Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle da U.A. axencia no ámbito do PEEC-rúas Pablo Morillo e Taboada Leal (expediente 6203/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 23 de novembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle de ordenación de volumes e reaxuste de aliñación da unidade de actuación, hoxe polígono agencia, rúas Pablo Morillo e Taboada leal, segundo documentación presentada pola entidade mercantil Álvarez Argüelles, S.L., redactado polo arquitecto José Antonio Comesaña García, visado polo colexio correspondente o 28 de xullo de 2000.

Segundo.-Somete-lo expediente a información pública durante o prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, con notificación individual ós propietarios afectados.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 28 de novembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo