Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso restrinxido para a contratación con entidades de depósito da prestación de determinados servicios financeiros para o Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante: Concello de Vigo. Dependencia: Tesourería, nº expediente 13570/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: servicios financeiros para o Concello de Vigo, tales como contratos de conta corrente, contratos de apertura de crédito en conta corrente e contratos de compra ou venda con pacto de recompra a data fixa de activos financeiros.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: restrinxido.

Forma: concurso.

4. Orzamento: non é posible a súa determinación.

5. Garantías: provisional: dispensada.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48; fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas: prazo: 10 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 9.2 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 2 de xaneiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde