Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 10 de xaneiro de 2001 Páx. 397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOBIOS

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Concello Pleno do municipio de Lobios a documentación que contén o Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello, faise trámite de información pública, durante un mes, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o prazo sinalado poderase presentar, na secretaría municipal, calquera reclamación ou suxestión que se considere oportuna. Publicarase tamén no BOP de Ourense, nun xornal da dita provincia.

O que se fai saber de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Lobios, 3 de xaneiro de 2001.

Benito Vázquez Vázquez

Alcalde