
-Na páxina 307, no anexo I, no punto lexislación aplicable, onde di: «Orde do 27 de decembro de
2000 pola que se determina o financiamento do aboamento de cotas á Seguridade Social a traballadores que percibisen a prestación de desemprego na súa modalidade de pagamento único, e se publica o modelo normalizado de solicitude», debe dicir: «Orde do 8 de febreiro de 1999, pola que se regula o procedemento de aboamento de cotas á Seguridade Social a traballadores que percibiran a prestación de desemprego na súa modalidade de pagamento único, modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2000».